Compartir:
0

O CONCELLO ESTUDA AS MEDIDAS LEGAIS A ADOPTAR POLO USO NON AUTORIZADO DA MARCA MUNICIPAL NUNHA PUBLICIDADE

Varios veciños acudiron o sábado á Policía para entregar a publicidade en forma de ticket de multa similar a que usan nos parquímetros

Os servizos xurídicos municipais estudan as medidas legais a adoptar contra os responsables dunha publicidade que usou a marca oficial do Concello de Vilagarcía sen a preceptiva autorización. As queixas de numerosos usuarios ante a Policía Local o sábado pasado por ter atopado nos parabrisas dos seus vehículos uns tickets encabezados pola marca oficial do Concello que seguían o esquema das multas que se poñen nos parquímetros como reclamo publicitario dun establecemento comercial.

A Policía Local realizou un informe sobre os feito detectado e agora, a secretaría Xeral do Concello estudará as medidas legais a adoptar polo uso indebido da marca municipal.

A simple vista, os folletos semellaban unha multa, aínda que ao ler o texto quedaba claro que se trataba dunha publicidade comercial. Así a todo, o uso da marca oficial do Concello non pode ser utilizada sen a autorización municipal e para fins lucrativos. Toda a cartelería, folletos ou publicacións alleas ao Concello que levan incluída a marca municipal foron autorizadas e trátase de actividades que organiza, promove ou nas que colabora o Concello e soe tratarse de actos culturais, benéficos ou de apio a colectivos organizacións sociais, sen ánimo de lucro ou sectores como a hostalería ou o comercio local.

O Concello contactará cos responsables da publicidade e/ou do establecemento comercial obxecto da mesma, para informarlles das medidas que finalmente se leven a cabo.

Publicar un comentario Disqus

 
Top