Vilagarcía en Común denuncia o risco e caídas provocado pola lenta reposición das varandas do río do Con


Nota de prensa Vilaagrcía en Común 
Lamenta a nefasta previsión do Concello, que optou por eliminar todo o valado antigo dunha vez, deixando a zona desprotexida, en lugar de facelo por tramos 27 de febreiro de 2019- Vilagarcia en Común denuncia a lentitude con que está a realizarse a reposición das varandas do río do Con. Unha demora que entraña un elevado risco de caídas nunha zona pola que a diario transita un elevado número de crianzas, debido á proximidade dun parque infantil. A formación lamenta a nefasta planificación da obra impulsada polo Concello, que ben podería ter evitado a situación de perigo deseñando un axeitado cronograma da intervención.

Vilagarcía en Común denuncia a nula previsión e a mala organización do Concello no que á reposición das varandas do paseo do Con se refire. Hai xa máis dun mes que os elementos de protección que separan a céntrica zona peonil do río foron retirados, e a día de hoxe a área continúa sen contar con ningún elemento que garanta a seguridade dos viandantes.

A formación lamenta a nefasta planificación da intervención, pois a prolongada situación de perigo podería terse evitado se o Concello tivese optado por realizar a reposición do peche por treitos. Pola contra, e amosando unha nula capacidade organizativa, o goberno local optou por retirar a totalidade da antiga protección sen ter en conta a dispoñibilidade da nova varanda e obviando os riscos implícitos.



Suscríbete a Arousa TV por correo
 
Top