0

Fai a mocidade de Vilagarcía un uso responsable do móbil?

Os alumnos do Curso de dinamización comunitaria farán unha enquisa sobre o uso do móbil en menores, dirixida ao alumnado de 1º a 4º da ESO escolarizada nos centros de Vilagarcía de Arousa. 

O  grupo de alumn@s do Curso de dinamización comunitaria que se está a desenvolver en Vilagarcía de Arousa, a raíz do traballo de clase, vai levar a cabo un proxecto moi interesante que ten como temática o uso do móbil entre os menores de Vilagarcia e que dividen en tres partes:

Por unha banda farán  unha enquisa realizada en diferentes centros educativos de Vilagarcía. Coa mesma temática poñen en un concurso de curtas no que poden participar menores de 12 a 17 anos. Ademais realizarán un spot publicitario sobre o uso do móbil que será creado integramente polo propio alumnado do curso.

Finalmente levaran a cabo unha Gala coa presentación dos resultados da enquisa, a presentación do Spot e a entrega de premios das curtas.

Sensibilizar sobre o uso responsable do mobil

Dende o Curso para a obtención do certificado de profesionalidade de Dinamización Comunitaria que comezou no mes de outubro estase levando a cabo un proxecto moi interesante sobre o uso do móvil entre a mocidade.

É un tema que se debate cada vez mais pero sabemos realmente se están a facer un uso responsable do móvil?. E os adultos somos un bo exemplo de como se debe facer un uso responsable do móbil?. Cómo emprega o móbil a mocidade de Vilagarcía?. O sabemos realmente?.

Para respostar a estas preguntas o Equipo de Dinamización leva a cabo un proxecto que ten como obxectivo “Sensibilizar sobre o uso do móbil en menores” e para iso lévanse a cabo tres accións dentro deste proxecto.

Unha Enquisa sobre o uso do móbil en menores, dirixida ao alumnado de 1º a 4º da ESO escolarizada nos centros de Vilagarcía de Arousa. Un Spot Publicitario realizado polo propio alumnado sobre o uso do móbil en menores, que se rodará previsiblemente os días 18 e 20 de febrero e un Concurso de curtas dirixido á poboación de 12 a 17 anos de Vilagarcía de Arousa onde a temática será o uso do móbil.

E por último o día 3 de maio faran unha Gala no Salón García onde amosaremos os resultados finais das enquisas, así como o visionado das curtas preseleccionadas e a entrega de premios aos gañador@s. Pecharemos a gala coa presentación en primicia do Spot realizado polo alumnado do equipo de Dinamización Comunitaria.


Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario

 
Top