Propón recuperar as catro sendas do Xiabre, abandoadas polos últimos gobernos, e crear outras novas na contorna de Lobeira 


VILAGARCÍA EN COMÚN APOSTA POR RECUPERAR AS RUTAS DE SENDEIRISMO PARA DAR A COÑECER O PATRIMONIO RUPESTRE 


Nota de prensa Vilagarcía en Común. 25 de febreiro de 2019 
Vilagarcia en Común aposta pola recuperación e a posta en valor das rutas de sendeirismo como instrumento para a posta en valor e a divulgación do patrimonio rupestre local. A formación propón a rehabilitación dos catro roteiros que discorren pola contorna do Xiabre, hoxe abandonados; e pola creación doutros novos que conecten os distintos xacementos arqueolóxicos existentes e que os convirtan nun verdadero atractivo turístico que poida ser disfrutado pola cidadanía.

Vilagarcía en Común ve necesario que o Concello se comprometa e impulse medidas que contribúan á posta en valor do patrimonio artístico, cultural, paisaxístico e histórico da capital arousana. A  formación lamenta o abandono ao que este ven sendo sometido nos últimos anos, nomeadamente no que a natureza e puntos de interese arqueolóxico se refire. Un desleixo co que o goberno local do PSOE ignora unha riqueza patrimonial que pode, ademais, contribuír ao fomento da economía local e á tan necesaria desestacionalización do turismo.

Cos ollos postos na procura de novos elementos que incrementen o atractivo turístico de Vilagarcía; así como na protección e na posta en valor do seu patrimonio; Vilagarcía en Común propón a recuperación das catro rutas de sendeirismo existentes no Xiabre. Así como a creación doutras novas na zona de Lobeira que permitan crear unha rede de sendeiros que conecte os 13 petroglifos existentes no municipio e que os faga realmente accesibles.

A formación que encabeza Jesús López lamenta a falta de iniciativa que o goberno local
ven amosando no que a aproveitamento e posta en valor do patrimonio local se refire. Nese senso, o novo espazo político aposta por impulsar medidas que favorezan non só a recuperación das nomeadas sendas, senón tamén a súa promoción. Trátase de favorecer un novo turismo vinculado á natureza e á historia e de tirar proveito dos valiosos recursos existentes, favorecendo a súa axeitada conservación e converténdoos nun verdadeiro atractivo, accesible para o conxunto da cidadanía.




Suscríbete a Arousa TV por correo


 
Top