agosto 2015
.redirección @_sonwall @A_Xunqueira @AArousana @af7 @AROSASCOFICIAL @AugustoMetztli @BenjamínRey @bni_espana @C_Cambados @CineClubÁdega @ClubArousa @ClubeOlimpic @clubjuvcambados @clubvilagarcia @CNVilagarca @CofradiaSegundaEstacion @concello_sxx @ConcelloCatoira @concelloriveira @ContraVentoEMarea @CorticataTuris @CruzRojaEsp @cruzvermella @CurtasAC @CXFontecarmoa @dalle_q_dalle @DiegoAlcaineT @Dr_PedroLago @EloypugaSantaya @Emprendevga @EscolaMúsicaCODA @EsquerdaUnida @evasotoconde @FECA @festivaldonorte @GaelicoGalego @GatoNegro @GatoNegroCarril @happydayTVG @HipotalamoFilms @ikifindik @InfoSalnes @ivanferreiro @JesúsBemposta @JoseLuizOubina @KaemeConsultora @launionoficial @Liceo_BBC @Lua_tkd @LuisDiazDevesa @ManuelGuinarte @MarDeArousa @Marea_na_vila @mariaxosesilvar @MarilóInmobiliaria @MarthazulPinta @MesaDasVerbas @modepen @Nydia @Oralice.Silva @OsIngleses @pcvilagarcia @pensionazo_no @PerladeArousa @PesDeBarro @PilarGBuhigas @portovilagarcia @prazadaverdura @ProyectoHombre_ @RefugioCambados @Revenidas @Revenidas fiesta @RockinVila @SomosABANCA @somosmaioria @SomosNupa @teatroclamide @TendaGalegBembo @Tricicle @Turbolaser_ @Turismo_Grove @VilagarciaRC @Vilanova @Xunta @zonaaberta #empleo #emprego #RockinVila2018 #StephenHawking 2016 9turismo actividades actual actualidad AECC agenda AGENDA PASADA DE VILAGARCÍA agricultura agua Ahituvi ahorrar AIlla ajedrez albariño Angrois animales aniversario ANPAS APobra app arousa AROUSA.TV audiovisual tlf 644477922 ArousActívA arousatv arqueología arte asamblea asociación atletismo audio audiovisual autismo autobus autónomo aventura baile Balansiyaá ballet balocesto baloncesto Bamio basket BATA Bernardo del Río Boiro borrar boxeo Cabalgata Caldas Cambados Camelia cáritas carnaval Carril Carríl Catoira celebración CEM charla ciclismo ciclísmo ciencia cine CINE PASADO DE VILAGARCÍA cinepasado circo ciudad coche coda colaboración colegio combate comedia comercio concello concierto concurso conferencia convocatoria cooperativa coro Cortegada Coruña crear creativos crónica crucero Cuca cultura Cuntis curso cursos dana danza debate delito deporte destacada desTapa Día de La Música directo diseño diversidad documental droga eclipse ecología economía educación elecciones emergencias empleo emprego emprender empresa En Positivo encuesta energía EnPositivo entrenar entrevista entroido ESARTEC escultura españa espectáculo evento excursión exhibición exposición Fariña feria FernandoSalgado FestaDaAuga festas festival fexdega fiesta fiestas fitur floristería folclore folkclore formación fotografía Freedonia fútbol fútbol.deporte Galicia GAPSI gastronomía Gonzalo Arca Google Grove guía GUÍA DE SERVICIOS DE VILAGARCÍA hamburguesería historia homenaje hostelería hotel humor igualdad Illa incendio infancia infantil info@arousatv.com www.arousatv.com Productora audiovisual. informática inmobiliaria inscripción integración internacional interprovincial interurbano invertir juego juguetería junio juventud lantero Laxe Legum lencería Liceo literatura lnfedema lugares Luis Diaz LuisDiazDevesa madre Maios manifestación manifesto mar mascotas Meaño mellorar menu mercado mercaso Mestre Mateo MiCiudadFavorita mobilidad moda moda infantil Momo motor motos movil mujer mundo musica música musical nacional Nadal narcotráfico natación naturaleza Navidad negocio noches nocturno normativa noticia noticias novas Nydia O Grove obras ocio ofertas OGrove ONG opinión OSalnés otros padel Padrón Paisaje parque parques Pasa en España patrimonio película peluquería pensiones peregrino pintura piragüismo piscoloxía planeta playa podólogo poesía policia política Pontevedra Portonovo Portugal Postales premio premios prensa procesión promoción puerto puertos radiocontrol redes religión remo restaurante resumen Rianxo Rías Baixas Ribadumia Ribeira Riveira romería rugby Salnés salúd salvamento San Roque sanidad SAntiago Sanxenxo seguridad seguridad. policía seguros semana SemanaSanta serie servicios sociales sociedad solidaridad sorteo sucesos sucesos @AndreaFdezManeiro taekwondo teatro tecnología tecnoloxía telefono television televisión tenis terrulia tertulia tintorería TodosconLua‬ trabajo traballo tradición Trafico tráfico transporte tren turismo urbano vagalume vela verano video Vídeo Vilagarcía Vilanova Vilaxoan Vilaxoán vivienda vivirsinpermiso voluntariado web xadrez Xiabre xl

O CONCELLO DA UN ULTIMÁTUM PARA A LIMPEZA E CONSOLIDACIÓN DO EDIFICIO DA PRAZA DO CASTRO

A empresa propietaria do inmoble dispón de dous meses para executar o proxecto redactado pola Oficina Municipal de Rehabilitación e que foi aprobado por Patrimonio.

De non obedecer, Ravella acometerá os traballos e iniciará procedemento de embargo de costas e bens para cobrar a actuación e as multas acumuladas.

O goberno considera prioritario garantir a seguridade de persoas e bens.

A empresa propietaria do edificio do Castro que presenta serias deficiencias estruturais e hixiene dispón de prazo ata finais de outubro para executar o proxecto de apeo e limpeza que garanta a seguridade de bens e persoas. O goberno local propuxo a adopción deste ultimato no Consello da xerencia de Urbanismo celebrado esta mañá a efectos de poñer fin a un problema que se arrastra dende hai anos e que se agrava co paso do tempo sen que a propietaria teña tomado medidas para previr riscos, pese aos numerosos requirimentos remitidos polo Concello e incluso as numerosas sancións económicas que acumula e que tampouco abonou, escudándose en cambios de titularidade ou do nome da sociedade.

Dada a desobediencia reiterada por parte da propiedade, o Concello ordenou redactar o proxecto á Oficina Municipal de Rehabilitación a efectos de ir avanzando unha solución. O proxecto xa conta co visto bo da Dirección Xeral de Patrimonio, trámite preceptivo posto que se trata dunha actuación nun edificio catalogado e protexido.

A Xerencia de Urbanismo acordou hoxe esixir á propietaria, unha inmobiliaria con sede en Madrid, a execución do proxecto no prazo máximo de 2 meses. No caso de que tampouco atendan este requirimento, o Concello encargarase de contratar os traballos, para o cal deberá sacar financiamento de outras partidas municipais, e pasarlle os custes á propiedade.

A concelleira de Urbanismo, Paola María Mochales, explicou que o que prima agora e garantir a seguridade e previr riscos nunha zona situada en pleno centro histórico da cidade e nunha zona moi concorrida por acoller varios locais de ocio nocturno e na que se celebran os multitudinarios mercados ambulantes cada martes e sábado.
Compre salientar que o edificio con fachadas á Praza Martín Gómez Abal e á Avenida da Mariña (fronte a Peixería) sufriu numerosos desprendementos da fachada, as paredes corren risco de caer e o tellado xa se desplomou. De feito, o Concello tivo que pechar a calexa lateral que une ambas rúas ante o risco de desprendementos. Ademais, o interior da edificación e un foco insalubre no que se acumula lixo e entullos.

Para garantir o cobro da actuación, así como as multas por infraccións urbanísticas que acumula, xa se están estudando as vías xurídicas a seguir e que pasan polo embargo de contas e de bens.

Prensa Concello Vilagarcía


CONCELLO E COLECTIVOS DECIDEN POR CONSENSO CELEBRAR A NOITE DAS MEIGAS O PRIMEIRO SÁBADO, 5 DE SETEMBRO

Deste xeito non coincidirá co Combate Naval, aprazado ao día 29 por motivo da choiva, e se prolonga a actividade de verán

Finalmente, Combate Naval e Noite das Meigas non coincidirán nunha mesma xornada como consecuencia do aprazamento do espectáculo pirotécnico para o vindeiro sábado. Os dez colectivos que participan na Noite das Meigas reuníronse este mediodía coa concelleira de Cultura e decidiron trasladar o evento co que tradicionalmente se despide o verán en Vilagarcía ao primeiro sábado de setembro, o día 5.

A decisión adoptouse por consenso e despois de debater diferentes alternativas xa que a maioría non era partidaria de que ambos eventos coincidisen nunha mesma xornada posto que xa de por si, cada un deles, atrae cada ano a Vilagarcía a milleiros de persoas. O obxectivo desta iniciativa é a de prologar a actividade festiva de verán e contribuír a dinamizar a actividade na cidade a través do turismo e a hostalería.

Así, o vindeiro sábado 29 de agosto, e sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, celebrarase o Combate Naval, mentres que o día 5 terá lugar a Noite das Meigas.

Na reunión de este mediodía coa edil Sonia Outón participaron representantes dos dez colectivos que organizan a Noite das Meigas: O Noso Lar, Fontefría de Guillán, Malveiras, A Cantarela, Zona Aberta, Nós de Sobradelo, Os Remolóns, Praza de España, La Junquera e O Souto de Rubiáns. Cada unha delas ocúpase de montar un poboado meigo con pallozas e ambientar unha zona da cidade na que se fai a queimada.

Debido ao cambio de data, un dos colectivos non poderá participar na edición da Noite das Meigas deste ano por ter compromisos anteriores varios dos organizadores. Non obstante, a Concellería de Cultura ten previsto cubrir a vacante cun dos dous colectivos que tiñan de reserva e que son por orde, Xeada e Praza de Abastos.

Se hace llamar Marcos Will en su alterego digital. A través de la red reina de redes publicó una serie de
imágenes donde -como viene siendo habitual en los muros digitales-, hace una foto denuncia de una situación que alguien debería corregir. La diferencia en este caso es que decide acabar de un plumazo con la frase de "uno por el otro y la casa sin barrer" y en un ejemplo de civismo absoluto, decide coger bolsas y recoger los envases de plástico testigos y chivatos de una Festa da Auga que todavía tardaremos en ordenar, a pesar del esfuerzo titánico del equipo de limpieza municipal (un aplausazo por su labor estos días).

Así y todo, mientras unos se lamentan de las ganancias no obtenidas, y otros se vanaglorian de la FIESTA de renombre internacional, el bueno de Will se baja a la marea, y deja que los demás sigan mareando con sus formulas mágicas para redirigir el rumbo.

"Cosas que nunca entenderé, después de ver esto varios dias , me he ido a por bolsas y a trabajar "
Marcos Will, eres un grande.

Suscríbete a Arousa TV por correo


Debido a la previsión de lluvias hay cambios en los eventos de las fiestas:
  1. El combate Naval se traslada hasta el próximo sábado 29 de agosto
  2. El Desfile de Carrozas de cambia para el domingo 30
  3. La concelleira de cultura se reunirá con los colectivos de Noite das Meigas para tratar de compaginar el Combate Naval y la
    queimada
  4. La verbena del sábado en Alameda se mantiene
  5. Las actividades de Os Superroquiños se trasladan a Peixería
  6. La Exhibición de Bailes de Salón que se traslada por la previsión meteorológica para el Auditorio Municipal
  7. Igualmente las rutas en en Galeón Cortegada se trasladan al próximo fin de semana.

AS ANÁLISES CONSTATAN A IDONEIDADE DAS AUGAS E A BANDEIRA VERDE VOLVE A ONDEAR NA PRAIA DA CONCHA COMPOSTELA

O episodio tóxico da semana pasada remitiu totalmente caendo a niveis case imperceptibles a presencia de escherichia coli (10 NMP/100 ml fronte aos 1500 permitidos)

A notificación da Consellería de Sanidade colgarase nos paneis distribuídos polo areal

O Concello está a facer unha limpeza extraordinaria da rede de saneamento en Rosalía de Castro

Vilagarcía de Arousa, 5 de xullo de 2015.- A bandeira verde volve a ondear nas praias da Concha-Compostela dende este mediodía, cando o Concello recibiu os resultados da última analítica realizada pola Consellería de Sanidade e que constatan o final do episodio de contaminación micro biolóxica detectado a semana pasada. As análises desvelan que os niveis de Escherichia coli descendeu ata niveis case imperceptibles. Ademais de izar a bandeira verde, o Concello colgará a resolución da Consellería nos taboleiros da praia para informar aos bañistas do regreso á normalidade.

Segundo a analítica coñecida este mediodía, a concentración de Escherichia coli presente nas augas da Concha Compostela o venres situábase en 10 NPM/100 ml, moi por debaixo do máximo legal que recolle a lei para permitir o baño das persoas, que se sitúa en 1500 NPM/100 ml, nivel que si se superaba nos días anteriores e razón pola cal se izou a bandeira amarela e se desaconsellou o baño a efectos preventivos.
A evolución microbiolóxica tamén foi moi positiva no parámetro de Esterococos intestinais, cuxa concentración tamén é inferior aos 10 NPM/100 ml.

Rede obstruída por acumulación de sólidos

Independentemente da remisión deste episodio, o Concello decidiu adoptar medidas para tratar de reducir calquera impacto sobre as praias de Vilagarcía. Aparte de intensificar os controis da rede no tramo situado entre o CIRA e o Parque da Compostela, onde se detectara o pico de contaminación microbiolóxica a semana pasada, onte mesmo comezou unha limpeza extraordinaria da rede de saneamento da Avenida Rosalía de Catro, ao detectarse obstrucións da mesma en diversos puntos.
O concelleiro de Servizos e Medio Ambiente, Lino Mouriño comentou que a falta de mantemento nos últimos anos é a causa de que existan tramos da rede atascados pola acumulación de materiais sólidos e sedimentos e outros tramos taponados e incluso rotos polas raíces de árbores. Isto fai que as augas, ao non poder discorrer libremente polas canalizacións busquen outras saídas.

Un custe superior aos 10.000 euros

A actuación afectará á toda a canalización comprendida entre Carril ao bombeo da Concha e completala levará entre unha semana e dez días. Mouriño comentou que os traballos teñen que ser realizados con maquinaria específica, polo que houbo que contratar á empresa Contucho para a realización desta limpeza extraordinaria, o que suporá un gasto superior aos 10.000 euros.

Resultados de Control de Vertidos
O Concello segue á espera de que o Servizo de Control de Vertidos de Augas de Galicia emita o informe sobre as mostras tomadas o venres pasado ao longo de todo o areal para decidir se é preciso tomar máis medidas. Dende Augas de Galicia informaron que os resultados tardarían entre 10 e 15 días.

AS XOGADORAS DO ATLÉTICO AROUSANA SERÁN AS PREGOEIRAS DE SAN ROQUE 2015

O equipo de fútbol feminino gañou este ano a Liga, a Copa Federación Galega e a Copa Deputación de Pontevedra

É o segundo homenaxe do Concello, trala recepción do pasado 9 de xullo

O pregón das festas patronais de San Roque será este ano en clave local, femenina e ata colectivo. Serás as xogadoras do Atlético Arousana quen teñan a honra de abrir a semana festiva o venres 14, a partir das 20,00 horas, dende o balcón da Casa Consistorial, non se sabe aínda se con carácter coral ou ben a través dunha portavoz. En todo caso, será outra homenaxe a un club e a un plantel que este ano conseguiu gañar a súa liga, ascendendo á Segunda División Nacional, ademáis das copas Federación de Primeira Autonómica e a da Deputación de Pontevedra. Por este motivo, o club xa fora recibido polo alcalde, Alberto Varela, e o presidente da Fundación de Deportes, Miro Serén.

A proposta de ser pregoeiras foi recibida con entusiasmo polas xogadoras, que xa están traballando no texto. Logo do pregón, diversos grupos da cidade participarán no desfile e posterior ofrenda ao patrón diante da igrexa parroquial.

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget