Dende a agrupación municipal do PSdeG lembran que o PP tentou ocultar o feito e que Tomás Fole chegou a cesar a Lino Mouriño como representante do Concello por preguntar por esta cuestión. 

Demandan que o PP local, “con obvias vinculacións coa dirección do Porto”, explicite se está dacordo coa xestión que se fixo da situación ou non.  

Os socialistas preguntan que opinión ten o Partido Popular local pola sanción ao Porto de Vilagarcía polos recheos contaminantes 

Nota de prensa PSOE Vilagarcía de Arousa, 12 de marzo de 2019.- 
O PSdeG-PSOE de Vilagarcía manifestouse hoxe tras a sentenza do Xuzgado do Contencioso-Administrativo No1 de Pontevedra na que se ratifica a sanción por infracción grave polo recheo con materiais tóxicos. Foi en xullo de 2014 cando o socialista Lino Mouriño, representante municipal na Autoridade Portuaria, denunciaba as verteduras. A connivencia entre o entón goberno da cidade, presidido por Tomás Fole, e a Autoridade Portuaria de Vilagarcía, presidida por Sagrario Franco, conlevou un intento por ocultar os feitos sucedidos, chegando a destituir a Lino Mouriño como representante municipal na rada dous meses despois de denunciar os vertidos.

A sentenza do día 28 de febrero pon de manifesto a nefasta xestión do Porto de Vilagarcía presidida por Sagrario Franco, que nin redactou un proxecto técnico, nin sequera tramitou o permiso medioambiental. A consecuencia foi o recheo de materiais contaminantes, tales como o asfalto, na nosa ría. Os socialistas vilagarciáns emprazan ao Partido Popular de Vilagarcía a posicionarse sobre os graves feitos sucedidos na rada e preguntan que opinión teñen ao respecto. Animan aos populares a que, xa que parecen ser tan dilixentes en sacar moitas fotografías sobre charcos e algunha bombilla que non ilumina, sería interesante saber que opinión lle merece que o Porto de Vilagarcía vertira na nosa ría 7.000 metros cúbicos, coa conseguinte grave contaminación da ría. Pola súa parte, os socialistas anuncian que se interesarán nos distintos niveis, solicitando explicacións e os expedientes oportunos tanto no Porto de Vilagarcía e no Parlamento de Galicia como interesarse pola valoración que se fai en Puertos del Estado sobre a xestión que se está a facer no Porto de Vilagarcía.



Suscríbete a Arousa TV por correo
 
Top