Estrea do filme "Idiotas" de Fran Estevez

Este sábado 26 de outubro ás 20:00 horas terá lugar, no Auditorio de Galicia (en Santiago) sala Mozart, a
estrea da curtametraxe "idiotas" de Hipotálamo Films.

O filme trata a historia dun sorrinte rapaz que, en compaña do seu can, tópase con misteriosos globos que chegan desde o ceo.
Os dous amigos descobren que os máxicos globos esconden mensaxes no seu interior, e que poden ser escoitadas cando os globos son desinflados pouco a pouco...

A curta, de 35 minutos, desenvólvese íntegramente na pictórica cidade de Compostela, e conta coa interpretación dun rapaz moi especial do centro de día "Con Eles", Manuel Rey, todo un descubrimento para o cinema galego.
E coprotagonizando a cinta, Luna, a cadela adestrada do Club Agility Compostela, e coa voz en off de Tacho González.

O filme é un traballo da produtora de Vilagarcía Hipotálamo Films, e está dirixido por Fran Estévez, autor da multipremiada internacionalmente "Metamorfosis", entre outras

No vídeo, falabamos con Fran do proxecto cando estaba na etapa de financiamento, a través da plataforma Lanzamos

Publicar un comentario

[blogger]

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget