Compartir:
0
COMEZA A REPOSICIÓN DE SOLO E INSTALACIÓN DE NOVOS XOGOS NO PARQUE DE MIGUEL HERNÁNDEZ

O proxecto da Deputación, conta coa colaboración do persoal e ten un presuposto de case 63.000 euros

Vilagarcía, 17 de marzo de 2014.- Operarios dos servizos de Obras e Medioambiente comezaron hoxe a preparar a soleira sobre a que nos vindeiros días unha empresa especializada, contratada pola Deputación, instalará o solo de caucho e novos xogos na área de recreo do parque de Miguel Hernández. Con esta actuación, o goberno local continúa avanzando no seu compromiso de dotar deste tipo de solo aos principais parques da cidade.

No caso dos xardíns de Miguel Hernández trátase dunha dobre actuación, pois son dúas as zonas nas que se vai intervir. Na de "maiores", que ocupa o antigo labirinto, non só se vai mudar o solo, senón que se instalarán novos xogos, cunha gran estructura central. Na zona dos máis pequenos, fronte á fonte baixo teito, será renovado o solo (tamén de caucho), pero se manterán os xogos. Os que se desinstalen na zona de maiores serán reubicados noutras áreas de recreo do municipio.

A actuación no parque de Miguel Hernández enmárcase nun proxecto máis ambicioso no que ben a través de fondos propios, ben por medio de convenios con outras institucións se melloren todos os parques municipais. Así ocorreu xa coa Xunqueira (Deputación), e a Alameda de Carril e o parque de dona Concha (Portos de Galicia).

Publicar un comentario Disqus

 
Top