A formación presenta unha batería de alegacións para demandar máis liñas e frecuencias que cubran as necesidades de toda a veciñanza 

Aposta por reducir tarifas e por eliminar o modelo de segregación comarcal, incluíndo criterios que potencien os vínculos económicos e sociais con outros municipios da contorna, como Caldas 

VILAGARCÍA EN COMÚN RECLAMA UN PLAN DE TRANSPORTE QUE SE ADECÚE ÁS NECESIDADES DE VILAGARCÍA 


Nota de prensa Vilagarcia en Común. 1 de marzo de 2019. 
Vilagarcia en Común insta á Xunta de Galicia a deseñar un Plan de Transporte que se adecúe ás necesidades da capital arousana e que aporte solucións reais aos problemas de mobilidade que a veciñanza padece a día de hoxe. A formación ven de presentar as súas alegacións ao nomeado plan. Unhas propostas que se fundamentan na mellora da conectividade do conxunto do termo municipal, a través dun incremento de liñas e frecuencias; e na modificación do modelo de segregación comarcal actualmente proposto, que obvia os vínculos económicos e sociais existentes con otros concellos da contorna, como pode ser Caldas; así como as necesidades dunha mellor conexión con municipios de relevancia turística como O Grove, Sanxenxo ou Cambados. Vilagarcía en Común lamenta que a Xunta de Galicia non teña sabido atender as necesidades reais de Vilagarcía e da súa contorna no que a mobilidade se refire. A formación remitirá á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade unha batería de alegacións para reclamar que a administración autonómica teña en conta as eivas actuais e a evolución da demanda, impulsada por factores como o incremento de servizos no Hospital do Salnés ou polas maiores necesidades de conectividade coa estación de ferrocarril.

A formación entende que a proposta inicial do goberno galego non dá solución ao incremento de usuarios que se experimenta durante a época estival, nin serve tampouco para conectar axeitadamente Vilagarcía cos demais municipios da comarca. Ademais, o plan obvia variables relacionadas cos hábitos de consumo e o comercio, e deixa de lado as melloras tecnolóxicas, medioambientales e de accesibilidade imprescindibles para un transporte público moderno.

Co obxectivo de mellorar a conectividade dentro do termo municipal, Vilagarcía en Común aposta pola creación dunha nova liña circular Carril-Vilagarcía-Vilaxoán que pase por San Roque e que incremente o seu horario ata as 4 da madrugada de xuño a setembro e durante as festas. Tamén ve necesario que o plan galego contemple un NoiteBus para a capital arousana, e que inclúa a conexión co hospital comarcal. Ademais, a formación que encabeza Jesús López aposta por mellorar a conectividade coa estación de ferrocarril, de xeito que todas as liñas que comezan ou rematan fóra do termo municipal de Vilagarcia inclúan parada na mesma.

Vilagarcía en Común tamén anima á administración autonómica a ter en conta os horarios dos trens no deseño do novo plan de tranporte; de xeito que as novas rutas de autobús complementen as conexión ferroviarias existentes e fagan posible a mobilidade cómoda e fluída que precisa a cidadanía da comarca.

A batería de propostas presentada este venres por En Común inclúe a incorporación ao Plan de Transporte dunha nova liña que remate en Saiar e que permita comunicar o casco urbano co polígono industrial, así como co centro escolar esa zona. Ademais, aposta por impulsar a redución do prezo dos billetes mediante a incorporación de criterios socioeconómicos ao deseño das tarifas. Así como por contemplar bonificacións por utilización do transporte que se apliquen ao conxunto do espazo xeográfico, e non unicamente a unha liña en concreto.

A formación tamén chama a atención sobre o feito de que o Plan non contemple a obrigatoriedade de dotar a todas as paradas dos medios precisos para garantir a accesibilidad universal á rede de transporte público; nin tampouco a posibilidade de establecer servizos de acompañamento baixo demanda. Nese senso, anima á Xunta a realizar as revisións oportunas para que todas as persoas poidan beneficiarse destas liñas.



Suscríbete a Arousa TV por correo 


A/A CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBLILIDADE 
Dirección Xeral de Mobilidade

Gaspar González Somoza, Jesúss lópez Rodríguez e María Mosquera leal, en nome dos grupos municipais no concello de Vilagarcía de Somos Maioría e Esquerda Unida Son, e da organización Vilagarcía en Común, con domicilio a efectos de notificación en Praza de Ravella nQl Vilagarcía, mediante a presente veñen a presentar alegacións ao Plan de Transporte de Galicia Clave XG-527 Norte da Comarca do Salnés e termo municipal de Catoira

Un.- "evolución da demanda".
En canto a evolución prevista da demanda no con celia de Vilagarcia non se ten en canta nada mais que os fluxos actuáis de pasaxeiros e os datos históricos das diferentes rutas, dando como resultado o seguinte cadro

(ver foto portada)

No que ten a ver co noso concello, Vilagarcía de Arousa, non se ten en canta situación que deberán alterar a demanda actual, cun incremento por motivos como a creación da parada de ferrocarril en Vilagarcía directa cara a meseta, o incremento de servizos do Hospital Comarcal, e o incremento da oferta comercial que atrae a cidadanía do conxunto da comarca, incrementada de forma considerable nos últimos meses, Asi no é Compresible que se esperen demandas positivas unicamente cara Cambado, Ribadumia, Sanxenxo e Valga, esquecendo ademais as conexións con Vilanova.

O proxecto non contempla o incremento exponencial de posibles usuarios no período estival establecendo unha situación única durante o ano que non é real. 

Neste sentido compre incrementar a expectativa de necesidade da conexión entre Vilagarcía e o resto de concellos da comarca.

Dous.- "Viabilidade Ambiental"
Compre articular no plan, mais alo das boas palabras a necesidade de obrigar a utilización
de medios de transporte públicos por estrada, que utilicen combustibles non fósiles e a
promoción do vehículo eléctrico tamén neste sector, establecendo prazos e cantidades.

Tres.- "Tarifas"
Debe modificarse o cadro de tarifas, xa que nalgúns aso establece incrementos superiores
ao 65%, ademais os bonos mensuais e de 20 viaxes son insuficientes.
Debe modificarse o prezo mínimos deses bonos, xa que cos prezos mínimos que se
establecen non se cumpren os criterios de aforro que se pretenden para os usuarios
Debe establecerse un bono de carácter social que permita reducir o prezo as persoas con
dificultades económicas, establecéndose un criterio que teña en conta o salario mínimo
como referencia
Deben introducirse novos bonos, Bonos 10, Bonos Fin de Semana, que permitan acceder a
descontos cando se utiliza de forma habitual o transporte pero no de forma diaria. Por
exemplo as persoas que dende o resto da comarca acuden ao hospital comarcal como os
dous mercados semanais de Vilagarcía.

Catro.- "sistemas tecnolóxicos requiridos"
o documento non garante a implantación de mecanismo de compra on-line de billetes,
bonos ou a realización de reservas baixo demanda que contempla o proxecto.

Cinco; "Nova Ruta Hospital Comarcal-Vilagarcía-Hospital Comarcal"
o plan esquece unha ruta fundamental que conecte Vilagarcía co Hospital comarcal, con
frecuencia diaria e con carácter circular os días laborables. A ruta debe incluír paradas en
Estación de Autobuses, estación de tren, Vilagarcía /avd da Mariña, San Roque, Rubiáns e
Hospital Comarcal.

Seis; "Nova Ruta Circular Carril-Vilagarcía-San Roque -Vilaxoán"
Debe establecerse unha ruta circular que conecte o casco urb-án de Vilagarcía con Carril e
Vilaxoan, esta ruta debe conter paradas intermedias en "o 25", San Xosé, San Roque,
Centro de Saúde de Vilagarcía, Fexdega, O Piñeiriño e Sobradelo .
Esta ruta debe establecerse de forma diaria e circular, reducindo a periodicidade durante
os domingos e festivos. Por último esta ruta debe servir en período estival para establecer
un itinerario nocturno seguro, polo que propoñemos se estudie a viabilidade de manter a
ruta ata as 04:00 horas, incrementar esta horario durante as celebracións festivas como
san Roque e Santa Rita.

Sete; "Nova Ruta Cea, Castroagudín, polígono do Pousadoiro "
Debido a incomprensible segmentación do plan, que divide a comarca do Salnés sen ter en
conta as sinerxias sociais e económicas existentes entre as diferentes vilas e parroquias
da comarca, esquecese da necesaria coordinación coas liñas que unen Vilagarcía con
Caldas de Reis e Cuntis, que na actualidade dan servizo aos lugares de Cea, O Vento e
Castroagudín, sería necesario estudiar a posibilidade de establecer una liña entre
Vilagarcía e o Polígono do Pousadoiro, onde traballan centos de cidadáns, que remate na
parroquia de Saiar, ademais das rutas que unes Vilagarcía con Caldas de Reis e Cuntis das
que deberíase incrementar as frecuencias.

Oito ,"Intermodalidade Estación de ferrocarril e estación de Autobuses de Vilagarcía de
Arousa" .
As liñas XG62701 A Toxa-Vilagarcía, XG62703 A IlIa- Vilagarcía que teñen parada na
estación de Autobuses,
e as liñas XG62721 Pontecesures-Vilagacía A Marina, XG62722 Pontecesures- Vilagarcía A
Marina, XG62723 Coaxe-Vilagarcia A Marina, XG62725 Busto Vilagarcía A Marina,
XG62724 Busto-Vilagarcía A Marina, XG62726 Pontecesures-Vilagarcía A Marina, XG62727
Dimo-Vilagarcía a Marina, XG62728 Dimo-Vilagarcía A Mariña.
Deben coordinar os seus horarios, cos horarios de trens que poden servir de enlace para
comunicar a comarca coas cidades do eixo Atlántico, sobre todos nos horarios onde non
existen rexionais que paran en Cesures e Catoira.
Ademais as liñas anteriores deben planificar unha parada no entorno da Estación de Tren
que hoxe non está contemplada.

Nove. "modificación do horario da ruta XG62711 Carril O Rial"
Esta ruta establece un horario imposible de realizar, de 10 minutos para cubrir o conxunto
da ruta, que transcorre polo vial de mais tráfico e conxestión do termino municipal de
Vilagarcía, sería necesario estudar a posibilidade de converter esta ruta nunha ruta de
carácter circular con varios convois ao mesmo tempo, e con información de tempos
chegada en cada unha das paradas da mesma.

Déz . "modificación da ruta XG62703 e XG62702 en temporada Estival"
En período estival debe terse en conta a mobilidade as praias introducindo en todas as
rutas a parada das Sinas e o Terrón e incrementándose os horarios nos meses de Xuño a
Setembro ambos incluídos.

Once.-"modificación da ruta XG62716 Vilagarcía- Trabanca
Debe eliminarse a parada Golpelleira, para introducir a parada no cruce O Porto A Bouza,
e renomear a parada A Torre por A Torre Prz. San Miguel.

Doce. "accesibilidade".
O Proxecto non contempla a obrigatoriedade legal de dotar a tódalas paradas e medios
utilizados no plan de accesibilidade universal, polo que compre revisar a situación dos
medios utilizados e das paradas correspondente para garantir a accesibilidade as persoas
con diversidade. Nin a necesidade de establecer en determinadas rutas, baixo demanda, a
posibilidade de acompañamento e axuda.

Trece. "Conexión concellos Outras Claves. Vigo, O Grave, Sanxenxo, Cambados"
A irracional decisión de segregación da comarca, impide contemplar con claridade as rutas
paradas e frecuencias con outros concellos de vital importancia para Vilagarcia, compre
mellorar as seguinte conexións e rutas con mais Horarios e coberturas

• Vilagarcía - O Grove
• Vilagarcía - Cambados
• Vilagarcía - Sanxenxo

A disgregación do plan, impide contemplar como se articulan as paradas en Vilagarcía de
rutas, absolutamente imprescindibles como as Santiago- O Grove que permite paradas
intermedias na comarca.

Catorce. "Bonificación por uso de transporte no espazo e zona xeográfica"
Propoñemos que se contemple a necesidad e de articular os bonos 10, 20 e mensuais ,
para o conxunto do entorno xeográfico, sen necesidade de que estes bonos por utilización
se restrinxan a utilización dunha liña ou ruta concreta.

Vilagarcía a 26 de Febreiro de 2019
 
Top