0

Proceso selectivo para a provisión interina de prazas de traballador/a social 

Hoxe se levaron a cabo as probar de selección.
O Tenente de Alcalde do Concello de Cambados, Tino Cordal e o edil do Concello de Cambados de Economía e Facenda Xurxo Charlín, acudiron as probas de selección para a configuración dunha bolsa de emprego para a provisión interina de prazas de Traballador/a Social no Concello de Cambados que se celebraron hoxe Martes 29 de Xaneiro, no Salón de Congresos J.Peña do Concello de Cambados.

"Culminamos con este examen un procedemento que iniciamos fai meses para reforzar o departamento de servicios sociais. Incrementamos o orzamento económico en este departamento no 60%, incrementamos o persoal neste departamento nun 70%. Tiñamos claro un compromiso coa política social e demostramolo na lexislatura ata o remate da mesma. O que estamos a facer nos aquí e un proveso aberto, libre e transparente, algo que sabemos que co anterior goberno do PP non sucedia".



Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario

 
Top