Compartir:
0

A XERENCIA DE URBANISMO DA O VISTO BO AO DERRIBO DAS NAVES DE MEGASA QUE ESTABAN FÓRA DE ORDENACIÓN

Trátase dunha actividade perfectamente regulada que a lei establece que debe realizarse a través dun Estudio de Detalle

O trámite non incrementa a edificabilidade nin modifica os usos que os terreos xa teñen asignados no PXOM en vigor

O expediente é estritamente urbanístico e non fai referencia en ningún punto ao uso actual ou futuro dos terreos

Vilagarcía, 18 de marzo de 2014.- O Consello da Xerencia de Urbanismo dou esta mañá o visto bo ao Estudio de Detalle que permitirá derribar as edificacións construídas fora de ordenación nos terreos e de Megasa, nas Caroliñas, e proceder así á reordenación de volumes e aliñacións da parcela. O expediente axústase ao PXOM en vigor, conta con todos os informes favorables das administracións competentes e é estritamente urbanístico, polo que non fai referencia en ningún punto ao uso actual ou futuro dos terreos.

Os propietarios dos terreos nos que se empezaba a factoría Megasa promoveron o Estudio de Detalle co obxectivo de poñer fin á irregularidade que supoñían algunhas edificacións coas que se ampliaron as instalacións orixinais e que se atopaban fora de ordenación. Esta actuación debe realizarse a través dun ED, procedemento perfectamente regulado que o Concello ten a obriga legal de tramitar.

O obxectivo do ED é regularizar a situación e, como consecuencia das demolicións previstas, proceder a unha ordenación de volumes e aliñacións. O trámite non incrementa a edificabilidade da parcela nin tampouco modifica os usos xa establecidos no actual PMOM que son industriais e para actividades do sector terciario. Ademais, cómpre salientar, que trátase dun expediente estritamente urbanístico, polo que non fai referencia algunha ao uso actual ou futuro da parcela, aspecto do que, segundo indicou o alcalde Tomás Fole "son coñecedores todos os grupos da oposición que forman parte e asistiron á reunión do Consello da Xerencia de Urbanismo, coa excepción do voceiro de EU que xa hai tempo que deixou de asistir de xeito voluntario a este órgano".

Para acoller algún tipo de actividade nova na instalación, xa fora fabril, comercial ou calquera outra das previstas no PXOM, terían que realizarse outros trámites totalmente independentes a este, como solicitudes de licencia de actividade, obras, presentacións de proxectos.... que serían estudados e analizados nese momento conforme á lexislación vixente. Polo de agora, o Concello non ten constancia oficial non extraoficial doutra iniciativa para os terreos de Megasa que non sexa o ED tratado hoxe na Xerencia de Urbanismo e que se levará ao Pleno de marzo para a súa aprobación.

Publicar un comentario Disqus

 
Top