en Cambados. Entrada libre 

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2019 CAMBADOS 

01mar
Venres de ENTROIDO
A TÚA CARA SÓAME
22.30 h. Na Praza de Alfredo Brañas A túa cara sóame, espectáculo musical imitando o programa “Tu cara me suena” onde teremos actuacións con música en directo. Anímase a toda a xente a que veña disfrazada de cantantes ou grupos musicais.

02mar
Sábado de ENTROIDO
ANIMACIÓN INFANTIL 
A partir das 16.30 h. no Parque de Torrado animación infantil e inchables da man de Nordelaina Xestión Sociocultural e a Escola Obradoiro de Emprego de Cambados emprende Xove.
* En caso de choiva trasladarase ao recinto do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña.

03mar
Domingo de ENTROIDO
SUSPENDIDO POR LLUVIA DESFILE DE CARROZAS
CAMBADOS SUSPENDE O DESFILE DE CARROZAS DESTE DOMINGO DEBIDO ÁS PREVISIÓNS DE CHUVIA.
Debido ás previsións de chuvia o Concello de Cambados acordou suspender o Desfile de Carrozas programado para este domingo 3 de marzohasta novo aviso (posiblemente para o sábado 09mar) 

Debido ás previsións de chuvia o Concello de Cambados acordou suspender o Desfile de Carrozas programado para este domingo 3 de marzohasta novo aviso (posiblemente para o sábado 09mar) 
16.00 h. Na Escalinata de San Tomé, recepción das carrozas e maquetas inscritas que participen no desfile.
17.00 h. Comezo do desfile das carrozas acompañadas da música do Grupo de Batucada Olodum do Coio e a Charanga As de sempre + nós polas seguintes rúas:
Escalinata de San Tomé – Avda. de Galicia – Praza do Concello – Avda. de Madrid – Praza de Fefiñáns.
O desfile será retransmitido polo DJ Studio 21.
18.30 h. Entrega de premios e participacións do concurso, na Praza de Fefiñáns.
Para a 3ª Clasificada: 400€, á 2ª clasificada: 500€ e á 1ª clasificada: 600€. Ademáis, farase constar a gratificación de 200€ ás carrozas e de 100€ ás maquetas pola súa participación. (Para máis información, consultar bases)
* En caso de choiva o desfile farase o martes 5 ou como última data o sábado 9 de marzo no mesmo horario.

04mar
Luns de ENTROIDO
BAILE INFANTIL E CONCURSO DE FILLOAS
17.00 h. No Salón de Congresos e Exposicións J. Peña, Baile de Entroido Infantil. Premios para os mellores disfraces individuais de 50€, parella 100€, grupo de 150€. Ditos galardóns serán cambiables en establecementos comerciais asociados a Zona Centro.
Organiza o Concello de Cambados coa colaboración da Confraría de Pescadores San Antonio e Zona
Centro. (Para máis información, consultar bases).
17.30 h. Concurso de Filloas na Sala de Degustacións do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña con premios en vales de compra nos establecementos comerciais asociados a Zona Centro de 110€ ás máis saborosas e 110€ ao maior número de filloas feitas en 30 minutos. O resto dos participantes recibirán vales de compra por valor de 60€. (Para máis información, consultar as bases).

05mar
Martes de ENTROIDO
GRAN CONCURSO DE DISFRACES XUVENÍS E ADULTOS E CONCURSO DE COMPARSAS
17.00 h. Na Praza Alfredo Brañas, Concurso de Disfraces nas categorías de xuvenil e adulto amenizado polos DJs Studio 21 con premios en vales de compra nos establecementos comerciais asociados a Zona Centro ao mellor disfrace individual de 100€, parella 150€ e grupo 200€.
18.30 h. Concurso de Comparsas con premios para as tres primeiras clasificadas: 1º premio de 400€, 2º premio de 300€ e 3º premio de 200€. Para o resto de participantes non premiados haberá unha gratificación de 100 €. (Para máis información, consultar as bases).
*En caso de choiva trasladarase ao Salón de Congresos e Exposicións J. Peña no mesmo horario

06mar
Mércores de CINSA
ENTERRO DA SARDIÑA
18:00 h. Na Praza do Concello*, degustación de doces típicos do Entroido, grazas á colaboración da Asociación“Amas de Casa Albariño”
.
19.00 h. Trala papatoria, terá lugar a homilía, antes do Enterro da Sardiña, que este ano contaremos coa presenza da Nai Abadesa Isabel Risco, cos cánticos sacros das Charangas Os Jaláticos e As de sempre + nós e o Grupo de Batucada Olodum do Coio. Choróns e choronas quedades todos convidados formar parte deste sepelio que terá lugar na praia de San Tomé.
* En caso de choiva trasladarase ao recinto do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña.

marzo 2019
entroido, carnaval



Suscríbete a Arousa TV por correo
 
Top