No pleno aprobouse o orzamento municipal para o 2020 que ascende a 4.115.641,14€


O Concello de Ribadumia aproba un orzamento para 2020 cun incremento de máis do 27% en partidas sociais


O Concello de Ribadumia informa que, na sesión plenaria do día de onte celebrada a porta pechada para garantir as medidas de seguridade fronte ó COVID19 e retransmitida por primeira vez en directo a través da rede social Facebook para achegar a mesma ós veciños, se aprobou o orzamento municipal para o 2020 que ascende a 4.115.641,14€. O documento aprobado céntrase en 3 pilares básicos:  Procura da eficiencia e eficacia na xestión, sendo o reflexo máis fiel posible da realidade de ingresos e gastos municipais, sen “aspaventos” políticos.  Control do gasto público => Menor gasto corrente e mantemento do gasto en persoal (a suba de algo máis de 44.000€ (+3%) coincide exactamente coa aplicación da suba do 2,3% establecida legalmente para este ano + 9.000€ que se inclúen para, se procede, a aprobación da nova RPT.  Presupostos “SOCIAIS”=> Desde o ano 2015, a partida destinada a Servizos Sociais foise incrementando porcentualmente entre un 3,58% (2018) e un 10,80% (2017), pasando este ano 2020 a un incremento do 27,62% (95.786,07€), superándose con moito por 1ª vez na historia dos orzamentos de Ribadumia os 400.000€ na partida desta área, algo máis de 442.000€. As partidas que sofren un maior incremento, chegando a un 27%, son as destinadas ó gasto para paliar os efectos do COVID19, estando aquí os servizos sociais e as medidas de promoción económica. O orzamento municipal recolle tamén os investimentos previstos para este ano 2020 onde destacan as melloras de infraestruturas con mellora de viais e alumeado público, pero estando moi presentes tamén as inversións en dotacións para as instalacións deportivas. Sendo así os datos os que seguen: MELLORA INFRAESTRUTURAS => +430.000€ en mellora de viais e recollida de pluviais en TODAS as parroquias e mellora de abastecemento e alumeado público. EFICIENCIA ENERXÉTICA => case 200.000€ para mellora iluminacións en pavillóns de Barrantes e Ribadumia e dos campos de fútbol da Bouza e da Senra e climatización en Casa de Cultura de Ribadumia e ximnasio municipal, así como para a mellora das instalacións eléctricas. INSTALACIÓNS DEPORTIVAS: fundamentalmente subministracións para campos de fútbol da Bouza e da Senra, coma para os ximnasios municipais.

 
Top