López, "o turismo é a gran asignatura pendiente deste concello e estamos decididos a corrixilo 

En Común visita os moliños de Bamio coa veciñanza e asociacións da zona

Nota de prensa. Vilagarcía, 2 de marzo de 2019 
Vilagarcía en Común anuncia a súa primeira medida de campaña: rehabilitar os moliños de Bamio. A ruta, que comprende ao redor de dez moliños históricos, está totalmente abandoada e chea de maleza. O espazo liderado por Suso López aposta por esta medida para dinamizar turísticamente esta parroquia da vila, poñendo asimesmo en valor o noso patrimonio.

En palabras de López, "o turismo é a gran asignatura pendiente deste concello e estamos decididos a corrixilo. Os petróglifos, castros, cascos históricos e recursos naturais deben ser bandeira de Vilagarcía. Non só queremos dinamizar senon desestazionalizar, facendo que visitantes da contorna veñan con frecuencia a ver o noso rural e non só o noso centro urbano. Os moliños de Bamio son o claro exemplo do desleixo de PP e PSOE no que ten que ver co noso patrimonio, a nosa historia e o turismo na nosa cidade. Estamos a traballar coa veciñanza para enfocar este plan de recuperación da zona para que encaixe con todo o traballo que xa levan van feito tantos años sen resposta polos gobernos municipais de populares e socialistas."

A formación percorreu toda a ruta acompañados por veciñas e veciños, atendendo a outras peticións coma a rehabilitacións de instalacións deportivas e culturais.




Suscríbete a Arousa TV por correo

 
Top