13h sábado en Vilagarcía. 

RAMIRO CARREGAL DESCUBRE O SÁBADO A PLACA DA PRAZA QUE LEVARÁ O SEU NOME 

O Concello materializa con este acto recoñecemento ao fillo predilecto da cidade

O Concello de Vilagarcía fará efectivo este sábado o acordo plenario de darlle o nome de Ramiro Carregal Rey á praza situada fronte ao pavillón de Fexdega. O empresario vilagarciano, que xa é fillo predilecto da cidade, será o encargado de descubrir a placa situada na zona axardina a carón do río atravesa a Maroma. O alcalde, Alberto Varela, presidirá o acto oficial ao que están invitados todos os membros da Corporación Municipal, así como os representantes dos colectivos que promoveron a iniciativa. O acto terá lugar este sábado, 9 de marzo, ás 13.00 horas.

A proposta de dedicar unha rúa ou praza a Ramiro Carregal foi solicitada pola Fundación Amigos de Galicia e pola Asociación Arosa Fútbol 7, dúas das entidades coas que o propietario de Frinsa ven colaborando dende hai anos de forma altruísta, financiando e patrocinando accións e programas sociais da primeira, e a organización do torneo deportivo da segunda. O club de fútbol San Martín e o Arosa S.C., entidades cás que tamén presta apoio Carregal Rey, sumáronse posteriormente á iniciativa que foi aprobada pola Corporación Municipal no Pleno do mes de xaneiro.

09mar
marzo 2019


Suscríbete a Arousa TV por correo
 
Top