Sábado en Vilagarcía. Parcicipación libre. Inscripción previa. 


'DepoDesafío' carreira nocturna en Vilagarcía

🎭 escena, 🎵 musica, 🎬 cine, 🏃 deporte, 💬 acto, 🎇 fiesta, 🏬 promo, 🍴 gastro, 📣 anuncio, 💡 formacion, 🎨 expo, 👪 infantil, 📆 celebracion

A Deputación de Pontevedra pon en marcha a segunda edición do “DepoDesafío”, a competición deportiva máis esixente da provincia cun formato no que se volverán a combinar varias disciplinas como a carreira a pé, o ciclismo BTT, a travesía a nado, o trail ou o tríatlon.

Esta segunda edición terá 5 probas, a primeira en maio e a última en outubro. “O día 4 de maio levaremos a cabo unha carreira nocturna a pé de aproximadamente 15 quilómetros en Vilagarcía de Arousa; unha proba BTT de arredor de 35 quilómetros nas Neves o domingo 9 de xuño; unha travesía a nado en Poio de 1.500 metros o primeiro fin de semana de xullo; un trail en Cuntis de aproximadamente 15 quilómetros o primeiro fin de semana de setembro; e un tríatlon en distancia sprint en Vigo durante a primeira quincena de outubro”.

05may
mayo 2019



Suscríbete a Arousa TV por correo  
 
Top