A candidata de Marea da Vila, María de la O Fernández González, entrégalle ao deputado no parlamento Galego, Antón Sánchez, as alegacións ao Plan de Transporte da Xunta de Galicia. 


MAREA DA VILA ENTREGA AS ALEGACIÓNS AO PLAN DE TRANSPORTE 


Nota de prensa Marea da Vila. Vilagarcía, a 25 de febreiro de 2019. 
Hai uns días, dende Marea da Vila denunciabamos que o proxecto de Plan de Transporte elaborado pola Xunta de Galicia non responde ás necesidades dos concellos da comarca nin supón unha vertebración real da mesma. Por elo, estivemos traballando para detectar as eivas do mesmo e redactar as alegacións correspondentes, que durante a tarde deste luns fóronlle entregadas ao deputado do Parlamento Galego, Antón Sánchez.

A xuntanza entre Antón Sánchez e os membros de Marea da Vila, encabezados pola candidata Á alcaldía María de la O Fernández González,  tivo lugar na infrautilizada Estación de Autobuses de Vilagarcía. Como afirmou María de la O, “a escolla da Estación de Autobuses para este encontro, non é casual. Dende Marea da Vila pensamos que a devandita estación debería establecerse como KM0 non só do transporte público por Vilagarcía, senón de toda a comarca a través da intermodalidade. A proximidade das estacións de autobuses e tren, supón unha oportunidade que non debemos desaproveitar, polo que instamos ao concello a que a intermodalidade se converta nunha liña prioritaria de traballo, tanto coa busca de recursos e do apoio das administracións competentes”.

Tras a revisión do proxecto de Plan de Transporte, son moitas as eivas detectadas, comezando por unha división “artificial” da comarca. Ademais, carécese dun estudo dos fluxos e comportamentos da poboación, para así establecer a creación de liñas segundo a demanda e os modos de vida. Nese senso, recalca a candidata de Marea da Vila “Instamos á Xunta a que inclúa centros de atracción de persoas tan evidentes como polígonos industriais, centros de deportes (pavillón de Fontecarmoa, por exemplo), as praias, e outros centros de confluencia masiva de persoas, ben sexan estes estacionais ou permanentes”.



Suscríbete a Arousa TV por correo


 
Top