Compartir:
0
CULTURA ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CERTAME DE COMPARSAS DO ENTROIDO

Poderán participar ata un máximo de dez agrupacións cada unha das cales recibirá unha axuda de 300 euros

Vilagarcía, 18 de febreiro de 2014.- A Concellería de Cultura abre mañá, 19 de febreiro o prazo de inscrición para participar no Festival de Comparsas do Entroido que se celebra anualmente o Domingo de Carnaval. Un máximo de dez agrupacións poderán intervir no certame, cada unha das cales recibirá unha axuda compensatoria de 300 euros. As inscricións deben formalizarse na Concellería de Cultura, sitio non Auditorio en horario de 9 a 14 horas..

Vilagarcía abrirá o Entroido co tradicional Festival de Comparsas que terá lugar o domingo 2 de marzo, a partir das 17:00 horas no Auditorio Municipal. O Certame de Vilagarcía non ten carácter competitivo. Como contrapartida, a Concellería de Cultura entregará 300 euros a cada unha das comparsas que participen no evento e cumpran todos os requisitos establecidos nas bases, entre eles que cada agrupación conte cun mínimo de 25 membros e que a duración de cada actuación dure entre 10 a 15 minutos. As bases pódense consultar no taboleiro de anuncios da web municipal www.vilagarcia.es


LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete

Publicar un comentario Disqus

 
Top