en Vilagarcía. Participación libre

Concurso de Contos e Concurso de Ilustración de Fantasía en Galego: Seres Máxicos de Galicia e onde atopalos

Tras o exito da experiencia do ano pasado co Concurso de Contos de Fantasía en Galego, Curtas Fest convoca unha nova edición deste certame literario, engadindo ademais a categoría de ilustración, que nesta ocasión levará por título “Seres máxicos de Galicia e onde atopalos” e estará adicadas ás criaturas que habitaron o noso maxín popular non fai tanto tempo. Así nesta ocasión os protagonistas serán as Mouras, Urcos, Serpes, Cocas, Nubeiros, Ondiñas, Demos, Xacias, Tardos, Meigas e tantas outras criaturas que forman parte esencial do folclore galego.

Os contos deberán ser inéditos, escritos en galego, ambientados en Galicia, valorandose a inclusión da Comarca do Salnés e de Vilagarcía de Arousa, e deberá aparecer algunha dos seres máxicos do noso folclore. Presentaranse en formato .DOC por correo electrónico a contos@curtas.org. A extensión máxima será de 5.000 palabras e a mínima de 2.000 palabras, cun tamaño de letra 12, e sen interliñado especial. O prazo para presentar os contos rematará o 10 de Xuño de 2019.

As ilustracións deberán ser orixinais e deberán representar unha escea na que apareza algunha das criaturas pertencentes a mitoloxía e lendas galegas. Baseándose nos contos da tradición oral e escrita, o autor deseñará e amosará a súa visión de coma coida él poderían ser estes seres mitolóxicos.  Valorarase a inclusión de elementos representativos de Vilagarcía de Arousa. As imaxes presentaranse en calqueira formato de mapa de bits, preferiblemente JPG; Resolución mínima de 2000px polo lado máis curto a 300ppp; Modo de cor: RGB. O prazo para presentar as ilustracións rematará o 15 de Xuño de 2019.

BASES CONCURSO DE CONTOS 
http://curtas.org/festival/contos/
  1. Poderá concursar, de forma totalmente gratuita, calquera persoa residente en Galicia, coa excepción dos membros do xurado así coma dos encargados da xestión dos relatos. Tan só se poderá presentar un conto por autor.
  2. A participación neste concurso supón a plena aceptación destas bases. O incumprimiento de ditas bases conleva a descalificación do mesmo.
  3. A listaxe dos contos inscritos publicarase na páxina web do Festival (www.curtas.org).
  4. Os 10 contos seleccionados editaranse nun volumen recopilatorio, sempre sen ánimo de lucro, e acompañados do nome do autor.
  5. A presentación do libro terá lugar durante a 47 edición do Curtas Fest que se celebrará en Vilagarcía de Arousa do 25 de outubro ao 3 de novembro de 2019. Os autores dos contos seleccionados recibirán cinco exemplares do libro.
  6. O Xurado estará composto polos escritores Maite Mosconi, Tomás Rivera e Ramiro Torres.
  7. Os gañadores daranse a coñecer o día 24 de xuño na web do Festival, así como a través das redes sociais da mesma. Informaráse aos participantes a través do enderezo electrónico facilitado na inscripción.
  8. O prazo de entrega de contos finalizará o día 10 de Xuño de 2019.
  9. Os contos enviaránse ao enderezo-e contos@curtas.org.
  10. Os contos que nos cumplan as condicións indicadas serán excluidos do concurso.
BASES CONCURSO DE ILUSTRACIÓN 

  1. O concurso está aberto a todo o mundo, de nacionalidade española ou extranxeira, e de todas as idades. Os menores de 18 anos que queiran participar deberán presentar unha autorización do seu pai/nai ou titor legal para inscribirse e recibir o premio, no caso de que resulten premiados.
  2. As ilustracións presentadas a concurso deberán representar unha escea na que apareza algunha das criaturas pertencentes a mitoloxía e lendas galegas, tales coma lobishomes, mouras, biosbardos ou curuxas, por nomear algunhas delas. Baseándose nos contos da tradición oral e escrita, o autor deseñará e amosará a súa visión de coma coida él poderían ser estes seres mitolóxicos. Valorarase a inclusión de elementos representativos de Vilagarcía de Arousa.
  3. A participación neste concurso supón a plena aceptación destas bases. O incumprimiento de ditas bases conleva a descalificación do mesmo.
  4. Cada participante poderá presentar a concurso ata tres ilustracións individuáis.
  5. O concursante garantiza que é o autor da ilustración presentada a concurso e que ninguén pode reclamar dereito algún sobre a mesma.
  6. A técnica empregada é libre, poidendo ser en cor ou branco e negro, e estar realizada a man (lápiz, acuarela, acrílico, etc) ou en formato dixital, mediante calqueira tipo de dispositivo e software. No caso de ser obra feita a man, esta deberá ser dixitalizada para a súa presentación a concurso coas mesmas especificacións das obras realizadas directamente en dixital, e que se detallan a continuación:
    • Imaxe en calqueira formato de mapa de bits, preferiblemente JPG.
    • Resolución mínima de 2000px polo lado máis curto a 300ppp
    • Modo de cor: RGB
  7. Calqueira dúbida respecto a estas especificacións poderá consultarse por correo electrónico enviando un mail o enderezo-e: ilustracion@curtas.org ou a través das redes sociáis do Curtas Fest.
  8. A inscripción e o envío das ilustracións realizarase únicamente por correo electrónico: ilustracion@curtas.org. Indicando no asunto “CONCURSO ILUSTRACIÓN e incluindo no corpo do correo o nome do participante e un teléfono de contacto. Tamén deberá incluirse os seguintes datos da obra:
    • Título da obra
    • Técnica empregada (lápiz, acuarela, acrílico, dixital, software empregado, etc). No caso das obras non dixitáis, deberá indicarse o soporte (papel, lenzo, etc) e tamaño en cm. 
    • Nome/s da/s criatura/s elexida/s (pode haber máis de unha na escena representada na ilustración)
    • (Opcional) Texto descriptivo do contido representado na obra (en galego, 80 palabras máximo). 
    • Os menores de 18 anos deberán adxuntar tamén unha autorización do seu pai/nai ou titor legal, coma se indica nas Condicións.
  9.  A medida de que se vaian recibindo as ilustracións, iránse admitindo aquelas que cumpran cos requisitos. A organización poderá rexeitar aquelas que non as cumpran, ou as que polo seu contido atenten contra os dereitos fundamentáis ou incluan material ilícito.
  10. O prazo para presentar obras a concurso rematará o 10 de xuño de 2019. Os gañadores daránse a coñecer o 24 de xuño de 2019 .
  11. O xurado estará formado por un representante da Asociación Cultural Curtas e dous ilustradores de recoñecido prestixio. A composición do xurado faráse pública á vez que o fallo definitivo.
  12. Valoraráse a calidade artística e técnica da ilustración, así como a orixinalidade á hora de trasladar o concepto á imaxe, tendo en conta en especial a interpretación persoal da criatura elexida e a súa representación.
  13. A decisión do xurado será inapelábel, mesmo no caso de que os premios sexan declarados desertos por non acadar un mínimo de aportacións ou se a calidade das mesmas é moi baixa, a criterio do propio xurado.
  14. As obras seleccionadas incluiránse xunto aos relatos gañadores e finalistas do concursos de Contos nun volumen recopilatorio, sempre sen ánimo de lucro, e acompañadas do nome do autor.
  15. Establécese un total de 10 premios, de entre os cales elixiráse un primeiro premio. A obra galardoada co primeiro premio ilustrará a cuberta do libro “Seres máxicos de Galicia e onde atopalos”. As outras 9 ilustracións premiadas incluiránse no interior. Cada autor recibirá cinco exemplares do volume.
  16. Todas as ilustracións gañadoras formarán parte da exposición do mesmo nome que  que terá lugar durante as datas nas que se celebra o Curtas Fest 2019.
  17. Os gañadores dan o seu consentemento para que o seu nome apareza nos materiáis informativos e promocionáis, sexan estes impresos ou dixitales, da organización do concurso.
  18. A presentación do volume recopilatorio terá lugar durante a 47 edición do Curtas Fest que se celebrará en Vilagarcía de Arousa do 25 de outubro ao 3 de novembro de 2019.
  19. Co fin de poder levar a cabo cantas accións promocionais e de difusión considere precisas a organización, todos os participantes cederán á mesma, de xeito exclusivo e con carácter gratuito, os dereito de comunicación pública, reproducción e difusión das ilustracións presentadas a concurso. A cesión destes dereitos quedará circunscrita a accións divulgativas e de información das actividades do Curtas Fest.
  20. As obras que nos cumplan as condicións indicadas serán excluidas do concurso.
  21. A Organización reservase o dereito a establecer o seu criterio ante calquera dúbida ou omisión que puidese surxir na interpretación e redacción destas bases. Así como a publicar as obras tanto online como offline sen consentimento expreso do autor para a promoción do concurso ou o certame.
  22. A presentación das obras a concurso implica a total aceptación das bases deste certame. 
abril, mayo, junio 2019



Suscríbete a Arousa TV por correo
 
Top