Compartir:
0

46º FESTIVAL DE PANXOLIÑAS DE VILAXOÁN (20dic)

Sábado 20h, Nadal en Confraría de Pescadores Virxe do Rosario de Vilaxoán


Os interesados en participar poderán inscribirse ata o día 19 de decembro
Os interesados poden inscribirse chamando por teléfono aos números 986 511 600 ou 634 263 511.

O mes de decembro chega cunha das convocatorias máis tradicionais que se repiten en Vilagarcía por estas datas: a do Festival de Panxoliñas de Vilaxoán. A Coral Máximo Patiño organiza o evento que este ano terá lugar o día 20 de decembro a partir das 20 horas nos salóns da Confraría de Pescadores Virxe do Rosario. Os grupos ou colectivos que desexen participar xa poden inscribirse chamando ao números de teléfono 692 465 631 ou ao 639 613 678.

No festival poden participar todo tipo de formacións musicais, xa sexan infantís, xuvenís ou de adultos. Cada formación poderá interpretar dúas panxoliñas, de libre elección, con ou sen instrumentos. Os temas poden ser inéditos, tradicionais ou populares e interpretaranse en directo durante o festival que, como todos os anos, rematará de modo festivo coa actuación da Coral Máximo Patiño.

O prazo de inscrición remata o 19 de decembro.Suscríbete a Arousa TV por correo

Publicar un comentario Disqus

 
Top