Compartir:
0

AS TRES CELEBRACIÓNS DE VILAGARCÍA, VILAXOÁN E CARRÍL PROTAGONIZAN A OFERTA FESTIVA DE ESTE MES

Hoxe presentouse no Concello o avance das festas de San Roque.

Do 21 ao 23 de agosto celebrase en Vilaxoán o Festival Das Revenidas.

A Festa da Ameixa celébrase este ano o 14 e 15 de agosto.

A noite previa a Festa da Auga coincide en sábado. Instalaranse baños químicos na rúa.

Todos os eventos con organización pública e privada podense consultar como o ano pasado na Axenda da Guía de Vilagarcía.

Hoxe presentouse no Concello o avance das Festas de San Roque 2015, dando por finalizadas as cábalas sobre supostos concertos e actuacións. Aclarada a dúbida, os grupos que actuarán na Xunqueira, todos de xeito gratuito, son "Siniestro Total" o mércores 19 de agosto, "Elefantes" o luns 17 e "Delafé y Las Flores Azules" o xoves 20.Todos as 11 da noite.

Celebrase un encontro multicultural na rúa que baixo o nome de Festa das Artes, aunara proxeccións de documentais como o de O Faiado Da Memoria, presentacións de libros, poesía, etc.

Dentro da oferta cultural haberá para os cinefilos a "Semana de Cine" que prepara o Cine Club Ádega, con datas e programa todavía por determinar. E celebrarase igualmente un Maratón Fotográfico.

As opcións para os pequenos e familias prometen animación cada día das festas, do 14 o 23, que incluirá paiasos, títeres, magos, etc.

O Concello conta cos grupos locais para estas datas, organizando dos tipos de actuacións: grupos novos e mais veteranos. Tamen por determinar datas.

A Noite de Folk o 18, as tradicionais verbenas, coas Orquestas Olympus e Capitol , o concerto da Banda de Vilagarcía e Embruxo de Guillán, completan a oferta de este ano para as festas, ainda que como apuntou a concelleira de cultura, Sonia Outon, poden aparecer novos eventos.

A Festa Da Auga

O goberno espera unha afluencia masiva de xente na noite previa a Festa da Auga, por coincidir en sábado. Este ano por fin, e atendendo a unha demanda que se repite todolos anos, se instalaran baños químicos nas rúas, para evitar o problema de sempre: miles de personas facendo as suas necesidades na rúa, e uns días seguintes de insoportable cheiro en toda a vila, agravado co calor da tarde.


Publicar un comentario Disqus

 
Top