Compartir:
0

A MARCA BIMBO OPONSE O USO DO NOME "BEMBÓ" NA TENDA DE PRODUTOS ECOLÓXICOS DE VILAGARCÍA

A continuación incluimos a nota da propietaria da tenda, Vanesa Feixó, explicando a desagradable situación na que se atopa no seu comercio.


"Envío esta nota para poñer en coñecemento público a miña situación.

En primeiro lugar o meu nome é Vanesa Feixó Otero e ata o mes de Outubro do pasado 2014, era unha traballadora en situación de desemprego. Armándome de valor, quixen por solución do xeito menos sinxelo que poida haber hoxe en día que foi investindo no meu propio posto de traballo. Con moito suor e esforzo conseguín iniciar o meu proxecto, unha tenda de alimentación de barrio ( sita en Vilagarcía de Arousa un pobo de uns 40.000 habitantes da provincia de Pontevedra), na que ofrezo produtos diferenciados como comida caseira para levar, conxelados artesanais, produtos ecolóxicos e produtos delicatessen, entre outros.

Para elo e querendo facer as cousas ben, encontrei un nome para a miña tenda en Galego “ Tenda Galega Bembó” e procedín a intentar rexistrar na Oficiña Española de Patentes e Marcas o citado nome para non incorrer en ilegalidades. Despois de encargar a unha empresa de publicidade o deseño do logotipo, marca, textos, facturas, rótulo,etc. e de pagar relixiosamenteas taxas establecidas por la OEPM, xa que non me podía permitir o pago dun bufete de avogados especializado no rexistro de marcas , leveime unha desagradable sorpresa, xa que recibín unha chamada telefónica dun bufete de avogados,na que se identificaron como o bufete que xestiona as marcas de BIMBO, S.A.;e que recibiran a notificación do meu intento de rexistrara marca, en esa mesma chamada fanme saber que Bimbo ten a intención de opoñerse o rexistro, salvo que cheguemos a un “entendemento” para que as marcas coexistan, evidentemente a miña posición económica non é a dunha empresa multinacional que se poida permitir o luxo de negociar pola coexistencia de marcas cunha empresa desta envergadura.. Ante esta situación o avogado co que falo indícame que lle escriba un correo no que detalle a que me dedico e qué produtos teño en tenda.

Ante isto procedo a elaborar un e-mail no que a “grosso modo” explico en qué se basea o meu negocio e fago mención de algo moi importante O NOME EMPREGADO DE TENDA GALEGA BEMBÓ ÚNICAMENTE SE UTILIZA COMO NOME DA TENDA XA QUE NON EXISTE NINGÚN PRODUTO ETIQUETADO COMO BEMBÓ, os produtos que da tenda teñen as súas propias marcas. A día de hoxe sego esperando a resposta do bufete de avogados que representa a Bimbo ante a OEPM, o que di moito da súa forma de proceder e do interese mostrado polo bufete en buscar unha solución amigable. Pasados os días recibo a comunicación da OEPM na que se me indica que o rexistro da marca solicitada queda en suspenso pola oposición de BIMBO e nos seus argumentos indican que me quero beneficiar da súa marca, cando iso é totalmente INCERTO e vou detallarvos porqué:

En primeiro lugar escollín o nome de TENDA GALEGA BEMBÓ porque en galego BEN BÓ significa “BIEN BUENO”, solo que ao xuntar ambas palabras en lugar de BENBÓ escollín BEMBÓ por pura ortografía. . En segundo lugar, non teño nada contra Bimbo nin contra os seus produtos, pero os meus produtos e os que esta empresa comercializa non teñen nada que ver, non acabo de explicarme que ten que ver unha lasaña de carne caseira para levar ou un bote de lamprea rechea artesanalmente cun paquete de pan de molde. .En terceiro lugar, e con todo respecto a Bimbo e a os seus produtos, a maioría dos meus produtos son artesanais e ecolóxicos, co cal non levan ningunha clase de aditivos; non entendo en qué me podo beneficiar desta marca, xa que os seus produtos pertencen a unha forma de elaboración totalmente distinta. En último lugar ningún dos nosos clientes fixo mención dende a nosa apertura a que o nome se parecera a Bimbo, xa que como indico no anterior punto non son produtos comparables, se comercializara produtos análogos podería chegar a entendelo.Evidentemente, ante os comentarios que fago, en BIMBO pensarán que si eu opino o anterior, debo presentar as alegacións correspondentes e que a OEPM resolva. Pois ben as alegacións vounas presentar, pero lamentablemente xa sei de antemán o resultado das mesmas.

Para rematar e resumindo , o que quero transmitir a estas grandes empresas, é que o dano que se produce é bastante grande para o pequeno comercio e as veces non se pensa en elo

Non entendo que dano podo facerlle eu a esta marca, pero si sei o dano que me van a causar a min; xa que polo de pronto teño que buscar un novo nome para o meu negocio, con todo o que iso conleva ( rotulación, folletos, bolsas, deseño de logotipos, etc.)., todo isto para min é un gasto moi elevado, gasto que se podería evitar si os avogados de Bimbo houberan sequera plantexado unha resolución amigable.

Atentamente, Vanesa Feixó Otero"

Publicar un comentario Disqus

 
Top