16h y 20h viernes en Praza de Galicia, Vilagarcía. Participación libre

Actividades e concentración 8m 

Despois da mani de onte en Lugo, este venres 8 de marzo estaremos festexando o Día das Mulleres en unión co resto de localidades nas que hai convocadas concentracións. Ademais, haberá varias actividades pola tarde dende as 16:00h ás que estades todas convidadas. Vémonos compas!!💪 💜

16h Actividades en Praza de Galicia
Trivial Feminista.
Debates.
Ensaio Batukada.
Merenda.
Música a cargo de Señor Dj

20h Concentración en Praza de Galicia
Por todas as mulleres, por todos os dereitos: revolta feminista!.

Galegas 8M Salnés celebrará unha serie de actividades feministas que culminarán a tarde do venres coa concentración ás 20:00H e a lectura do manifesto en Vilagarcía

Vilagarcía de Arousa, a 04 de marzo de 2019.
Este domingo 3 de marzo milleiros de mulleres volvemos reunirnos, esta vez en Lugo, para manifestar a necesidade de seguir avanzando nas nosas reivindicacións e de secundar masivamente a folga feminista do próximo venres 8 de marzo.

Dende Galegas 8M Salnés facemos un chamamento ás mulleres da nosa contorna a participar na convocatoria de folga en calquera das súas vertentes: laboral, estudantil, de coidados e de consumo, coa que se inclúe a tódalas mulleres e as nosas distintas realidades.

O 8M supón para nós unha xornada de reivindicacións pero tamén de encontro. Por un lado celebramos os avances que as mulleres conseguimos cando nos organizamos, e por outro insistimos en que só xuntas poderemos seguir avanzando cara unha sociedade en igualdade, na que cada muller teña liberdade para ser e decidirse. Por iso preparamos para a tarde do venres unha serie de actividades coas que continuamos creando comunidade feminista. As actividades se desenvolverán na Praza de Galicia dende as 16:00H segundo a proposta seguinte:

-Trivial feminista.
-Debates.
-Ensaio Batukada.
-Merenda.

Ás 20:00H haberá unha concentración e faremos a lectura do manifesto de Galegas8M. A xornada rematará con música a cargo da Señora DJ.

“Por todas as mulleres, por todos os dereitos, revolta feminista”

Organiza: Galegas 8M, O Soño de Lilith.
08mar
marzo 2019






Suscríbete a Arousa TV por correo

 
Top