O número 1 para o Senado será o histórico dirixente Modesto Pose mentres que o vilagarcían Jorge María López ocupa o número 4 no listado para o Congreso  

O secretario xeral do PSdG-PSOE Pontevedra, David Regades, destacou a experiencia política e profesional da cabeza de cartel ao Congreso, Olga Rodríguez, e do Senado, Modesto Pose 

XUVENTUDE E EXPERIENCIA NAS LISTAS DO PSdeG DE PONTEVEDRA PARA REPRESENTAR Á PROVINCIA NAS CORTES XERAIS 

Nota de prensa CEP PONTEVEDRA PSdeG-PSOE Vilagarcía de Arousa, 22 de marzo de 2019. 
As e os socialistas de Pontevedra presentaron hoxe en Vilagarcía de Arousa as súas candidaturas ao congreso e ao Senado para as eleccións do próximo 28 de abril, e que esta mañá foron rexistradas na Xunta Electoral Provincial. No caso do Senado encabézaa o histórico dirixente socialista Modesto Pose, en representación da comarca de Arousa. Un territorio que tamén queda representado nas listas ao Congreso con ex secretario xeral da agrupación socialista en Vilanova de Arousa, Jorge María López, que sae no posto número 4 da lista para a cámara alta.

“Estas listas son o resultado dun proceso de diálogo e consenso”, afirmou o secretario xeral, “tal e como demostra que foran aprobadas por unanimidade no comité provincial celebrado a principios deste mes”. Regades mostrouse confiando ante as próximas citas coas urnas, mostrándose seguro de que con esta candidatura “acadaremos os nosos obxectivos: os tres senadores e volver a ter tres deputados no Congreso para afianzar a vitoria do PSOE e das políticas de Pedro Sánchez, que son a saída que este país precisa”. Ambos representan á perfección o obxectivo co que se contruíron estas listas, mesturando xuventude e experiencia. “Presentamos unhas listas que conxugan xuventude e  xperiencia”, asegurou o secretario xeral do PSdG-PSOE de Pontevedra, David Regades no acto desta mañá.

Amplísima é a bagaxe de Pose, deputado autonómico, senador, o que tamén foi foi secretario xeral do partido na provincia e candidato á alcaldía de Vilagarcía de Arousa en el 2011, destacaba a importancia de traballar por acadar os mellores resultados nas vindeiras Eleccións Xerais. "Non debemos esquecer o peso dunha cámara como o Senado, temos que acadar unha maioría ampla que nos permita consolidar as políticas progresistas e evitar o freo da oposición, configurando unha maioría de esquerdas con capacidade de diálogo e sensata", explicou Pose. A candidatura socialista ao Senado complétase con Margarita Adrio no segundo posto, Daniel Chenlo e Sara Juncal.

Pola súa banda Jorge María agradeceu ao partido a confianza depositada nel para integrar a lista no Congreso. "É un auténtico orgullo para min que os compañeiros confiaran en min para representalos e para defender as ideas socialistas", afirmou. Ademais de Jorge María, a candidatura ao Congreso confórmana Olga Alonso, Guillermo Meijón, Ángeles Marra, Olga Rodríguez, Diego Cuiña y María Pérez.

Obxectivos para as eleccións xerais A presentación de esta mañá contou cos integrantes de ambas candidaturas, 9 mulleres e 10 homes entre titulares e suplentes, que reflicten a diversidade da cidadanía e do territorio. David Regades defendeu o papel que estas mulleres e homes van a realizar nas Cortes Xerais, “cóbado con cóbado co goberno de Pedro Sánchez” para defender “os intereses da provincia de Pontevedra”. Unhas candidaturas que destacou por son paritarias, cun 48% de mulleres, e integradas por persoas cunha basta experiencia no mundo local como son Olga Alonso, Jorge María ou Iolanda Pérez e outras que acumulan unha ampla experiencia nas Cortes Xerais como son Modesto Pose, Guillermo Meijón ou Ángeles Marra. Xunta a elas intégranse outras que compoñen por primeira vez unha lista de carácter estatal como Sara Juncal, Olga Rodríguez ou o propio Jorge María, que se complementan con referentes do partido como Margarita Adrio ou Daniel Chenlo.



Suscríbete a Arousa TV por correo


 
Top