21h miércoles 6 febrero en Salón García, Vilagarcía. Entrada 4€, socios gratis.

Proyección de la película Le Salaire de la Peur


📌 Mércores 20: "Le Salaire de la Peur"

A cita terá lugar o próximo mércores día 20 coa proxección da obra mestra de H.G.Clouzot "Le salaire de le peur" ( o salario do medo), gañadora da Palma de Ouro do Festival de Cannes e o Oso de Ouro do Festival de Berlin de 1953.

"A tensión entre catro traballadores dunha compañía petrolífera estalará durante unha perigosa viaxe na que trasportan nitroglicerina"

Este mércores día 20 de marzo o Cineclube Ádega proxectará o filme francés de H.G. Clouzot "Le salaire de le peur" (O Salario do medo), en versión orixinal subtitulada en castelán. A película comezará por volta das 21:00 horas no Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía.

Trátase dunha obra mestra do suspense, profunda e perturbadora, que gañou en 1953 tanto a Palma de Ouro en Cannes como o Oso de Ouro en Berlín.

"Catro homes aceptan transportar, arriscando as súas vidas, un camión cargado de nitroglicerina ao longo de 500 km por camiños en mal estado. A enorme prima que poden gañar é o único medio de abandonar a vila latinoamericana na que se atopan"

A entrada é de balde para os nosos socios e de 4 euros para o público xeral.

20mar
marzo 2019




 
Top