17h jueves en Concello de Vilagarcía. Entrada libre 

SESIÓN PLENARIA ORDINARIA

Sesión plenaria que se celebrará no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 28 de febreiro de 2019, ás 17,00 horas.

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 31 de xaneiro de 2019.
2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes xaneiro de 2019.
3. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
4. Toma de coñecemento do informe do 4º trimestre de 2 0 1 8 de morosidade, ao abeiro do disposto na Lei 5/ 2 0 1 0, de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/ 2 0 0 4, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
5. Aprobación, se procede, do expediente de modificación de crédito por crédito extraordinario e de cambio de finalidade de financiamento afectado en relación coas obras de renovación da rede de auga en Avda. Doutor Tourón. (Exp. nº 02/CF/2019)
6. Aprobación, se procede, do Manifesto do Consello Local da Muller con motivo do 8 de marzo, Día internacional das Mulleres.
7. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG, en apoio ás reivindicacións do 8 de marzo.
8. Aprobación, se procede, da moción presentada polos grupos políticos municipais de EU e Somos Maioría de apoio á folga feminista do 8 de marzo.
9. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP en relación con actuacións no entorno do Río do Con e Travesía Alejandro Cerecedo.
10. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP sobre Regulación mediante ordenanza municipal da circulación de vehículos de mobilidade persoal en Vilagarcía.
11. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PSG-PSOE en relación coa dotación dun espazo para os xubilados da Casa do Mar.
12. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno.
13. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
14. Rogos e preguntas.
15. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.

Vilagarcía de Arousa 

26feb 
febrero 2019 



Suscríbete a Arousa TV por correo
 
Top