Compartir:


Presentación do libro "Matriarcas" que recolle as biografías de dez mulleres galegas, que coas súas vivenzas destripan o matriarcado que sostiña a sociedade galega de posguerra.

O evento, conducido polo xornalista Fernando Salgado, contou coa presenza dunha das protagonistas: a coñecida xornalista Tareixa Navaxa; coa edil Elena Suárez, o alcalde Tomas Fole e coa autora do libro, a xornalista vilagarciá Montse Fajardo.

Comprar "Matriarcas" online

O libro consta de dez capitulos, protagonizados por Gloria Lijó Cacharrón (mariñeira de altura de Ribeira), Amalia Limeres (un dos seus irmás foi asasinado polos franquistas, outro morreu na guerra e os seus pais estiveron detidos no cárcere franquista por ter un fillo desertor), Pilar Osorio (ex edil de Lugo), Waldina Pereira (dona do kiosco carrilexo), Delia Núñez (parteira centenaria de Moraña), e Dona Maruja (ex profesora en distintas aldeas de Ourense e no colexio do Carril), Luz Durán (episodio adicado aos enfermos de alzheimer e os seus coidadores), Rosario Rodríguez (peixeira de Vilaxoán e unha das nais que abanderaron a loita contra o narcotráfico en Arousa), Tareixa Navaza (xornalista, conductora, entre otros, do xenreiro programa "Panorama de Galicia", foi nomeada muller do ano polo Consello da Cultura Galega) e Carmen Meaños (filla dun represalido carrilexo, asasinado en 1937 no Carril)

As fotografías que ilustran o libro son obra de José Luiz Oubiña e Emilio Iniesta. O diseño e de Carlos Crespo.

¿Donde lo encuentro?
 
Top