Compartir:
0

A REPRESENTACIÓN SERÁ O 30 DE NOVEMBRO NO AUDITORIO

momento da representación anterior no Auditorio

Entradas a venta a partir do luns 28 no Auditorio

A escola de canto e música, Coda, volverá a representar en Vilagarcía a súa adaptación ao galego do musical "O Rei León", un espectáculo que no último ano pasou por numerosos escenarios de Galicia, incluído o Auditorio de Vilagarcía, con rotundo éxito. A nova función en Vilagarcía será o domingo 30 de novembro, e as entradas poranse á venta xa a partir do luns, 27 de outubro.

A dirección de Coda decidiu organizar unha terceira representación de "O Rei León" despois de encher ata a bandeira o aforo do Auditorio nas dúas funcións celebradas no mes de abril. Pese ao total éxito de público, foron moitas as persoas que quedaron ser poder ver o vistoso espectáculo e que pedían unha nova sesión.

Os interesados poderán adquirir as entradas para a función do 30 de novembro a partir deste mesmo luns, 28 de outubro no Auditorio. Membros de Coda serán os encargados de vender as localidades de luns a venres en horario de 11 a 13 horas. Os prezos son de 9 euros nas zonas A e B do patio de butacas e de 8 euros na C.

Suscríbete a Arousa TV por Email

Publicar un comentario Disqus

 
Top