O Bloque Nacionalista Galego considera que a actitude do goberno municipal en canto ao uso do galego, segue a incumprir a normativa e os acordos plenarios. 

O BNG DENUNCIA A DISCRIMINACIÓN DO GALEGO POR PARTE DO GOBERNO MUNICIPAL NA PUBLICITACIÓN DO CLAS CLAS 


A organización nacionalista advirte ao goberno municipal que sempre terán ao BNG en contra, ante este tipo de discriminacións á nosa lingua. Máis aínda, considérase unha actitude hipócrita e irresponsábel por parte do goberno Socialista o feito de silenciar a lingua propia excluíndoa do cartaz dun evento internacional de música clásica, mentres se empregan a outra lingua oficial e unha lingua estranxeira. 

Este feito simplesmente dá mostra, unha vez máis, do pouco compromiso que ten este goberno cara a nosa lingua e cultura. O goberno Socialista actúa neste contexto como axente castelanizador xerando falsas crenzas en relación ao uso do noso idioma. 

Incrementando así estereotipos e prexuízos sobre a nosa lingua e relegándoa a usos máis domésticos. 
Nun momento, no que o descenso de número de falantes en galego é alarmante, non se pode permitir que unha administración pública sexa quen adopta actitudes discriminatorias no canto de traballar a prol da recuperación da nosa lingua. 

Dende o BNG vimos demandando de xeito reiterado o cumprimento da Lei de Normalización Lingüística e do Estatuto de Autonomía, así como os distintos acordos plenarios, e unha vez máis o goberno do PSOE amosa a falta de cumprimento e o pouco interese pola defensa do noso sinal de identidade fundamental, a lingua. 

Do mesmo xeito, vimos hai unhas semanas como se anunciaban os concertos do Achégate ao Salón onde non hai, outro ano máis, nin un só grupo galego nin que empregue a nosa lingua. 

Se como poder público o goberno quere garantir o uso normal e oficial e potenciar o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa (obriga recoñecida no Estatuto de Autonomía), non abonda con celebrar o día de Rosalía e das Letras Galegas, hai que deseñar un proxecto real de dinamización pero sobre todo, hai que crer na importancia da nosa lingua e no seu uso.



Suscríbete a Arousa TV por correo
 
Top