01/24/15
_evento @BenjamínRey @ClubArousa @ClubeOlimpic @ConcelloCatoira @concelloriveira @CruzRojaEsp @cruzvermella @CurtasAC @CXFontecarmoa @d4m14n_89 @DaniBFriends @DanielBarreiro5 @derbyvilagarcia @diadermin @DiarioArousa @DiegoAlcaineT @djkicovilla @doadoressangue @dornaFG @DosEspacios @Dr_PedroLago @EdGalaxia @EduardoAldan @Emprendevga @En_Marea @erguergaliza @Escena_Galega @EsquerdaUnida @EUVilagarcia @evasotoconde @FCBarcelona‏ @FCBarcelona_es @FECA @Fernando_Mesa_ @festivaldonorte @ficcionProduc @FrancisWhiter @gadis @GaelicoGalego @galicine @GatoNegro @GatoNegroCarril @GrooveAmigos @happydayTVG @harbourvilla @HipotalamoFilms @HotelCarril @InfoSalnes @ivanferreiro @JakeShaneMusic @JoseLuizOubina @KaemeConsultora @LaBolsa @laduendeneta @LatexosdTurismo @launionoficial @Liceo_BBC @LitaCabellut @LOOPSANDCOFFEE_ @Lua_tkd @luciourtubia15 @LuisDiazDevesa @LuisRoyoOficial @malqueridavilla @ManuelGuinarte @MarDeArousa @Marea_na_vila @MarilóInmobiliaria @MarthazulPinta @MesaDasVerbas @MiguelEyré @miki_dkai @miniadelrio @mpereiros @noscgalega @novcarminha @Nydia @OBarbanza @obloque @OFaiadoDaMemoria @OlaiaFdezDavila @OsMecos @OsonhodeLilith ‏ @pcvilagarcia @PerfectStrangers @PlanSiberia @PlatEstEscuelaP @podemosarousa @portAmerica @portovilagarcia @PPdeVilagarcia @prazadaverdura @ProtectoraVilagarcia @PSOEVilagarcia @Puerto_Flamenco @QuiqueSanfran @radioarosaSER @RCCelta @Revenidas @Revenidas fiesta @RichiRisco @RockBarMiudo @SamáVilagarcía @sogaps_oficial @SomosABANCA @somosmaioria @soutoncas @teatroclamide @tequexeteldere @ticketea @Tricicle @trivilagarcia @Turbolaser_ @turisriasbaixas @UllaUmia @unionromani @urdimeescenicas @UrtubiaLucio @VilagarciaRC @Vilanova @XabierRios @xatouri @zonaaberta 8M actividad acto agenda Ahituvi AIlla albariño anuncio Arousa arte audio autobus aviso Boiro Caldas Cambados Catoira celebración cine comercio concurso Cortegada crónica cultura Cuntis Curtas deporte destacado ecología economía educación empleo encuesta EnPositivo entrevista entroido escena España evento evento_ evento: expo exposición FestaDaAuga fiesta folclore formación fotografía full_title Galicia gastro gastronomía Grove guía GuíadeArousa historia hostelería infantil información internacional literatura lunes mecenas menú MiCiudadFavorita mujer música noticias oferta OGrove OSalnés parque patrocinador patrocinador1 patrocinador2 patrocinador3 podcast política Pontevedra portada Portonovo premio procesión producción profesional promo radiocontrol Rianxo Rías Baixas Ribeira Riveira Salnés salud salvamento San Roque SanRoque Sanxenxo servicios social sociedad solidaridad sucesos televisión trabajo transporte turismo vídeo Vikinga Vilagarcía Vilanova ZonaAberta


BALANSIYYÁ, MUSICAL EN CONCERTO (24ene)

Sábado 21h, musical en Auditorio. Entradas  ZonaA 7€ - ZonaB 5€ - ZonaC 3€.


Musical "Balansiyya", do compositor español Rafael Pascual-Vilaplana, segunda representación no Auditorio pola Banda de Música de Vilagarcía e Coro, conseguindo un cheo absoluto na sua primeira representación,

Entradas a venta  xoves 22 e venres 23 de 11 a 13h e de 17 a 20h, e o día da función desde as 19

O MUSICAL EN CONCERTO "BALANSIYYÁ" REGRESA AO AUDITORIO TRAS O ABRUMADOR ÉXITO DA ESTREA

Concellería de Cultura, Banda de Música e Coro respondes deste xeito ao numeroso público que non obtivo entrada para ver o espectáculo en novembro
Os vilagarciáns tamén triunfaron en outubro en Silleda ca representación da obra de Rafael Pascual Vilaplana
Un centenar de persoas, entre músicos e cantantes, toman parte na representación
As entradas pódense adquirir a partir do xoves 22 no Auditorio
A Banda Música pon á venda o seu segundo disco "In Tempo"

Os numerosos amantes da música que o pasado mes de novembro lograron entrada para ver a estrea en Galicia de "Balansiyyá", terán unha segunda oportunidade para gozar do espectáculo producido pola Concellería de Cultura, a Banda de Música de Vilagarcía e Coro. Será o sábado 24 de xaneiro, a partir das 21:00 horas no Auditorio. As entradas venderanse a 7, 5 e 3 euros e poderanse adquirir a partir do xoves 22 na billeteira do Auditorio.

Tras o abraiante éxito de público e crítica da estrea, e debido á petición popular, o musical en concerto Balansiyyá, volve ao Auditorio de Vilagarcía. Farao despois de dous meses, e de triunfar tamén na súa primeira representación fora de Vilagarcía, o pasado 20 de decembro en Silleda.

Nesta ocasión, será o director da Banda de Música de Vilagarcía, Jesús Nogueira, quen se encargue da dirección musical que, para a súa estrea en Galicia contou coa batuta do compositor da obra, Rafael Pascual Vilaplana. A soprano Marina Penas, intervén como unha das voces solistas principias e tamén é a responsable de dirixir á masa coral. O cartel de solistas complétase con José Luis Prado, Julio García e Miguel A. Fandiño. A coordinación xeral do espectáculo corre dan man de José Álvarez.

Esta segunda función foi presentada hoxe pola concelleira de Cultura, Rocío Llovo, Marina Penas; Jesús Nogueira e José Álvarez. Os promotores deste espectáculo de produción propia amosáronse moi satisfeitos coa acollida que tivo este espectáculo en Vilagarcía e confían en que o público salga igual de encantado con esta segunda función. Aparte de que Nogueira dirixirá a Banda, hai outras novidades Copn respecto á primeira representación, como a inclusión de novas voces.

"Balansiyyá", é unha obra composta polo alacantino Pascual Vilaplana con letras de Carlos Veiga, que relata unha dramática historia de amor ambientada na época da Reconquista Española, polo que a música está moi influenciada polos sons medievais tanto nas zonas cristiás como musulmáns. O musical estreouse no Teatro Principal de Valencia en xuño do 2006 e xa foi representada en varias capitais españolas.

O musical en concerto pasa a formar parte do repertorio de actividades que desenvolverá ao longo de 2015 a Banda de Música de Vilagarcía con motivo do seu 150 aniversario. Coincidindo con esta celebración, a Banda publica o seu segundo disco "In Tempo", un traballo que se poderá adquirir por 5 euros o día da representación de Balansiyyá. Este CD recolle 12 temas musicais interpretados pola banda e que se gravaron no Auditorio o pasado mes de abril, entre eles pezas de "A Lenda de Montelongo". O "In Tempo" é unha continuación de "In Crescendo", o primeiro disco editado en 2006. Como naquela ocasión, a Banda fai una variada selección dos estilos que toca, dende a música popular galega, am pasadobles, e mesmo música de películas.
A edición deste cd componse de 500 unidades que tamén venderán os membros da Banda.

Horario de venta de entradas

O horario de venda das entradas para asistir a "Balansiyyá" será o xoves 22 e o venres 23 de 11 a 13 horas e de 17 a 20 horas. O sábado, 24, día fa función, poderanse comprar a partir das 19 horas, tamén no Auditorio.

A BANDA DE MÚSICA DE VILAGARCÍA E CORO MIXTO POÑEN EN ESCEA A OBRA DE RAFAEL PASCUAL VILAPLANA

Éxito absoluto e un Auditorio cheo i entregado e o resultado de varios meses de preparación e ensaio da obra de Vilaplana, que se desprazou a Vilagarcía para dirixila no escenario.

José Álvarez e Jesús Nogueira coordinaron toda a producción do evento, que desde xuño ven preparandose con ensaios semanais, e coa colaboración e aportación de diversos grupos, institucións e persoas. Tanto o Concello, a Banda de Música, grupo de coro creado para a ocasión, na que forman parte persoas de diferentes coros locais (Sobradelo, Cornazo, Santa Eulalia e Liceo) e particulares, dirixidas por Marina Penas. Tamén o grupo de teatro Clámide, unha alumna do Conservatorio Municipal e ata 110 persoas formaron parte de este musical en concerto.


Suscríbete a Arousa TV por Email

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget