septiembre 2015
.redirección @_sonwall @A_Xunqueira @AArousana @af7 @AROSASCOFICIAL @AugustoMetztli @BenjamínRey @bni_espana @C_Cambados @CineClubÁdega @ClubArousa @ClubeOlimpic @clubjuvcambados @clubvilagarcia @CNVilagarca @CofradiaSegundaEstacion @concello_sxx @ConcelloCatoira @concelloriveira @ContraVentoEMarea @CorticataTuris @CruzRojaEsp @cruzvermella @CurtasAC @CXFontecarmoa @dalle_q_dalle @DiegoAlcaineT @Dr_PedroLago @EloypugaSantaya @Emprendevga @EscolaMúsicaCODA @EsquerdaUnida @evasotoconde @FECA @festivaldonorte @GaelicoGalego @GatoNegro @GatoNegroCarril @happydayTVG @HipotalamoFilms @ikifindik @InfoSalnes @ivanferreiro @JesúsBemposta @JoseLuizOubina @KaemeConsultora @launionoficial @Liceo_BBC @Lua_tkd @LuisDiazDevesa @ManuelGuinarte @MarDeArousa @Marea_na_vila @mariaxosesilvar @MarilóInmobiliaria @MarthazulPinta @MesaDasVerbas @modepen @Nydia @Oralice.Silva @OsIngleses @pcvilagarcia @pensionazo_no @PerladeArousa @PesDeBarro @PilarGBuhigas @portovilagarcia @prazadaverdura @ProyectoHombre_ @RefugioCambados @Revenidas @Revenidas fiesta @RockinVila @SomosABANCA @somosmaioria @SomosNupa @teatroclamide @TendaGalegBembo @Tricicle @Turbolaser_ @Turismo_Grove @VilagarciaRC @Vilanova @Xunta @zonaaberta #empleo #emprego #RockinVila2018 #StephenHawking 2016 9turismo actividades actual actualidad AECC agenda AGENDA PASADA DE VILAGARCÍA agricultura agua Ahituvi ahorrar AIlla ajedrez albariño Angrois animales aniversario ANPAS APobra app arousa AROUSA.TV audiovisual tlf 644477922 ArousActívA arousatv arqueología arte asamblea asociación atletismo audio audiovisual autismo autobus autónomo aventura baile Balansiyaá ballet balocesto baloncesto Bamio basket BATA Bernardo del Río Boiro borrar boxeo Cabalgata Caldas Cambados Camelia cáritas carnaval Carril Carríl Catoira celebración CEM charla ciclismo ciclísmo ciencia cine CINE PASADO DE VILAGARCÍA cinepasado circo ciudad coche coda colaboración colegio combate comedia comercio concello concierto concurso conferencia convocatoria cooperativa coro Cortegada Coruña crear creativos crónica crucero Cuca cultura Cuntis curso cursos dana danza debate delito deporte destacada desTapa Día de La Música directo diseño diversidad documental droga eclipse ecología economía educación elecciones emergencias empleo emprego emprender empresa En Positivo encuesta energía EnPositivo entrenar entrevista entroido ESARTEC escultura españa espectáculo evento excursión exhibición exposición Fariña feria FernandoSalgado FestaDaAuga festas festival fexdega fiesta fiestas fitur floristería folclore folkclore formación fotografía Freedonia fútbol fútbol.deporte Galicia GAPSI gastronomía Gonzalo Arca Google Grove guía GUÍA DE SERVICIOS DE VILAGARCÍA hamburguesería historia homenaje hostelería hotel humor igualdad Illa incendio infancia infantil info@arousatv.com www.arousatv.com Productora audiovisual. informática inmobiliaria inscripción integración internacional interprovincial interurbano invertir juego juguetería junio juventud lantero Laxe Legum lencería Liceo literatura lnfedema lugares Luis Diaz LuisDiazDevesa madre Maios manifestación manifesto mar mascotas Meaño mellorar menu mercado mercaso Mestre Mateo MiCiudadFavorita mobilidad moda moda infantil Momo motor motos movil mujer mundo musica música musical nacional Nadal narcotráfico natación naturaleza Navidad negocio noches nocturno normativa noticia noticias novas Nydia O Grove obras ocio ofertas OGrove ONG opinión OSalnés otros padel Padrón Paisaje parque parques Pasa en España patrimonio película peluquería pensiones peregrino pintura piragüismo piscoloxía planeta playa podólogo poesía policia política Pontevedra Portonovo Portugal Postales premio premios prensa procesión promoción puerto puertos radiocontrol redes religión remo restaurante resumen Rianxo Rías Baixas Ribadumia Ribeira Riveira romería rugby Salnés salúd salvamento San Roque sanidad SAntiago Sanxenxo seguridad seguridad. policía seguros semana SemanaSanta serie servicios sociales sociedad solidaridad sorteo sucesos sucesos @AndreaFdezManeiro taekwondo teatro tecnología tecnoloxía telefono television televisión tenis terrulia tertulia tintorería TodosconLua‬ trabajo traballo tradición Trafico tráfico transporte tren turismo urbano vagalume vela verano video Vídeo Vilagarcía Vilanova Vilaxoan Vilaxoán vivienda vivirsinpermiso voluntariado web xadrez Xiabre xl

INICIANSE O LUNS OS TRABALLOS DE ACONDICIONAMENTO DA PRAZA DA VERDURA

A Xunta de Goberno Local adxudicou onte o proxecto e xa se está organizando coas vendedoras o traslado provisional da actividade.

O pavillón mellorará instalacións e imaxe interior e exterior cun investimento de 73.020 euros.

A empresa Marco ofertou como mellora a substitución dos tubos fluorescentes por 50 puntos de luz con lámpadas led.

A Xunta de Goberno Local acordou adxudicará empresa Movimiento de Áridos de Arosa S.L. (Marconsa) as obras de acondicionamento e mellora da imaxe da Praza da Verdura. A actuación supón a realización de traballos no interior e no exterior do edificio que precisan dun orzamento de 73.020 euros que se financian a través dunha subvención da Xunta e con fondos municipais. Os traballos comezarán o vindeiro luns e se prevé que estean rematados no prazo dun mes.

A actuación que se porá en marcha en breve afectará ao pavillón auxiliar construído en 1964 a carón da Praza de Abastos e que hoxe en día acolle aos postos de venta de verduras e hortalizas. Na actualidade, a imaxe e instalacións da nave quedaron bastante obsoletas, situación que salta moito máis á vista tras a primeira fase da rehabilitación e modernización do edificio histórico do Mercado.

Para equilibrar estética e funcionalmente ambas zonas, o Concello proxectou a actuación adxudicada hoxe para mellorar a imaxe exterior e interior do pavillón da verdura. Por fóra actuarase en toda a fachada, pintando tanto as paredes como a marquesiña perimetral e mantendo as zonas de mampostería ce pedra das portas principais.

Xa no interior a mellora comezará polo estragado solado que se retirará por completo para aplicar un revestimento continuo de resina de 3 milímetros de espesor, similar ao do edificio principal, e de cor gris. Tamén se revestirán os parámetros verticais con pintura especial e retiraranse as lonas publicitarias que serán substituídas por paneis de aluminio e adhesivos de vinilo coa marca da identidade corporativa de Concello e Praza de Abastos. Tamén se arranxaranse as bancadas de mármore.

A oferta de Marconsa rebaixou o prezo de licitación en 13.374 euros e ademais inclúe a mellora de substituír a iluminación interior do edificio, actualmente a base de tubos fluorescentes, por 50 puntos con lámpadas led. Esta medida, ademais de mellorar as condicións lumínicas das instalacións, tamén suporá un aforro enerxético no consumo de electricidade.

O 70% do custe do proxecto finánciase cunha subvención concedida pola Conselle´ria de Industria e Comercio da Xunta de Galicia correspondente aos fondos Feder, mentres que o 30% restante corre a conta das arcas municipais.

O Concello pretende axilizar ao máximo as melloras na Praza da Verdura. Nestes momentos estase a organizar coas vendedoras que operan no pavillón o seu traslado. O goberno pon a súa disposición varias alternativas a efectos de que se acomoden durante as semanas que duren as obras do mellor xeito posible, tanto para elas como para a súa clientela. Entre os posibles emprazamentos están a Praza da Peixería, recinto cuberto que podería acoller a todas as vendedoras; ou dividir pos postos entre o primeiro andar da Praza de Abastos, que se atopa case baleiro, e a zona exterior. Serán as propias campesiñas as que decidan entre as opcións existentes.

PSOE E PP ACADAN UN ACORDO DE ORGANIZACIÓN DO PLENO

O asunto será debatido mañá na sesión ordinaria por vía de urxencia

Os gastos de órganos de goberno seguen estando moi por debaixo da media e do que permite a lexislación

A solución non supón incremento do gasto respecto da anterior corporación e é perfectamente homologable ao adoptado en calquera outro municipio galego ou español

Os grupos municipais do PSOE e PP acadaron un acordo que permitirá desbloquear a organización da corporación e con iso dar vía libre á constitución dos distintos consellos locais e ao nomeamento de representantes municipais en diversos órganos e entidades. O PSOE, que sustenta o goberno, e o PP, principal grupo da oposición, suman 15 dos 21 concelleiros que compoñen a Corporación. Ambos confían en que a este acordo poidan sumarse outros grupos agora ou no futuro. De feito, e a proposta do BNG, aceptouse rebaixar o soldo asignado ao secretario do alcalde para subir o do director de actividades deportivas.

Basicamente, o acordo consiste en que se asume a proposta inicial de distribución de cargos retribuídos por parte do goberno (alcaldía, catro liberacións e dous cargos de confianza) e, ao tempo, se engade unha liberación máis para o principal grupo da oposición, que, neste caso, podería optar por dividila en dúas dedicacións parciais. Por outra banda, o Partido Popular terá un representante na Autoridade Portuaria e outro na Mancomunidade do Salnés, ademais da vicepresidencia do Padroado de Fexdega, respectando así a proporcionalidade derivada dos resultados electorais.

Neste acordo pola estabilidade, o goberno local tamén acepta levar adiante unha serie de obras ou proxectos que, programados polo anterior goberno, ou ben están en execución ou ben pendentes de ser desenvolvidos, a expensas dos distintos informes técnicos ou sectoriais. Entre eses proxectos están a construción dun novo ximnasio no colexio de Rubiáns, a posta en valor do balneario da Compostela con fins hostaleiros, a reposición da cuberta da grada de preferencia do campo da Lomba, a rehabilitación do piorno do parque da Xunqueira, a humanización da rúa Conde de Vallellano, o asfaltado da rúa Valle Inclán e a habilitación de dúas zonas lúdicas na praia da Compostela ou no parque do Castriño.

O acordo contempla igualmente a creación dunha serie de grupos de traballo ou seguimento dos principais asuntos que marcarán o devir da cidade: presupostos, ordenanzas, plan xeral, etcétera. Nestes grupos participarán todos os partidos políticos con presenza no pleno.

En aras da transparencia, o contido íntegro do acordo será publicado na web do concello.

Por debaixo da media

O acordo acadado entre os dous grupos, que suman máis de dous terzos da Corporación, garante que os gastos por órganos de goberno –incluídos nestes as liberacións pero tamén as indemnizacións e asignacións a concelleiros e grupos, do goberno e da oposición no seu conxunto- non supera o teito de gasto do último mandato, está por debaixo da media de calquera Concello da comarca e dende logo moi debaixo do que permite a lei para un municipio das características de Vilagarcía de Arousa: 55.000 euros de soldo máximo para o alcalde (serán 48.000), ata 11 liberados a tempo completo (se propoñen 7, dos cales dous a tempo parcial, e ata 7 contratos de persoal de confianza (serán dous e con longa tradición: o secretario do alcalde e o director de actividades deportivas). Polo tanto, o acordo é perfectamente homologable con calquera que se teña adoptado en calquera municipio de Galicia ou España, sexa da cor política que sexa, cumpre estritamente coa Lei e dende logo coas recomendacións das federacións de municipios de Galicia e de España (Fegamp e Femp) nas que están representados todos os grupos políticos.

A BICI VENCE NA "CARREIRA DE MEDIOS" UTILIZANDO MENOS DA METADE DO TEMPO QUE UN COCHE PARA CUMPRIR AS CINCO ETAPAS

En segundo lugar quedou a moto, seguida do peón, que concluíu por diante de taxi e coche

A bicicleta resultou clara vencedora da "carreira de medios" que hoxe enfrontou a este medio de transporte cunha motocicleta, un peón, un taxi e un coche particular dentro dos actos de celebración da Semana Europea da Mobilidade. A proba estivo protagonizada polo alcalde, Alberto Varela (peón); a concelleira de Urbanismo, Paola María (bici); o portavoz do PP, Tomás Fole (moto); o voceiro do BNG, Xabier Ríos (coche particular); e o de Somos Maioría, Gaspar González (taxi). Durante a proba cada un deles, acompañado por un xuíz-árbitro, tiña que cumprir cinco etapas, de xeito aleatorio, selando unha tarxeta: Casa consistorial, ambulatorio, escola de idiomas e praza de abastos, con meta na Alameda.

Foi precisamente desta onde comezou a proba. Os tempos finais foron estes: a bicicleta, con Paola María como participante e Gustavo César Veloso coma xuíz, fixo o percorrido en 22 minutos e 40 segundos. Pouco máis de 3 minutos despois chegou Tomás Fole sobre a moto que prestou para a ocasión Motobazar (25:48). Xa a máis distancia rexistrouse quen utilizou o taxi, Gaspar González (34:12), seguido do peón (Alberto Varela, 39:10) e o usuario do coche particular, Xabier Ríos (48:03), que precisou de máis do dobre do tempo que a bicicleta e case dez minutos máis que un peón para cumprir coas cinco etapas.

Tendo en conta os baremos establecidos para a proba –ademais do tempo, o custe- a clasificación final foi: bicicleta, moto, peón, taxi e coche. Todos os participantes, como os membros da Asociación Arousa en Bici, coincidiron en que este tipo de experiencias non fan máis que ratificar a conveniencia de renunciar ao automóbil para desprazarse pola cidade, non só por unha cuestión de tempo, senón tamén de saúde e de medioambiente.




REMONTE RIO SAR DORNAS 2015

Dornas do Grove, Cambados e A Illa participando no remonte polo río Sar. A travesía tamén transcurriu polo río Ulla dende Valga, anque nós só filmamos o derradeiro tramo do mencionado Sar, camiño do paseo do Espolón en Padrón.
Unha vez en terra, os participantes participan por tercer ano nunha homenaxe á Rosalía de Castro, con gallo do 150 aniversario da publicación de "Cantares gallegos".
Como invitado de excepción, un mariñeiro ben coñecido, o gran Pepe Domingo Castaño, que demostrou unha vez máis o seu cariño polos seus e pola terra que o viu nacer e crecer.

”Once dornas procedentes de O Grove, Cambados e A Illa partiron da praia de Vilarello, en Cordeiro, no Concello de Valga, para remontar o río Ulla cara o Sar e chegar ao Paseo do Espolón, en Padrón, onde lle renderán unha homenaxe a Rosalía de Castro diante da súa estatua.
A Fundación que leva o nome da escritora e Asociación Cultural Dorna da Arousa, coa colaboración dos Concellos de Padrón e Valga, organizan este acto, que leva por título «Que inchadiña branca vela» e que representa unha homenaxe das xentes do mar a Rosalía de Castro.
Esta actividade, que se celebrou por primeira vez en 2013 para celebrar o 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos, xurdiu como iniciativa das xentes da cultura marítima para honrar a unha autora que nese libro falaba das dornas que subiran Ulla arriba no seu tempo.
Unha vez que as dornas arriben en Padrón, flamexarán velas diante da estatua de Rosalía, antes da recepción do Concello no Espolón con música tradicional e unha ofrenda floral”
. (LA VOZ DE GALICIA, edición dixital. 05-07-2015:)
------------
Cámara: SONY HDR-CX105
------------
HIMNO GALEGO/OS PINOS. Letra: Eduardo Pondal. Música: Pascual Veiga.
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

Ver más historias de Mi Ciudad Favorita, de Manu Guinarte
-------------
Recursos y texto Manu Guinarte.
El Retrovisor de MG - Manu Guinarte - Vías De Cine - Mi Ciudad Favorita


O GOBERNO PROPÓN AO PLENO DESESTIMAR A DESCATALOGACIÓN DA CASA BECERRA

Tense en conta o informe de Patrimonio a favor de manter a protección do inmoble de 1939 como referente da arquitectura moderna en Galicia

A Secretaria municipal avala que o informe de Patrimonio non é extemporáneo, como defendían os propietarios

A Corporación Municipal de Vilagarcía decidirá o xoves o futuro da Casa Becerra. O goberno local eleva propón ao Pleno desestimar a descatalogación do inmoble situado a pé da Avenida Rosalía de Castro en base ao informe emitido no mes de xaneiro pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, favorable a manter a protección dun dos escasos referentes da arquitectura moderna que se conservan en Galicia.

O expediente de descatalogación do edificio iniciouse a solicitude da propiedade e xerou unha polémica social por parte de sectores que defendían o valor patrimonial e histórico do inmoble. Ao tratarse dun inmoble incluído no Catálogo Municipal de Bens a Protexer, o Concello solicitou a opinión de Patrimonio que informou desfavorablemente á descatalogación ao considerar que debía manterse a protección da construción. O informe de Patrimonio paralizou o expediente e en desposta, os propietarios alegaron ao Concello que a resolución chegara fora de tempo. Agora, a secretaria municipal avala xuridicamente que o informe de Patrimonio non é extemporáneo, polo que resolve que o Concello debe telo en conta.

A construción da Casa Becerra data do ano 1939 e é obra do arquitecto Juan Argenti Navajas. Trátase dun edificio innovador para a súa época xa que é un dos primeiros exemplos da arquitectura moderna en Galicia e dos poucos que se conservan en pé, de aí o seu valor e interese.


CONCELLO E VENDEDORAS DE VERDURA POÑEN EN COMÚN PROPOSTAS E IDEAS PARA DINAMIZAR A ACTIVIDADE DA PRAZA

O alcalde e os edís de Promoción Económica e Urbanismo recibiron esta mañá a unha representación do colectivo

Informouse sobre as melloras que se van a realizar na nave da verdura e falouse da posibilidade de ampliar días e horarios de venta nesta zona

Os representantes do Concello de Vilagarcía e o colectivo de vendedoras de verdura da Praza de
Abastos mantiveron esta mañá unha xuntanza co obxectivo de poñer en común ideas e propostas a desenvolver a curto e medio prazo a efectos de dinamizar a actividade do mercado público. Entre outros aspectos, falouse dos traballos de mellora de imaxe que o Concello ten previsto realizar na nave da verdura, así como da posibilidade `planteada polo colectivo, de ampliar os horarios e días de venta deste tipo de produtos.

O alcalde, Alberto Varela, presidiu a reunión na que por parte do goberno local participaron tamén o concelleiro de Promoción Económica, Juan Antonio Pérez Callón, e a edil de Urbanismo, Paola María Mochales. O colectivo de vendedoras de verduras e hortalizas estivo representado por catro comerciantes con posto na praza e polo seu avogado e portavoz.

Tanto o goberno local como as vendedoras coinciden na necesidade de realizar diferente tipo de actuacións tendentes a atraer clientela e dinamizar a actividade comercial no mercado público; medidas que pasan tanto pola mellora das instalacións como pola modernización dos métodos de venta e adaptación ás necesidades da demanda.

A pregunta da asociación e dadas as dúbidas existentes ante a intención do anterior goberno do PP de derribar o pavillón no que se emprazan as vendedoras de verdura, o executivo socialista reiterou que o seu propósito non se limita unicamente a manter en pé a instalación, se non que o que pretende é realizar nel unha serie de reformas menores que melloren a súa imaxe e os servizos que se prestan. Neste punto, lembraron que no Pleno da semana pasada aprobouse a modificación de crédito necesaria para completar a subvención concedida pola Xunta de Galicia para levar a cabo as obras cuxo investimento ascende a 80.000 euros.

Os traballos realizaranse nos próximos meses, polo que as instalacións presentarían un estado remozado en 2016, ano no que se cumpren 50 anos da construción do pavillón e data que o colectivo pretende conmemorar coa realización de diversas actividades.

O colectivo tamén expuxo o interese dalgúns dos seus membros de ampliar os días de apertura ao público da praza da verdura, que actualmente so funciona os martes e sábados, coincidindo co mercado.

O goberno local comprometeuse a manter reunións periódicas co colectivo a efectos de informarlles das actuacións a realizar e para ir avanzando na posta en marcha de novas medidas.


ABRE SUS PUERTAS GEA, CENTRO DE ATENCIÓN PERINATAL Y PSICOLOGÍA


Atención a la mujer en Vilagarcía.

Gea Atención Perinatal y Psicología es un centro de atención integral, un concepto de atención a la mujer a lo largo de su vida centrado en un enfoque de salud, preventivo aunque también de intervención.
En Gea proporcionamos una atención multidisciplinar, desde la psicología perinatal, contando además con un equipo formado por matronas, fisioterapeuta especializada en atención a la mujer, y colaboraciones desde el campo de la orientación familiar y el trabajo social.

GEA es un centro de atención perinatal que se esta vertebrado en torno a un enfoque de promoción de la salud primal
Desde la psicología perinatal sabemos la importancia de la interpelación con otras profesiones sanitarias, por ello GEA cuenta en sus instalaciones con espacios adecuados para el trabajo conjunto. Ya que el equipo de GEA es multidisciplinario:

PSICOLOGIA PERINATAL. 

Jesica Rodriguez Czaplicki. Cita Previa en el 676597526

Son temas de intervención la infertilidad, el miedo y ansiedad durante el proceso de búsqueda del embarazo y el embarazo, el miedo o ansiedad ante el parto, los cambios emocionales y depresión posparto, los partos traumáticos, las dificultades emocionales de la lactancia, el vínculo, la adaptación a la mater/paternidad, entre otras.

Qué ofrece el departamento de Psicología Perinatal de GEA?:
Atención individualizada y adaptada a cada situación, buscando el bienestar emocional de madre y bebé, mejorando el vínculo afectivo, y la superación de dificultades. Preparar emocionalmente a las mujeres y sus parejas para el recibimiento de su hijo y la intervención en casos de traumas previos y/o embarazos tras un parto traumático. Especial mención merece el abordaje y terapia en casos de duelos gestacionales y perinatales.
Así mismo este departamento trabaja en estrecha colaboración con las matronas, en la preparación a la mater/paternidad, talleres de crianza, o educación afectivo-sexual o talleres de emociones y vivencias en el embarazo y mater/paternidad.

DEPARTAMENTO DE MATRONA.

Carmen Amorin y Marta Bernardez. Cita previa: 676666622 y 654932033

Qué ofrece el departamento de Matronas de GEA?: un acompañamiento e intervención en distintas etapas de la vida de la mujer. Ya que la matrona es la profesional preparada para acompañar a la mujer en todas las etapas de su vida, asi puede ofrecerte asesoramiento desde la pubertad hasta la menopausia, con un soporte emocional añadido. Acompañamiento a la mujer en: Educación e información afectivo-sexual y sobre métodos de anticoncepción, información y educación para la salud en la menopausia. Prevención, valoración y tratamiento de problemas del suelo pélvico (incontinencia, prolapsos). Información, acompañamiento y resolución de problemas y dificultades en la lactancia. Seguimiento y acompañamiento en el embarazo normal. Acompañamiento en el parto normal.

FISIOTERAPIA GINECOLÓGICA

Natalia Ferreira Amoedo. Cita previa 676597526

Se centra en la prevención y tratamiento de todos los tipos de trastornos de la región abdominal, pélvica y lumbar en mujeres gracias al empleo de técnicas conservadoras, su naturaleza es no invasiva y discreta. Aunque se conoce más su intervención en el pre y posparto, la fisioterapia ginecológica puede resultar beneficiosa a la mujer en cualquier etapa de su vida.
Qué ofrece el departamento de Fisioterapia de GEA?:
Atención de forma individual a la mujer, en cualquiera de sus etapas de la vida, pero con una mención especial al embarazo y posparto. Tratamientos para mejorar el suelo pelvico, prolapsos, incontinencias urinarias, dolor pelvico crónico, disfunciones sexuales o cicatrices de cirugias abdomino-pelvicas.
Además nuestra fisioterapeuta trabaja con bebes mediante la técnica de terapia craneosacral interviniendo en trastornos del sueño, cólicos del lactante, trastornos de psicomotricidad, de sueño, de alimentación, problemas musculoesqueléticos y de asimetría craneal, estrabismo, entre otras.

Otras Actividades que podrás encontrar en GEA

  • Grupo de embarazo , parto, posparto y crianza con psicóloga y matronas.
  • Grupo terapéutico de duelo gestacional y perinatal.
  • Talleres de alimentación de la mujer embarazada (con matrona-nutricionista)
  • Talleres de alimentación autorregulada (BLW) en bebés.
  • Taller de masaje infantil.
  • Talleres de crianza por etapas evolutivas.
  • Talleres de autoconocimiento femenino.
  • Grupo de mujeres en la menopausia.
  • Servicio de orientación familiar según demandas.
  • Servicio de orientación de ayudas, recursos sociales y educación familiar (con trabajadora social).
  • Curso de primeros auxilios en el hogar.
  • Talleres de expresión emocional a través de la creación artística (con diplomados en bellas artes).
  • Grupo de gimnasia en el pre y posparto (Mama Gym).
  • Capoeira nai/crianÇa, con niños de 2 a 5 años.


GEA ATENCIÓN PERINATAL Y PSICOLOGÍA
Avda da Mariña 26, 1F
36600 Vilagarcía de Arousa
Teléfono:676 59 75 26
Facebook GEA https://www.facebook.com/pages/GEA-Jesica-Rodríguez-Czaplicki-Psicología

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget