20h miércoles en Follas Novas Arousa, Rodrigo de Mendoza 12, Vilagarcía. Entrada libre

Presentación libro 'Números Vermellos' de  Ana Fontenla

Acompañando á autora estarán a escritora Inma López Silva e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia.

Este é o debut literario de Ana Fontenla, un montón de relatos, textos, poemas, monólogos, diálogos, excursións lingüísticas… para abordar unha vida en permanentes números vermellos. Mais non estamos a falar, só, de economía, que tamén, senón de todas as anemias que trae consigo a precariedade, a incerteza, a dúbida, as leas da vida moderna para alguén que quere abrirse camiño no traballo, no amor, na procura da propia identidade feminina. A través dunha narradora que se converte en protagonista retrátase unha sociedade, a nosa, fragmentada, difícil, moitas veces desesperanzada, sobre todo para a xente máis nova. Un libro cheo de triplos saltos mortais dunha escritora que nos interpela e pregunta con canonazos enviados directamente á liña de flotación das nosas conciencias. E con moito humor. Que non falte. Xa que estamos en números vermellos.

06mar
marzo 2019
8M


Suscríbete a Arousa TV por correo

 
Top