España gana a Irlanda na Ronda Élite Sub-19 Femenina e consigue a clasificación para a fase final da Eurocopa en Escocia, donde defenderá o título. 

España vence a Irlanda no Vero Boquete (0-3) e clasifícase para a Euro de Escocia

Martes 9 abr, 18:30
Estadio Verónica Boquete San Lázaro de Santiago

IRLANDA - ESPAÑA

Claudia Pina volveu a ser decisiva con dous goles que encarrilaron o partido. 

A selección española defenderá o título na Eurocopa Sub-19 feminina que este verán se vai a disputar en Escocia. Galicia deulle sorte ó combinado dirixido por Pedro López, que na xornada decisiva precisaba canto menos o empate ante Irlanda, e acadou unha clara vitoria no Vero Boquete de San Lázaro. E de novo coa xogadora do Barça Claudia Pina como gran protagonista, pois ela foi a autora dos dous primeiros goles que puxeron o encontro moi a favor de España.

As de Pedro López sairon coa lección moi clara, dispostas desde o primeiro momento a xogar en campo contrario e a gañar o partido, sen caer na especulación. España apoderouse da pelota e pronto comezou a crear perigo. Logo duns achegamentos sen consecuencias, no minuto 19 chegou a primeira gran ocasión. Fantástica combinación entre Candela Andújar e Tere Abelleira, a galega debuxou un pase maxistral en vaselina e Andújar estrelou o balón no longueiro. A mesma xogadora puido marcar catro minutos despois pero atopou unha boa resposta da porteira irlandesa.

E chegando á media hora apareceu a goleadora. Chegou o momento de Claudia Pina. No 26 abriu o marcador de cabeza rematando un centro desde a dereita de Oihane e no 29 aproveitou un pase de Eva Navarro para marcar ó segundo intento.

E a pouco de arrancar a segunda parte chegou a sentenza. Centro desde a dereita e gol en propia porta de Slattery nun grave erro no despexe.

A partir de aí o partido decaeu en ritmo e continuidade no xogo. España sabíase gañadora e clasificada mentres Irlanda era consciente de que xa non tiña nada que facer. Os minutos foron pasando e o partido rematou con ese 0-3 que sitúa a España na fase final da Eurocopa.

  • Irlanda: Rachael Kelly (Erica Turner, min. 73), Rachel Baynes (Aoife Slattery, min. 35), Roisin McGovern, Sadhbh Doyle, Lucia Lobato, Tiegan Ruddy (Leah Brady, min. 74), Chloe Singleton (Sinead Donovan, min. 66), Megan Mackey, Alannah McEvoy, Kelly Brady (Niamh Reynolds, min. 66) e Heather Payne.
  • España: Cata Coll, Oihane Hernández (Rosa Otermin, min. 83), Berta Pujadas, Laia Aleixandri, Itziar Pinillos (Olga Carmona, min. 66), Anna Torrodá (Nerea Eizaguirre, min. 60), Teresa Abelleira (Silvia Rubio, min. 74), Rosa Márquez, Eva Navarro, Claudia Pina (Carla, min. 74)e Candela Andújar.
  • Goles: 0-1 Claudia Pina (min. 26); 0-2 Claudia Pina (min. 29): 0-3 Slattery, en p.p. (min. 47).
  • Árbitra: Tess Olofsson (SWE), asistida por Camilla Stendhal (SWE) e Veronica Vettorel (ITA), con Graziella Pirriatore de cuarta árbitra. Cartón amarelo para Laia Aleixandri.
  • Campo: Estado Municipal Verónica Boquete de San Lázaro. 820 espectadores.

Martes 09 abril, 18:3
Estadio Municipal A Lomba de Vilagarcía

SERBIA – HUNGRÍA

Serbia e Hungría (1-1) despídense da Ronda Élite cun empate na Lomba.  

Nin Serbia nin Hungría tiñan opcións de clasificación na última xornada pero as dúas querían acabar con bo sabor de boca e despedirse de Galicia cun bo resultado. Sumaron o único punto da competición ó empatar 1-1 en Vilagarcía. Serbia adiantaouse na primeira metade e Hungría igualou na recta final do encontro e incluso tivo opcións de remontar, pero o marcador non se moveu desde 1-1.
  • Serbia: Cetinja, Krstic, Miladinovic, Mostarac, Plavsic, Savanovic (Ćirić, min. 94), Bulatovic, Frajtovic (Batinić, min. 68), Ilic (Petrović, min. 60), Zivkovic e Colic.
  • Hungría: Terestyenyi, Jánosi, Laura Kovács, Pulins. André (Vári, min. 75), Farkas (Csolti, min. 66), Nagy, Vachter (Ádám, min. 66), Bódal, Pintye (Pusztai, min. 46) e Györik.
  • Goles: 1-0 Bulatovic (min. 30); 1-1 Pusztai (min. 83).
  • Árbitra: Romanyuk (UKR), asistida por Grushko (UKR) e Fernández (ESP), con Elena Casal como cuarta árbitra. Cartóns amarelos para as serbias Mostarac e Petrović e a húngara Pulins.
  • Campo: Estadio Municipal A Lomba de Vilagarcía. 110 espectadores. 

Sábado 6 abril, 18:30
Estadio Verónica Boquete San Lázaro de Santiago

ESPAÑA – HUNGRÍA 

España goleou a Hungría (7-0) e suma 6 puntos, os mesmos que Irlanda 

Españolas e irlandesas xogarán o partido definitivo o martes no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, ás 18:30 horas  

A selección española cumpriu con creces ante Hungría e gracias á súa contundente vitoria por 7-0 xogarase a clasificación para a fase final do Campionato de Europa ante Irlanda, o vindeiro martes no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. Un partido que dará comezo ás 18:30 horas e no que as xogadoras españolas confían en contar co apoio da afección galega, que hoxe xa ofreceu un importante respaldo cun millar de persoas en San Lázaro. A goleada por 7-0 permítelle a España afrontar ese encontro decisivo coa vantaxe de servirlle tamén o empate. 

España saiu a tope e en só quince minutos xa tiña o partido sentenciado. Un golazo de Silvia Rubio abriu o marcador e a mesma xogadora ampliou a renta pouco despois cando só ían nove minutos de partido. Pero é que no 11 chegou un penalti sobre Rosa Márquez que transformou Claudia Pina. A dianteira do Barça fixo o cuarto tanto ó cuarto de hora. 4-0 con 75 minutos aínda por xogar. 

España baixou un pouco o ritmo no último cuarto de hora da primeira parte, pero volveu a apretar na segunda. Claudia Pina asinou o terceiro na súa conta particular, pero as ocasións sucedíanse unha tras outra. Pina estaba na súa salsa e fixo un gol máis para un 6-0 que igualaba a diferenza goladora con Irlanda. Facía falta un gol máis para que a España lle valese o empate ante as irlandesas. E fíxose esperar pero chegou. No 87 Olga Carmona aproveitou un gran pase de Pina para marcar o sétimo, un gol que permite afrontar esa auténtica final do martes con unha importante vantaxe sobre Irlanda. 

  •  España: María Echezarreta, Nevado Gómez (Eva Navarro, min. 57), Laia Alexandri, Laia Codina, Itziar Pinillos (Oihane Hernández, min. 69), Silvia Rubio (Carla Bautista, min. 69), Athenea del Castillo (Olga Carmona, min. 80), Teresa Abelleira (Nerea Eizaguirre, min. 57), Rosa Márquez, Candela Andújar e Claudia Pina.
  • Hungría: Terestyényi, André, Laura Kovacs, Jánosi, Györik, Pulins (Bodai, min. 83), Eszter Kovács (Szabo, min. 83), Pusztai, Adám (Vachter, min. 46), Csolti (Pintye, min. 94) e Farkas (Dorner, min. 67).
  • Goles: 1-0 Silvia Rubio (min. 5); 2-0 Silvia Rubio (min. 9); 3-0 Claudia Pina, pen. (min. 12); 4-0 Claudia Pina (min. 16); 5-0 Claudia Pina (min. 64); 6-0 Claudia Pina (min. 68); 7-0 Olga Carmona (min. 87).
  • Arbitra: Tess Olofsson (SWE), asistida por Camilla Stendahl (SWE) e Svitlana Grushko (UKR), con Anastasia Romanyuk (UKR) de cuarta árbitra. Cartón amarelo á xogadora española Silvia Rubio.
  • Campo: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. 1.076 espectadores. 


Mércores 3 abril, 13h
Estadio Municipal A Lomba de Vilagarcía

HUNGRÍA - IRLANDA 

Unha Irlanda moi efectiva acada a vitoria no partido inaugural da Ronda Élite.

A selección irlandesa fíxose coa vitoria no partido inaugural da Ronda Élite Sub-19 Feminina disputado no campo A Lomba de Vilagarcía. Irlanda foi máis efectiva que Hungría para acabar goleando por 0-4.

Heather Payne foi a protagonista do partido con dous goles e sendo a xogadora máis desequilibrante.

Hungría demostrou bo toque de balón, pero Irlanda é unha selección máis competitiva e con máis gol. No minuto 29 Payne foi derribada dentro da área e a propia dianteira británica foi a encargada de materializar a pena máxima. E no 36 chegou o segundo gol irlandés nunha acción desafortunada de Kovacs, que marcou en propia porta.

Con 0-2 chegouse ó descanso e na segunda metade repetiuse a historia, con dous tantos máis de Irlanda, que tivo o partido controlado en todo momento.

Irlanda repetirá o sábado no estadio vilagarcián pero contra Serbia, mentres Hungría xogará en Santiago contra España.  
  • Hungría: Terestyenyi, Laura Kovács, Pulins, André (Bodai, min. 46), Farkas (Pintye, min. 53), Nagy, Vachter (Dorner, min. 64), Eszter Kovács, Váradi, Pusztai e Györik.
  • Irlanda: Kelly, Baynes (Slattery, min. 59), McGovern, Doyle, O'Driscoll (Brady, min. 59), Ruddy (McManus, min. 78), McEvoy (Singleton, min. 78), Mackey, Payne, Lobato e Reynolds.
  • Goles: 0-1 Payne, pen. (min. 29); 0-2 Kovács, en p.p. (min. 36); 0-3 Payne (min. 67); 0-4 McManus (min. 84).
  • Arbitras: Graziella Pirriatore (ITA), con Veronica Vettorel (ITA), Eliana Fernández (ESP) e Elena Casal (ESP). Cartón amarelo para a xogadora húngara Nagy.
  • Estadio: Municipal A Lomba de Vilagarcía. 200 espectadores.






Suscríbete a Arousa TV por correo

 
Top