20h sábado en Vilagarcía. Entrada libre 




POESÍA Mesa das Verbas 

CII Mesa das Verbas, poesía na rúa, dentro das actividades do Concello para o mes de agosto, prevendo tomar  as medidas oportunas para celebrar o acto coas garantías esixidas pola nova normalidade.

Aínda que o acto comezará ás 20:00 h. recomendamos achegarnos ás sete e media da tarde.

Adoptaranse as seguintes medidas de seguridade:

-Aforo limitado entre 100 ou 120  persoas como máximo, sentadas na súa correspondente silla, con mascarillas postas e gardando as distancias de seguridade. Seguiremos as indicacións do Concello neste tema, como en todos os que afecten á seguridade.
-O recinto estará perimetrado e vallado con vallas e cinta.
-Haberá un único lugar para entrar. Na entrada dous voluntarios verquerán hidroxel nas máns dos asistentes. Despois de recibir o hidroxel, as persoas que o desexen poderán coller un exemplar de ANACO 3.
-No micro cubrirase poñendo unha bolsa por cada participante no recital poético e verbal.
-Os músicos estarán no seu palco debidamente distanciados do público e das persoas que reciten, que o farán nunha pequena tarima debidamente separada e sinalada.

O Concello como patrocinador e a Mesa das Verbas como organizador velarán polo cumprimento das normas de seguridade. Coa colaboración de todos, todo sairá ben.

Gozaremos desta CII Mesa co seguinte programa:

- Acollida, saúdos, avisos. E palabras por parte do representante municipal. (máximo 10')
- Primeiro pase musical dos Terribles de Arousa
- Recital poético e verbal
- Segundo pase final dos Terribles de Arousa

O acto conta co seguro do Concello por actividade do mes de agosto, e a Asociación Cultural Mesa das Verbas conta cunha póliza de seguro de responsabilidade civil.

Na confección dos carteis por parte do Concello, a pesares de térselle indicado, dase por sentado que se cumprirán as normas de seguridade, que son de público coñecemento. Por megafonía insistirase no seu cumprimento.

Agardando poder gozar do acto coa presenza de todos vós, recibide unha forte aperta virtual.

Atte.- Germán Manuel Torres de Aboal - Presidente da Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa

🎭 escena, 🎵 música, 💬 acto, 01ago. 1ago. agosto 2020 San Roque Guía de Arousa 

 
Top