Convocatoria do proceso selectivo para a cobertura, por funcionario/a interino/a, dun posto de traballo de técnico de administración xeral pertencente ao cadro de persoal do Concello de Vilanova de Arousa.

ADMINISTRACIÓN LOCAL MUNICIPAL VILANOVA DE AROUSA

Presupostos e cadros de persoal

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA, POR FUNCIONARIO/A
INTERINO/A, DUN POSTO DE TRABALLO DE TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL

ANUNCIO

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA, POR FUNCIONARIO/A INTERINO/A, DUN POSTO DE TRABALLO DE TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL PERTENCENTE AO CADRO DE PERSOAL DO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA.

O Boletín oficial da Provincia de Pontevedra nº 11 correspondente ao día 16 de xaneiro de
2019 publicou as bases que rexerán o proceso selectivo para a cobertura, por funcionario/a
interino/a, dun posto de traballo de Técnico de Administración Xeral pertencente ao cadro de
persoal do concello de Vilanova de Arousa aprobadas pola Xunta de Goberno Local o día 13 de
decembro de 2018.

De conformidade co disposto na Base 3.3 procede agora publicar a convocatoria do proceso
selectivo tamén no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e na sede electrónica do concello
“sede.vilanovadearousa.gal” dentro do apartado “oferta de emprego público” e, ademais, mediante
a inserción dun anuncio nun dos diarios de maior difusión na comarca.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partires
do día seguinte ao da publicación da convocatoria. Para o caso de as ditas publicacións da
convocatoria se efectuasen en datas distintas entenderase que o prazo se abre ao día seguinte
hábil da primeira publicación e que se pecha transcorridos os 10 días hábiles seguintes ao da
última das mesmas.

Vilanova de Arousa a 16 de xaneiro de 2019. O Alcalde, Gonzalo Durán Hermida.

anuncio BOPPO https://boppo.depo.gal/bop-v2-portlet/download?fbclid=IwAR1l1kY7yoSoZzntL9VayD0uzq5dGVrcWXSR9OV-hBQWzBVuCKC9-Z7gWm0&fileName=an.bop.PONTEVEDRA.20190124.2019002150.pdf&id=idd_E9B811CE-D818-4EAE-B5E2-5D3E45B43A99



Suscríbete a Arousa TV por correo
 
Top