Compartir:
0

O ALCALDE ORDENA A PARALIZACIÓN DAS OBRAS NA ANTIGA MEGASA

As actuacións carecen de licenza municipal, aínda que se está tramitando

Vilagarcía, 6 de novembro de 2014.- O alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, ordenou hoxe a paralización inmediata das obras de demolición de parte das naves da antiga fábrica metalgráfica Megasa, no barrio das Carolinas. A orde chega despois do informe da Policía Local, que onte fixo acto de presenza na parcela e puido constatar non só que se estaban realizando eses traballos, senón que estes carecen de licenza. A propiedade iniciou xa hai semanas os trámites para obter o corresponden permiso, que deberá ser validado pola Xerencia de Urbanismo. Entretanto esa autorización non chega, a propiedade e a empresa contratada para o derrubo deberán paralizar calquera actuación na parcela.

Publicar un comentario Disqus

 
Top