Compartir:
0

Benqueridos amigos:

Anímovos a asistir e colaborar co Festival de Cáritas Parroquial, que se celebrará o venres próximo no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, ás  20:30 h. e do que vos envío información nun arquivo adxunto.

Tamén proximamente se celebrará unha rolda de prensa para reforzar e ampliar información sobre dito festival e dos proxectos que está a desenvolver a nosa Cáritas Parroquial, cunha forte inversión sobre todo en factor humano.

Agardo o voso apoio, é en favor da xustiza e de concienciarse que todo home é meu irmán.

Saúdo agarimoso no nome de Cáritas.

Xermán Manoel Torres - Director de Cáritas Parroquial de Santa Baia de Arealonga

Publicar un comentario Disqus

 
Top