$show=/202$source=random-posts$c=5$type=slider$src$snippet=hide$cate=0$tb=rainbow$m=hide$src

$show=home$src$c=5$type=slider$snippet=hide$cate=0$tb=rainbow$m=hide

$show=/search?q=Guía+Vilagarcía

$show=/search?q=Guía+Vilagarcía

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, MESTRE NO LEÓN XIII

Banda deseñada da vida do autor, na web oficial

CULTURA LEMBRA O VÍNCULO CON VILAGARCÍA DE DÍAZ CASTRO, POETA HOMENAXEADO ESTE ANO NAS LETRAS GALEGAS

O autor de Guitiríz exerceu como profesor do colexio León XIII durante 8 anos

O Salón García acolle o xoves un acto para divulgar a vida e obra do autor cunha conferencia impartida por Santiago Losada, a actuación dos Acordeóns Arosa Bay e un recital poético

Vilagarcía, 8 de abril de 2014.- A Concellería de Cultura organiza unha homenaxe propia a Xosé María Díaz Castro, poeta ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. O acto que se celebrará o xoves no Salón García pretende dar a coñecer a vida e obra do poeta nado en Guitiriz e que mantivo unha intensa relación con Vilagarcía, onde exerceu como profesor no colexio León XXIII durante 8 anos.

A homenaxe organizada polo departamento que dirixe Rocío Llovo inclúe unha conferencia sobre a vida e obra de Díaz Castro a cargo do profesor de Historia da Filosofía, Santiago Losada e que leva por título "Xosé María Díaz Castro; O profesor que ensinou versos en Vilagarcía". A parte musical correrá a cargo do grupo de acordeóns Arosa Bay e tamén haberá un recital de versos do homenaxeado por parte de varias persoas da vila, entre elas, a concelleira de Cultura, Rocío Llovo, e o profesor Xermán Torres. O acto comeza ás 21:00 horas e a entrada é libre e de balde.

Profesor, filósofo, poeta e políglota dunha familia de labregos

O Día das Letras Galegas rende homenaxe a Xosé María Díaz Castro en 2014, ano no que se cumpre o centenario do seu nacemento. Naceu o 19 de febreiro do 1914 en Guitiriz (Lugo) e morreu en Lugo no ano 1990. Procedía dunha familia de labregos e con tan só dezaseis anos publica o seu primeiro poema, en castelán, na revista "Lluvia de rosas"de Tarragona. En 1929 ingresa no Seminario de Mondoñedo, onde cursa tres anos de Latín e Humanidades, outros tres de Filosofía e dous de Teoloxía.

En 1931 publicou, en El Progreso Vilalbés, o primeiro texto en galego, "Lembranzas e sospiros".
En 1936 deixou o Seminario ao ser chamado para incorporarse ao exército. Logo dunha breve estadía na fronte de Asturias, é destinado ao Hospital Militar de Pontevedra.

Rematada a Guerra Civil, 1939, volveu a Mondoñedo e transcorridos uns meses abandonou definitivamente o Seminario para contactar co seu amigo Aquilino Iglesia Alvariño, que dirixía daquela o Colexio León XIII, en Vilagarcía de Arousa. Díaz Castro incorporouse a este centro escolar onde combina a docencia cos seus estudos de Filosofía e Letras.

En 1948 abandona Vilagarcía e trasládase a Madrid onde entrara traballar como tradutor no Ministerio del Interior e, logo, no Instituto de Estudios Hispánicos grazas a que dominaba varias linguas europeas. Nos anos sesenta, trasládase ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas, encargándose do servizo de traducións do Instituto Científico y Técnico Juan de la Cierva, concretamente no Centro Experimental del Frío, onde acadará a súa xubilación. Díaz Castro retornou a Galicia en 1982, vivindo en Guitiriz co seu irmán, e morrendo en Lugo en 1990.

Entre a súa obra, salienta o premio frol natural ao mellor poema en castelán que obtivo nos Xogos Florais de Betanzos, 1946, coa composición "El cántico de la ciudad"; e o premio á mellor poesía en galego con "Nascida d’un soño". Nos seus primeiros anos no seminario publica os seus primeiros cadernos de poesía: Follas verdes e Follas ao vento.

Dende Madrid colaborou coa revista Alba, de Vigo, e xa de regreso a Galicia coa publicación Dorna. Tamén foi un importante tradutor, ao galego e ao castelán, de autores como Lamartine, Chesterton, Yeats, Whitman, Rilke... e realizou numerosas críticas de ensaio en revistas e xornais especializados como La Estafeta Literaria e Ínsula. Cando morreu deixou escritos o poemario "Sombras radiantes" e a composición, "Melodía."

O conferenciante

Santiago Losada Carregal, natural de Marín, é licenciado en Teoloxía pola Universidade de Salamanca e profesor de Historia da Filosofía. Ten en común con Díaz Castro que, como este, Losada tamén exerceu a docencia en Vilagarcía, ademais de en centros de Cangas, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, e nos Institutos de Enseñanza Secundaria ‘Pérez Galdós’ e ‘Marqués de Castelar’ de Madrid.
Nombre

_actividad,10,_anuncio,145,_aviso,14,_fiesta,273,.ACTIVIDADES,1,.ACTIVIDADESVGA,1,.AVISOS,9,.AVISOSVGA,9,.EVENTOSVGA,95,.GUIA,7,.GUIA-EVENTOS-PASADOS,977,.INFORMACION-pasado,1,.NOTICIAS,28,.NOTICIAS-VALGA,3,.NOTICIASBARBANZA,1,.NOTICIASVGA,1,.PROXIMO,1,.social-web,1,.TURISMO,7,.TURISMOVGA,3,@dornaFG,1,@Dr_PedroLago,1,@En_Marea,2,@erguergaliza,2,@Escena_Galega,1,@FECA,1,@ficcionProduc,5,@FrancisWhiter,1,@gadis,1,@GatoNegro,2,@HotelCarril,1,@InfoSalnes,1,@ivanferreiro,1,@JakeShaneMusic,1,@LaBolsa,2,@laduendeneta,1,@launionoficial,1,@Liceo_BBC,19,@LitaCabellut,1,@Lua_tkd,1,@ManuelGuinarte,1,@mpereiros,2,@novcarminha,1,@obloque,1,@OsMecos,1,@pcvilagarcia,1,@PlatEstEscuelaP,1,@portAmerica,1,@Puerto_Flamenco,1,@radioarosaSER,2,@sogaps_oficial,1,@soutoncas,1,@TDAHSalnes,1,@Tricicle,1,@trivilagarcia,1,@UllaUmia,1,@xatouri,1,#comercio,1,>OGrove>Noticias,1,>Pontevedra>noticias,2,2014,1,2018,1,20dic,1,actividad,5,actividad_,1,actividadpasada,65,acto,385,acto_,231,agenda,2,agenda pasada,46,agenda_,1,agendapasada,3,agendaresumen,1,agua,1,AIlla,10,albariño,2,anuncio,214,Arousa,12,arte,21,asoc,1,asoc folclórica,32,asoc montes,1,asoc protectora,8,asoc religiosa,6,asoc turística,4,asoc.empresarial,3,asociación,23,asociación cultural,152,asociación deportiva,63,asociación ecologista,16,asociación educativa,47,asociación empresarial,42,asociación juvenil,25,asociación lúdica,65,asociación mujer,32,asociación musical,57,asociación solidaria,47,asociación vecinal,54,audio,4,autobus,21,aviso,7,aviso_,16,avisopasado,39,barbanza,1,Benjamín Rey,7,biblioteca,4,bicicleta,1,biosaludable,1,Boiro,1,Caldas,5,Cambados,22,camelia,1,Catoira,9,celebracion,150,celebración,2,celebracion_,3,centro deportivo,6,centro empresarial,1,ciclismo,4,cine,272,Cine Clube Ádega,1,cine_,74,coches,1,comercio,17,comic,1,concurso,2,coro,13,Cortegada,3,covid-19,20,crónica,1,cuarentena,21,cultura,34,curso,165,curso_,4,Curtas,52,curtas2020,1,danza,1,deporte,845,deporte_,12,destacado,6,destacado_,56,DisfrutarVGA,1,ecologia,9,ecología,3,economia,29,economía,1,educacion,14,educación,2,empleo,3,empleo pasado,5,empleopasado,2,encuesta,1,EnPositivo,7,entrevista,2,entroido,3,equipo deportivo,1,escena,274,escena pasado,1,escena_,129,escultura,15,espacio,1,España,7,evento,9,evento pasado,82,evento_,120,eventoILLA,1,eventopasado,981,eventopasado2,2846,EVENTOSOSALNES,1,EVENTOSVGA,3,eventoVGA-expo,3,expo,2,expo_,213,exposicion,77,exposición,6,exposicion_,12,farmacia,8,feria,1,FestaDaAuga,7,fiesta,150,folclore,1,formación,3,formación pasada,414,fotografía,13,fútbol,2,Galicia,15,gastro,139,gastronomía,38,grove,1,Guia,7,Guía,25,Guía Turismo Vilagarcía,1,Guía Vilagarcía,38,Guía Vilagarcía Información,35,Guía Vilagarcía Social,514,Guía Vilagarcía Turismo,18,Guía Vilagarcía_,1,GuíaCatoira>noticias,1,GuíaVilagarcía,1,historia,6,hostelería,1,igualdad,1,infantil,349,infantil_,174,info,1,INFO-parque,14,Info-TrabancaBadiña,1,info.cultural,31,informacion,13,información,5,InformacionVGA,1,informatica,1,INFOVGA,2,inscripcion,1,internacional,13,JoseLuizOubina,6,juventud,8,Letras Galegas,5,literatura,7,LuisDiazDevesa,10,lunes,1,manuelguinarte,18,mar,5,meaño,1,mecenas,2,medio ambiente,2,meis,2,menú,11,MENU-GuíaVilagarcía,1,MiCiudadFavorita,18,mujer,5,muller,4,musica,962,música,28,musica_,590,nadal,7,narcotráfico,1,naturaleza,2,noticia,22,noticias,104,Noticias Vilagarcía,1,O Faiado da Memoria,2,O Grove,3,obradoiro,1,oferta,1,OGrove,17,ong,2,OSalnés,4,padron,1,parque,2,parque infantil,1,patrocinador,10,patrocinador pasado,1,patrocinador1,5,patrocinador2,3,podcast,4,politica,10,política,26,Pontevedra,3,portada,4,portas,1,premio,2,producción,52,profesional,1,programa,4,promo,106,promo-,196,próximo,2,radiocontrol,1,Rianxo,1,Rías Baixas,2,Ribadumia,7,Ribeira,6,Riveira,1,romeria,1,Rubiáms,1,Salnés,3,salud,2,salvamento,2,San Roque,1,sanidad,3,SanRoque,19,SanRoquepasado,14,Santa Rita,2,Santiago,2,Sanxenxo,6,semanal,1,senderismo,1,servicios,11,slider,1,SOCIAL-danza,1,SOCIAL-política,1,socialeducacion,5,sociedad,28,solidaridad,7,spot,12,sucesos,36,teatro,12,television,10,trabajo,9,trafico,3,tráfico,2,transporte,17,turismo,38,turismo patrimonial,18,TURISMO-playa,1,tv,2,Valga,2,vela,2,verbena,1,Vgaa,23,vídeo,138,vídeoVGA,1,vilagarcia,798,Vilagarcía,811,Vilagarciaa,10,Vilanova,18,Vilaxoan,1,Vilaxoán,1,Xunta,1,ZonaAberta,27,
ltr
item
Guía ArousaTv: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, MESTRE NO LEÓN XIII
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, MESTRE NO LEÓN XIII
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi_0E1C3lgzVQl9s_MxT8utOT4rTZzg1NSFT2mKT-zQzPTNs84G4AAlSuJrlQsH3JcLqvzlo3mTFzYiqpf86ULcrQ-6-673eZnATaZylA1-aH40BTRj8opSO54vJHx9XlkjAwnSAMsxE2LV/s1600/Capturas+de+pantalla.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi_0E1C3lgzVQl9s_MxT8utOT4rTZzg1NSFT2mKT-zQzPTNs84G4AAlSuJrlQsH3JcLqvzlo3mTFzYiqpf86ULcrQ-6-673eZnATaZylA1-aH40BTRj8opSO54vJHx9XlkjAwnSAMsxE2LV/s72-c/Capturas+de+pantalla.jpg
Guía ArousaTv
https://www.arousatv.com/2014/04/xose-maria-diaz-castro-mestre-no-leon.html
https://www.arousatv.com/
https://www.arousatv.com/
https://www.arousatv.com/2014/04/xose-maria-diaz-castro-mestre-no-leon.html
true
1062352745098799820
UTF-8
Cargados todos los artículos No se encontró ningún artículo VER TODO Leer más Responder Cancelar respuesta Borrar Por Guía | ArousaTv PAGINAS ARTÍCULOS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI ETIQUETA ARCHIVO TODOS LOS ARTÍCULOS No se encontró ningún resultado para tu búsqueda request Volver Domingo Lunes Martes Miércoles Jueves Viernes Sábado Dom Lun Mar Mie Jue Vie Sab Enero Febrero Marzo Abril Mayo Junio Julio Agosto Septiembre Octubre Noviembre Diciembre Ene Feb Mar Abr Mayo Jun Jul Ago Sep Oct Nov Dic ahora mismo hace 1 minuto $$1$$ minutes ago hace 1 hora $$1$$ hours ago Ayer $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago hace más de 5 semanas Seguidores Síguenos CONTENIDO BLOQUEADO PASO 1: Comparte en tu red socialetwork PASO 2: Haz click en el enlace en tu red social Copiar Todo el Código Seleccionar Todo el Código Todos el código fue copiado en tu portapapeles codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Contenido