en Vilagarcía. Inscripción libre. 15 prazas dispoñibles. 

FORMACIÓN SUBVENCIONADA 'DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO' EN KAEME 

Ábrese a inscripción para o curso correspondente ao certificado de profesionalidad SSCE110 'Docencia da Formación Profesional para o Emprego'. Subvencionado ao 100% a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Para residentes zona Salnés. Dirixirse á oficina de emprego de Vilagarcía.
Resto: Contacta con nós en info@kaemeconsultoria.es ou teléfono 986507417 
Edelmiro Trillo 6, 2º. Vilagarcía de Arousa

Con título de bacharelato, ciclo superior, diplomatura ou equivalente.

Que son os certificados de profesionalidade?

Un certificado de profesionalidade é un documento que te acredita en unha cualificación profesional do Catálogo Nacional das Cualificaciones Profesionais. Recoñecen a capacitación para o desenvolvemento dunha actividade laboral e son especialmente relevantes para as persoas que non teñen unha titulación equivalente do sistema educativo.

Son emitidos polo Servizo Público de Emprego Estatal ( SEPE) ou, no seu caso, polas Comunidades Autónomas, e teñen validez en todo o territorio nacional.

Ter un certificado de profesionalidade supón sen dúbida mellorar a túa curriculum profesional xa que, ao ser un documento oficial, valórase en calquera proceso de selección que convoquen as Administracións Públicas, e acredítache profesionalmente ante a empresa privada.

Os certificados de profesionalidade están compostos por unha serie de módulos formativos, e un módulo de formación práctica que se realiza preferentemente unha vez terminado o resto dos módulos.

Para que serve o certificado de Docencia da Formación Profesional para o Emprego?


Para traballar como docente en cursos de formación para o emprego, tanto nos dirixidos a traballadores e traballadoras en activo como os que se dirixen a persoas desempregadas.

Se queres enfocar a túa carreira cara á formación non regrada naquelas áreas que dominas, este é o teu certificado.

É un certificado de nivel 3, así que para acceder ao mesmo tes que ter un título de bacharelato ou equivalente.
20mar, 21mar, 22mar, 23mar 
marzo 2019



Suscríbete a Arousa TV por correo 
 
Top