20h sábado en Follas Novas, Rodrigo de Mendoza 12, ArousaVilagarcía. Entrada libre

Presentación libro "Yago". Novela de Juan Ignacio Mascareñas 


Este sábado ven a visitarnos Juan Ignacio Mascareñas acompañado do ilustrador Antonio Recuna para presentar a súa novela "Yago". O autor é creador tamén de novelas tan fantásticas como "Historia de  Cron" ou "Historia de  Bélmetor".

Sinopse de "Yago": "Fermosas, xuntas: a onda e a  amura; algo máis que mero líquido que  lame o metal. E un sol avermellado de poñente, alá lonxe, pero tan preto e dentro das brisas que arroxa as súas tinguiduras rosáceas sobre a onda e a  amura.  Villagarcía e o seu mar, atardeceres con pleamar rizada en alentos de sal e bicos. Pode a pluma dun escritor arrincar a este escenario tan  idílico as mellores sabedorías nigromantes? Escoitemos precavidos o lábil  parloteo da osamenta solitaria; recoñezamos no óso, na súa tenue vibración, a voz da carne ausente".

30mar
marzo 2019
 
Top