O equipo de goberno actual repetirá ao completo coa excepción de Juan Antonio Pérez Callón
que, a petición propia, xubílase e pechará a candidatura como recoñecemento á súa labor. 

Incorpóranse en postos de saída o enxeneiro técnico agrícola Diego García, Álvaro Carou, a
traballadora da Axencia Tributaria Alba Briones e o mariñeiro xubilado de Vilaxoán José María González  

O PARTIDO SOCIALISTA DE VILAGARCÍA DEBATE HOXE A PROPOSTA DE CANDIDATURA MUNICIPAL PARA AS ELECCIÓNS DE MAIO

Nota de prensa PSOE Vilagarcía de Arousa, 1 de marzo de 2019.
O Partido Socialista de Vilagarcía debate hoxe en asemblea as súas propostas para os vindeiros procesos electorais de abril e maio, ás 20.30h na sede da agrupación local.

Segundo se formula no procedemento, no día de onte pechouse o prazo de presentación de candidaturas para os diversos procedementos. So foron rexistradas as propostas que fai a Comisión Executiva Municipal que, á candidatura xa definida de Alberto Varela para continuar á fronte da Alcaldía refrendada no pasado mes de outubro, engade agora o completo da lista a presentar ás eleccións do 26 de maio (adxúntase candidatura).

A asemblea procederá ao debate e votación das propostas, pola fórmula que se elixa entre os presentes segundo indican os estatutos e, de quedar aprobadas as propostas, pasarán aos órganos superiores. A candidatura municipal quedará, enton, apenas sometida ao trámite de ser ratificada polas direccións provincial e autonómica do partido, que non realizan modificación algunha nas propostas aprobadas en asembleas locais.

SENADO

Ademáis da candidatura local, á asemblea tamén ten o cometido de trasladar as súas propostas para as candidaturas das restantes eleccións. A Comisión Executiva Municipal proporá á asemblea a  candidatura de Modesto Pose para o Senado de España. Pose ven exercendo esta labor durante esta lexislatura que agora finaliza como senador por designación autonómica do Parlamento de Galicia.

A candidatura someterase á votación polo mesmo procedemento que a candidatura municipal, e será remitida posteriormente ás direccións superiores, ata a ratificación final da dirección federal que dirixe Pedro Sánchez. No caso deste procedemento, formalmente as asembleas teñen únicamente carácter consultivo, pero dende a agrupación de Vilagarcía considérase que a súa proposta terá unha gran consistencia sendo apoiada pola asemblea dunha agrupación que sostén a segunda alcaldía da provincia e unha das principais alcaldías de Galicia para o Partido Socialista.

CANDIDATURA ELECTORAL MUNICIPAL PSDEG – PSOE VILAGARCÍA DE AROUSA


1. Alberto Varela Paz
Alcalde de Vilagarcía de Arousa

2. Tania Garcia Sanmartín
Teniente de Alcalde de Vilagarcía
Concelleira de Benestar Social e Igualdade

3. Argimiro Serén Mera
Teniente de Alcalde de Vilagarcía
Concelleiro de Deportes e Educación

4. Paola María Mochales
Concelleira de Urbanismo e Infraestruturas

5. Lino Mouriño Santiago
Concelleiro de Servizos e Relacións Veciñais

6. Sonia Outon Casal
Concelleira de Cultura, Xuventude e Persoal

7. Diego García Santiago
45 anos
Enxeñeiro Técnico Agrícola.
Espeialista en viticultura

8. Luz Abalo Pérez
Concelleira de Economía e Facenda

9. Álvaro Carou García
39 anos
Licenciado en Ciencias Políticas. Máster en RRHH.

10. Alba Briones Gamarra
37 anos
Funcionaria da Axencia Tributaria.

11. José María González Araújo
58 anos.
Marino xubilado. Membro AAVV e Coral de Vilaxoán.

12. Matilde Laya Lorenzo
51 anos
Traballadora de UGT

13. Gabriel González Díaz
26 anos.
Historiador.

14. Catalina Oubiña Rojo
35 anos.
Auxiliar de enfermería

15. Juan Carmelo Guerra Sánchez
42 anos.
Traballador de

16. Ana Abuín Pazos
59 anos
Auxiliar de xeriatría.

17. Basilio Aguiar Carballo
52 anos
Traballador de hostelería

18. Clara Díaz del Río
52 anos
Traballadora da conserva

19. Gonzalo Berride Ferreira
53 anos
Conserxe do Colexio de Carril

20. Yolanda Carrera Lorenzo
59 anos
Matrona no Centro de Saúde de Vilagarcía

21. Juan Antonio Pérez Callón
Concelleiro de seguridade e promoción económica

SUPLENTES

1. Ana María Búa Eiras
71 anos
Pensionista

2. Vicente Lago Castaño
68 anos
Pensionista.

3. Victoria Hierro Lorenzo
63 anos
Traballadora do INS. Exconcelleira.




Suscríbete a Arousa TV por correo

AVISO IMPORTANTE:
Recopilamos y ofrecemos información sobre ofertas de empleo en la zona de Arousa, de distintos portales, redes sociales, boletines de concellos, instituciones, etc, comprobando previamente la veracidad de las mismas y los contactos. No obstante, nos limitamos a ofrecer la información pero no participamos en el proceso de selección ni nos responsabilizamos de los mismos. Si detecta algún fraude contáctenos inmediatamente a info@arousatv.com 
 
Top