Bases de selección para a contratación de persoal laboral temporal, a xornada completa, como monitor para o centro ocupacional de discapacitados, coa titulación de técnico superior en sistemas de telecomunicacións e informáticos

Concello de Valga
Avda. Coruña, 14 – 36645 VALGA
986 55 94 56 - 986 55 92 44 Fax. 986 55 94 55
concello.valga@eidolocal.es www.valga.gal


PRIMEIRA.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento de selección para a contratación de persoal laboral, a xornada completa de un MONITOR PARA O CODI coa titulación de TÉCNICO EN SISTEMAS DE TELECOMUNICACIÓNS E INFORMÁTICOS, ao abeiro da vacante existente no anexo de persoal deste concello.


SEGUNDA.- NATUREZA DO CONTRATO

A  natureza  do  contrato  será  laboral  temporal  ao  abeiro  da  lexislación   vixente, iniciándose  a  prestación dende a data da sinatura do contrato ou a alta  de   dito contrato, a xornada  completa e cunha duración ata o 31 de decembro de 2019, con posibilidade prórroga en función do financiamento por parte da Consellería de Política Social.


TERCEIRA.-RÉXIME XURÍDICO DA CONVOCATORIA

A relación rexerase pola lexislación laboral sendo de aplicación principalmente o artigo 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro (BOE 24/10/2015) polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, sen prexuízo das normas administrativas que sexan de aplicación ao persoal ao servizo das Administracións Públicas e especialmente ás locais.


CUARTA.-REQUISITOS PARA CONCURRIR

Para tomar parte na convocatoria, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Nacionalidade:
   - Ter nacionalidade española
   - Ser nacional de algún dos estados membros da Unión Europea
   - Ser nacional de algún Estado  no que, en virtude de Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
   - Poderán participar, tamén, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes de españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e dos seus cónxuxes sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de dita idade dependentes.
   - Ter residencia legal en España, en caso de tratarse de estranxeiros non incljuídos nos apartados anteriores.

b) Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das súas funcións.

c) Idade: Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima da xubilación forzosa. Só por lei poderá establecerse outra idade máxima distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público.

d) Incompatibilidade: Non estar afectado por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ó servizo das administracións públicas.

e) Habilitación: Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas nin acharse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. En caso de ser nacional doutro estado, non acharse inhabilitado ou en situación equivalente nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que lle impida, no seu estado, e nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

f) Titulacións. Estar en posesión das seguintes titulacións:
   - Técnico Superior de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos

g) Galego: Acreditar o coñecemento da lingua galega de acordo co establecido no artigo 35 do Decreto Lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia. A acreditación do coñecemento escrito farase por medio da presentación, como mínimo, do certificado do Celga 4. No caso de non posuír ningunha titulación que acredite o coñecemento do galego, realizarase un exercicio previo de tradución que consistira na tradución dun texto de castelán a galego, no tempo que sinale o tribunal e que será como máximo dunha hora. Este exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obtelo resultado de apto, e corresponderalle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acadar dito resultado.

Todos os requisitos xerais e específicos deberán estar en posesión do solicitante o día que remate o prazo de presentación de solicitudes.


QUINTA.- FUNCIÓNS

As funcións a realizar serán as que se especifiquen no contrato laboral referidas a actividades orientadas por unha banda a dotar as dependencias do Centro Ocupacional a Discapacitados do Concello de Valga  dun servizo que permita ter os coñecementos necesarios ante os cambios derivados da administración electrónica e por outra banda, coordinar e supervisar a execución e mantemento dos sistemas de informática e telecomunicacións, como a docencia de novas tecnoloxías posibilitando a inclusión dixital.


SEXTA.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR E PRAZO.

Para participar nas probas selectivas, os aspirantes, deberán cubrir a solicitude que se lles facilitará nas oficinas do concello, a través da páxina web do concello de Valga www.valga.gal e   na   sede   electrónica  https://valga.sedelectronica.gal/info. Dita  solicitude dirixirase ao Sr. Alcalde, presentándose no Rexistro Xeral do Concello de Valga ou polas outras formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do   Procedemento  Administrativo   Común   das  Administracións   Públicas,   durante   o prazo de 8 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria na páxina web e sede electrónica do Concello de Valga.

De non presentarse as solicitudes no Rexistro Xeral, é necesario que os interesados, dentro do prazo de presentación, remitan por fax ó concello, núm. 986559456, a comunicación da presentación da solicitude por algún dos medios previstos no referido artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Xunto coa solicitude,(ANEXO I), deberá achegarse a seguinte documentación:

- Fotocopia cotexada do DNI ou pasaporte en vigor.  Ademais, os aspirantes estranxeiros deberán presentar documento que acredite que é nacional  da Unión Europea ou dalgún estado ó  cal, en  virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. E así mesmo, os  familiares dos anteriores deberán presentar ademais fotocopia cotexada dun documento que acredite esta condición.

- Os aspirantes estranxeiros distintos dos anteriores deberán presentar ademais da fotocopia cotexada do pasaporte, a tarxeta de identidade de estranxeiro que habilita para residir en España e traballar nas prazas ofertadas.

- Fotocopia cotexada da titulación requirida para o acceso ó posto. No seu defecto, e de ser o caso, xustificante de ter efectuado o depósito para obtelo; no caso de titulacións expedidas por organismos estranxeiros deberá achegarse certificación do Ministerio de Educación e Formación Profesional en que se faga constar a súa equivalencia coa esixida para o acceso.

- Declaración de non estar afectado por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ó servizo das administracións públicas, de non padecer enfermidade ou defecto físico/psíquico, que lle impida o desempeño das funcións ou tarefas correspondentes a praza á que se opta e de non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo ó Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas; no caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin estar sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o aceso ao emprego público. (ANEXO I).

- Declaración de non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións a levar a cabo respecto da praza á que se pretende optar  (ANEXO I).

- Relación de méritos que alega e documentación xustificativa orixinal ou debidamente compulsada de cada un deles. Non se tomarán en consideración nin serán valorados aqueles méritos que non queden acreditados en tódolos seus extremos no momento de presentación de instancias. Asemade, non se terán en conta aqueles méritos alegados e aportados con posterioridade ó remate do prazo de presentación de instancias.


SÉTIMA.- SISTEMA DE SELECCIÓN.

A selección realizarase de conformidade co previsto nas presentes bases polo sistema de concurso de méritos, cos candidatos que no prazo establecido presentaran a súa documentación.

Fase de concurso: (puntuación máxima de 30 puntos).

- Experiencia profesional: (puntuación máxima 15 puntos)
A puntuación máxima que se poderá obter por este apartado será de 15 puntos. Por cada mes completo de servizos remunerados realizando traballos na mesma ou similar categoría á que se opta: 0,50 puntos/mes. Soamente se terán en conta meses completos, non puntuándose períodosfraccionados. A puntuación reducirase proporcionalmente cando os servizos prestados sexan a tempo parcial. Para a xustificación deste apartado, os aspirantes deberán presentar orixinal ou copia cotexada deinforme de vida laboral  expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social e orixinais ou copias compulsadas dos contratos de traballo ou certificados de servizos prestados onde se acredite o posto desempeñado, xornada e duración do traballo. A experiencia que non se considere debidamente acreditada non se puntuará.

- Formación complementaria: (puntuación máxima 5 puntos). Estar en posesión doutra titulación académica relacionada coas funcións propias da praza á que aspira.
          - Técnico Superior de Desarrollo de Productos electrónicos
A formación dos traballadores acreditarase mediante a presentación de copia cotexada dos certificados ou diplomas acreditativos.

- Entrevista persoal. (puntuación máxima 10 puntos). A  entrevista, que será obrigatoria e eliminatoria,  servirá para valorar non só coñecemento do medio senón tamén as funcións, cometidos e coñecemento do material a utilizar no desenvolvemento da súa labor.


OITAVA.- TRIBUNAIS DE SELECCIÓN.

O tribunal, que terá como función a valoración dos méritos alegados polos aspirantes presentados, estará integrado por un presidente, un secretario e tres vogais, sendo nomeados polo Alcalde-Presidente da Corporación.

Todos os membros do tribunal, deberán posuír a titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso á praza convocada e terán voz e voto.

Segundo o recollido no art. 60 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público na designación dos membros do tribunal tenderase a buscar a paridade entre mulleres e homes, e en todo caso, actuarase seguindoos principios de imparcialidade e  profesionalidade dos membros, téndose así mesmo en conta que, o persoal de elección, de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderán formar parte dos órganos de selección. O tribunal poderá dispor a incorporación, ós seus traballos, de asesores especialistas, quenes se limitarán o exercicio das súas especialidades técnicas, que serán a única base da súa colaboración co órgano de decisión e que actuarán por tanto con voz pero sen voto.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo ó Excmo. Sr.Alcalde, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas de acceso durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente do  tribunal poderá requirir ós membros do mesmo, declaración expresa de non atoparse incursos en causa de abstención nas circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do sector Público. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar ós membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas no presente parágrafo.

O tribunal non poderá actuar ou constituírse sen a presenza polo menos de tres dos seus membros, sendo imprescindible en todo caso a asistencia do presidente e do secretario.

O tribunal actuará con suxeición ás bases de convocatoria, quedando facultado para resolver cantas cuestións se susciten na súa interpretación.

Contra os acordos do tribunal poderá interpoñerse recurso administrativo ante o órgano competente conforme ao previsto na Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.


NOVENA.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN.

Logo de finalizar o prazo de presentación de instancias, por resolución de Alcaldía aprobarase a lista de admitidos e excluídos ó procedemento, que se fixará no taboleiro de anuncios do concello, na páxina web e sede electrónica deste concello, concedéndose un prazo de dous días hábiles  contados dende o día seguinte da publicación da lista, para reclamacións corrección de erros ou subsanacións que soamente poderán ser formuladas polas persoas excluídas. Así mesmo, tamén aparecerá nesa resolución a composición do tribunal cualificador.

No suposto de producirse reclamacións deberá tomarse novo acordo estimándoas ou desestimándoas con publicación de novo da lista definitiva.

No caso de non presentarse reclamacións polos aspirantes excluídos (de existir) a lista publicada terá carácter definitivo.

Por Resolución de Alcaldía determinarase  o lugar, data e hora  de  realización da entrevista,  que será publicada nos mesmos medios  que os da   convocatoria. Os  aspirantes serán así convocados para a realización da entrevista en chamamento único, sendo excluídos da selección os que non comparezan, agás nos casos debidamente xustificados. Os aspirantes deberán acreditar a súa personalidade coa exhibición do DNI ou pasaporte.

O tribunal procederá a realización entrevista, e en segundo lugar procederase á valoración dos méritos alegados polos candidatos, publicándose nos mesmos medios que no anuncio da convocatoria, as puntuacións obtidas polos aspirantes.

Para valorar os méritos será necesario que se presenten documentos xustificativos dos mesmos (orixinais ou fotocopias cotexada); en ningún caso se terán en conta os méritos que non estean debidamente xustificados.

Tódalas notificacións que se realicen respecto ao presente procedemento de selección, levaranse a cabo, de acordo co establecido no art.45.b da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a través de publicacións no taboleiro de anuncios do Concello, páxina web e sede electrónica.

A información de carácter persoal contida nas mesmas será posible baixo a consideración de que os aspirantes, coa sinatura da instancia solicitando tomar parte no proceso, dan a súa autorización para que se empreguen os seus datos persoais.

Para o caso de empate na puntuación final, darase preferencia á puntuación obtida dentro da experiencia profesional.

O Tribunal, en ningún caso, poderá propoñer un número superior de aspirantes a contratar que o de prazas convocadas. Calquera proposta de  aprobados que contraveña o establecido anteriormente será nula de pleno dereito.

O ditaminado polo tribunal someterase á Alcaldía para a decisión que proceda.


DÉCIMA.- PROPOSTA E NOMEAMENTO.

Valorados todos os méritos alegados polos aspirantes que reúnan as condicións esixidas, o tribunal formulará a proposta de nomeamento a favor dos candidatos que obtivesen a maior puntuación, publicándose no Taboleiro de Anuncios. Ata que se formalicen os contratos e se incorporen os traballadores ós postos, estes non terán dereito á percepción económica algunha.

O acordo definitivo que adopte Alcaldía será publicado no taboleiro de anuncios do concello, para coñecemento de tódolos aspirantes, que poderán interpoñe-los recursos previstos na vixente lexislación.


UNDÉCIMA.- VIXENCIA DAS BASES DE SELECCIÓN

A vixencia das bases de selección TÉCNICO SUPERIOR EN SISTEMAS DETELECOMUNICACIÓNS E INFORMÁTICOS será dende a súa aprobación ata a data de finalización dos traballos para os cales se realiza a presente contratación.

Con todos aqueless aspirantes que non sexan propostos para a súa contratación, elaborarase unha bolsa de traballo ou lista de reserva, e que se configurará por orde de puntuación obtida no procedemento,  coa finalidade de acudir a ela para cubrir o posto obxecto da presente convocatoria. Se un aspirante presenta a renuncia durante a vixencia do contrato pasará a  ocupar ó último lugar do listado de admitidos ó abeiro destas bases.

Contra estas bases, a convocatoria e cantos actos se deriven das mesmas e da actuación do tribunal, poderanse interpoñer impugnacións polos interesados nos casos e na forma previstos pola Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. A presentación de reclamación non suspenderá a continuación do proceso selectivo salvo que así o decida o órgano convocante do mesmo.

Para todo o non previsto nestas bases, será de aplicación supletoria o establecido na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, no TR Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, na Lei de Administración Local de Galicia e demais lexislación  vixente que sexa de aplicación e no TR Estatuto dos Traballadores.

O tribunal queda facultado para resolver as dúbidas que poidan presentarse e adoptar resolucións, criterios ou medidas necesarias para o bo desenvolvemento do proceso naqueles aspectos non previstos por estas bases.

Bases completas e folla de solicitude https://www.valga.gal/images/Mercedes/BASES-_SELECCION.pdf




Suscríbete a Arousa TV por correo

AVISO IMPORTANTE:
Recopilamos y ofrecemos información sobre ofertas de empleo en la zona de Arousa, de distintos portales, redes sociales, boletines de concellos, instituciones, etc, comprobando previamente la veracidad de las mismas y los contactos. No obstante, nos limitamos a ofrecer la información pero no participamos en el proceso de selección ni nos responsabilizamos de los mismos. Si detecta algún fraude contáctenos inmediatamente a info@arousatv.com
 
Top