En Común recórdalle ao PP que no último goberno local do PP en Vilagarcía, o plan de axuste cebouse coas políticas de igualdade recortando todos os plans do departamento de muller do concello. 

Lamenta que o PP avale incluso a quen no seu día pediu a unha concelleira que abandonase por quedar embarazada. 

En Común lamenta a hipocrisía do PP local logo de protagonizar un goberno negro para a igualdade en Vilagarcía


Nota de prensa Vilaagrcía en Común. 8 de marzo de 2019- 
Vilagarcía en Común lamenta a mala memoria do Partido Popular en materia de igualdade, é lamentable, e pouco decente, que o PP solicite incrementar os orzamentos en materia de igualdade cando, os últimos orzamentos do PP en Vilagarcía apenas destinaban 10.000€ (executados) para acción en materia de igualdade, fronte aos 17.500 do primeiro orzamento do actual goberno.

É indecente utilizar a mentira e o engano co único obxectivo electoral, cando o que debería facer o PP é desmarcarse das machistas proclamas do seu novo líder, para ter algo de credibilidade en materia de igualdade.

Dende En Común pedímoslle, con pouca esperanza esi si, ao PP un mínimo de rigor en canto as súas propostas, xa que todos lembramos o que foi o pero goberno da democracia de Vilagarcía, o que protagonizaba Tomas Fole e as concelleiras que onte trataban de enganar a cidadanía en nota de prensa.
 
Top