Compartir:
0

A CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN REÚNESE MAÑÁ COS DIRECTORES DOS COLEXIOS PARA ABORDAR AS NECESIDADES DOS CENTROS


Recibirá a vindeira semana aos representantes da plataforma de ANPAS en resposta á petición realizada polo colectivo


Vilagarcía, 18 de marzo de 2014.- A concelleira de Educación, Rocío Llovo, convocou mañá aos directores dos colexios cuxas ANPAS constituíron recentemente unha plataforma. O motivo deste encontro é abordar cos responsables dos centros educativos as necesidades de cada un deles, a efectos de ir planificando as actuacións a levar a cabo por parte do Concello en función das prioridades, urxencia e dos recursos dispoñibles.

Por outro lado, atendendo á petición realizada pola Plataforma de ANPAS, a edil de Educación, anunciou que recibirá aos representantes do colectivo a principios da vindeira semana.

Publicar un comentario Disqus

 
Top