10h-20h en Salón Peña, Cambados. Entrada libre 

IV Xornadas ALZA A TÚA VOZ contra o Acoso Escolar e o Bullying

A Asociación TDAH SALNÉS, contando ca colaboración do Concello de Cambados
organizará: IV Xornadas ALZA A TÚA VOZ contra o Acoso Escolar e o Bullying no Salón Peña, en Cambados con arranxo ó programa adxunto:

Un ano máis, a Asociación TDAH SALNÉS de Vilagarcía de Arousa celebra as súas Xornadas sobre o Acoso Escolar e o Bullying. Neste ano 2019 vamos xa pola cuarta edición destas Xornadas.

Dende o inicio da nosa andadura como Asociación de afectados polo Trastorno do TDAH, e outros trastornos asociados, traballamos polo benestar das persoas que o padecen, pero tamén polo dos seus familiares e persoas en xeral, sempre baixo o lema: “A DIVERSIDADE PUNTO DE UNIÓN, PUNTO DE ENCONTRO”
Dende o inicio tamén puxemos o noso grao de area a favor da convivencia e en contra do Acoso e a Violencia Entre iguais, dentro e fóra das aulas.

O fenómeno denominado Acoso Escolar, maltrato entre iguais e o Bullying existen dende sempre pero nos últimos anos está adquirindo maior relevancia social por estar moi presente nas noticias, chegando a situacións alarmantes e incomprensibles.

A Asociación TDAH Salnés comprométese co tema directamente, somos educadores, nais, pais…que cremos nunha educación en valores, eses valores, como a empatía e o respecto, son necesarios para a xestión e resolución deste problema, creando un marco de convivencia.

Os obxectivos destas IV XORNADAS ALZA A TÚA VOZ CONTRA O ACOSO ESCOLAR E O BULLYING son crear un espazo de Formación, Información e Concienciación desta problemática, tendo as actividades programadas un contido orientado a nais, pais, profesionais da Educación e o ámbito clínico, así como ós propios rapaces e rapazas.

É necesario facer visible este fenómeno social e propiciar un debate e reflexión pública sobre as estratexias de prevención e detección dos casos de Acoso para, desta maneira, mellorar as respostas a todos os niveis.

Deber noso é contribuír a fabricar ferramentas que dalgunha maneira minimicen os efectos devastadores que producen as situacións de acoso, ademais de previlas para que algún día non sexa necesario falar do Acoso nin da violencia en ningunha das súas formas.

A Directiva da Asociación TDAH SALNÉS

Vilagarcía a 12 de Marzo de 1019








15mar
marzo 2019



Suscríbete a Arousa TV por correo


 
Top