Compartir:
0
5 ENCONTRO MOSTRA ASOCIATIVA XUVENIL -- I FORO EMPRENDE, celebrado en Vilagarcía de Arousa del 29 al 30 de Octubre de 2011


NOTA PRENSA:

O Auditorio de Vilagarcía acollerá os días 28, 29 e 30 de outubro o quinto encontro asociativo xuvenil EMAX, que reunirá na vila arousán a membros de asociacións de Galicia e do norte de Portugal.  Os mozos e mozas representantes das entidades xuvenís terán a oportunidade de mostrar o seu traballo asociativo, así como intercambiar experiencias e ideas.

O EMAX celébrase dende hai cinco anos alternando cidades galegas e portuguesas –en 2010 celebrouse en Chaves- e está concibido como unha gran feira de oportunidades para a mocidade. Está organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e polo Instituto Portugués da Juventude. Conta co financiamento da Unión Europea a través do proxecto xuvenil Emprende do programa de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal.

Para o director xeral de Xuventude o obxectivo principal desta mostra é o de “expoñer á mocidade e á cidadanía en xeral o enorme potencial e a forza que teñen as asociacións xuvenís, así como demostrar que a través da participación e do asociacionismo os mozos e mozas poden conseguir levar a cabo proxectos moi interesantes de emprendedurismo”.

O EMAX está dirixido de maneira principal a membros de asociacións ou grupos informais que teñan levado a cabo proxectos en común, ou que estean pensando en desenvolver accións de emprendedurismo. Sen embargo, este evento tamén está aberto á participación de mozos e mozas en xeral, que teñan entre 18 e 30 anos. As inscricións, gratuítas pero imprescindibles, realizaranse a través da plataforma web www.xuventude.net.

Para facilitar o desprazamento a Vilagarcía, os organizadores porán a disposición dos inscritos unha rede de autocares que percorrerán todas as comarcas de Galicia. Os participantes contarán dende a noite do venres ata o mediodía do domingo con aloxamento e mantenza en diferentes hostais e residencias xuvenís da cidade.

Os asistentes terán a oportunidade de participar en distintos tipos de actividades estruturadas por áreas: Área Emprende, Área Asocia e Área Informa + Inicia. Nestes espazos, os mozos e mozas participarán en mesas de asesoramento emprendedor e de asociacionismo, así como tamén se celebrarán diversos seminarios de traballo en torno ao asociacionismo ou de habilidades e iniciativas.

O EMAX porá a disposición de cada entidade xuvenil participante dispón un espazo para a  exposición de ideas, actividades e proxectos, con zona de stands das diferentes entidades e colectivos participantes. Tamén haberá un espazo multimedia para a exposición dos traballos de creación e divulgación realizados por mozos e mozas.

No exterior desenvolveranse actividades de ocio alternativo para os mozos e mozas con actividades de multiaventura, rotas en galeón e dorna pola ría, talleres de graffiti ou actuacións musicais, teatrais, de monólogos e de maxia.
Podes consultar toda a información dispoñible no programa ou en www.xuventude.net 

Publicar un comentario Disqus

 
Top