A Mancomunidade do Salnés presenta as alegacións ao plan de transporte da Xunta.


Nota de prensa Mancomunidade do Salnés 
Achégase a alegación do proxecto de plan galego de transporte. Resolución dos servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral.

D. GONZALO DURÁN HERMIDA, COMO PRESIDENTE DA MANCOMUNIDADE DO SALNÉS EXPÓN:

En relación ao anuncio, do 31 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se dá publicidade á Resolución do 31 de xaneiro de 2019 pola que se someten a información pública os proxectos de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por
estrada de claves XG600 a XG743, dende o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e ata o 28 de febreiro de 2019, os proxectos aos que se refire este anuncio.

Dada a importancia que ten establecer unha axeitada planificación do transporte público na comarca do Salnés, pola presente

RESOLVE PRESENTAR AS SEGUINTES ALEGACIÓNS:

Primeiro- Debemos ter en conta que a comarca do Salnés é a principal comarca turística e dispón dun importante tecido económico, que debe estar conectado por un ha rede de transporte eficiente e práctica, por elo consideramos, que o plan de transporte público contemplado non responde ás necesidades reais nin tampouco ás expectativas de desenvolvemento do Salnés.

Segundo- A división da comarca en 3 diferentes zonas, en vez de facer un sistema comarcal integrado, supón de facto o illamento entre o Norte e o Sur da comarca, cando o eixo central desta rede de transporte debe de ser a unir os diferentes núcleos de poboacións nos que se reparte a comarca e os diferentes lugares de interese turísticos dispoñibles.

Terceiro- Dentro do Proxecto con clave XG626, Sur da comarca do Salnés e Termo municipal de Poio non existe unha ruta ao Hospital de Pontevedra, cando aos Concellos de Meaño e Meis, estalles asignado este hospital, ocasionando que as persoas non poidan trasladarse en transporte público.
Tampouco se fai referencia ningunha á compatibilidade das liñas que teñen orixe ou destino nos concellos da comarca, cos horarios de tren da Estación de Pontevedra, ou no caso da liña do aeroporto, cos dos avións. En canto á Liña 20 Couso - Pontevedra E.A., non ten horario de tarde co que non existe nin sequera posibilidade de volver en bus dende Pontevedra a Meis.

Cuarto- Dentro do Proxecto con clave XG627, non existe bus comarcal que conecte os diferentes núcleos de poboación dos concellos. Na maioría de liñas presentadas, non existe bus durante o domingo.
Tampouco existe a interlllodalidade cos servicios de Renfe e os de autobús, entre os concellos da comarca e a estación de Tren de Vilagarcía de Arousa.
Este ten que ser un servizo clave, pola cantidade de universitarios e universitarias que cada vemes e domingo desprázanse a este concello para coller un tren (dirección A Coruña ou Vigo) para poder asistir á universidade, xa que é unha demanda dos xoves dos concellos da comarca.

Así mesmo, non existe liña entre o Concello de Ribadumia e o Hospital do Salnés, cando é o centro médico de referencia. Tamén quedan fóra das rutas parroquias nos concellos de Vilanova de Arousa e Ribadumia que poderían beneficiarse dun transpOlte comarcal.

Quinto- Dentro do Proxecto con clave XG695, soamente se especifican rutas integradas dentro dos servizos de bus escolar e en horario lectivo, non existindo a posibilidade de transporte nin os fin de semana nin polas tardes.

Para que así conste os efectos oportunos, expido e asino a presente, en Cambados a 27 de febreiro de 2019.




Suscríbete a Arousa TV por correo

 
Top