Compartir:
0
Actos conmemorativos del Día Internacional de la Mujer Trabajadora y homenaje a Ramona Castaño, que fue Concejala del Concello de Vilagarcía y la artífice de la creación del Consello Local de Muller


MANIFESTO DO DÍA DA MULLER APROBADO NO CONSELLO LOCAL DA MULLER CELEBRADO O DÍA 12 DE FEBREIRO DE 2015

Baixo o lema "Igualdade para as mulleres: progreso para todas/os", este ano celebramos o Día Internacional da Muller. Este título indícanos como a igualdade, o respecto para os dereitos humanos das mulleres, a erradicación da pobreza, como tamén o empoderamento das mulleres son esenciais tanto para o desenrolo económico como social. É dicir, as mulleres xogan un papel clave como axentes do desenrolo en todos os niveis.
Lamentablemente aínda hai moitos países nos que a muller, non se lles recoñecen os seus dereitos humanos. Na loita pola igualdade algún terreo temos gañado, sobre todo na parte xurídica, conseguindo logros que hai anos parecían imposibles. Pero aínda non podemos falar de igualdade total, sobre todo, e, entre outras, si falamos de diferenzas salariais entre mulleres e homes, xa que estando a comezos do século XXI o salario das mulleres continua a ser un 30% inferior que o salario dos homes por realizar o mesmo traballo. Tamén se segue a considerar a menos o paro feminino fronte o paro masculino. Todo isto móstranos como o rol social da muller continua a ser diferente ó do home, é o traballo da muller vese como menos importante que no sexo masculino. Un dato importante é a porcentaxe a nivel mundial, 50% de mulleres e homes, mentres as mulleres só posúen o 10% da riqueza e a inmensa maioría de persoas pobres son mulleres.

Aínda que temos avanzado, as desigualdades continúan a ser importantes, e por iso que cada 8 de marzo miles de mulleres seguen a saír a rúa para reclamar o que consideran xusto.
Para rematar gustaríanos lembrar as palabras do Secretario Xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon:

«Los países en los que hay más igualdad de género experimentan un mayor crecimiento económico. Las empresas que cuentan con más líderes mujeres logran mejores rendimientos. Los acuerdos de paz que incluyen a las mujeres son más duraderos. Los parlamentos en los que hay más mujeres aprueban más leyes sobre cuestiones sociales clave como la salud, la educación, la lucha contra la discriminación y la manutención de los niños. Las pruebas no dejan lugar a dudas: la igualdad de la mujer supone progresos para todos.»

Publicar un comentario Disqus

 
Top