Compartir:
0

SEGUNDA FUNCIÓN DO REI LEÓN DE CODA: ENTRADAS A VENTA


CODA PON Á VENTA A PARTIR DO LUNS AS ENTRADAS PARA A SEGUNDA FUNCIÓN DO MUSICAL DO REI LEÓN

Os interesados poderán adquirilas na escola sita nos Duráns ao prezo de 9, 8 e 7 euros

O espectáculo celebrarase o martes, 29 de abril, a partir das 19:00 horas no Auditorio

Vilagarcía, 12 de abril de 2014.- A Escola de Música e Danza Coda pon á venta a partir do luns 14 de abril, as entradas para asistir a representación do musical O Rei León que alumnos e profesores do centro porán en escena o martes, 29 de abril, a partir das 19:00 horas no Auditorio. As entradas custan 9, 8 e 7 euros, dependendo da zona do patio de butacas, e poderanse comprar nas instalacións da escola, sita no barrio dos Duráns, en horario de 16 a 20:30 horas.

A do martes 29 será a segunda sesión do rei león que realizará Coda en Vilagarcía. A estrea da adaptación ao galego deste emblemático musical terá lugar dous días antes, o domingo 27, pero as entradas para esta función esgotáronse xa hai tempo. A demanda existente para poder presenciar a montaxe fixo que a escola decidirá realizar un segundo pase para que todos os interesados tiveran a oportunidade de ver o espectáculo que xa representaron noutros municipios da bisbarra con notable éxito de público.

Publicar un comentario Disqus

 
Top