02/13/15
_evento @BenjamínRey @ClubArousa @ClubeOlimpic @ConcelloCatoira @concelloriveira @CruzRojaEsp @cruzvermella @CurtasAC @CXFontecarmoa @d4m14n_89 @DaniBFriends @DanielBarreiro5 @derbyvilagarcia @diadermin @DiarioArousa @DiegoAlcaineT @djkicovilla @doadoressangue @dornaFG @DosEspacios @Dr_PedroLago @EdGalaxia @EduardoAldan @Emprendevga @En_Marea @erguergaliza @Escena_Galega @EsquerdaUnida @EUVilagarcia @evasotoconde @FCBarcelona‏ @FCBarcelona_es @FECA @Fernando_Mesa_ @festivaldonorte @ficcionProduc @FrancisWhiter @gadis @GaelicoGalego @galicine @GatoNegro @GatoNegroCarril @GrooveAmigos @happydayTVG @harbourvilla @HipotalamoFilms @HotelCarril @InfoSalnes @ivanferreiro @JakeShaneMusic @JoseLuizOubina @KaemeConsultora @LaBolsa @laduendeneta @LatexosdTurismo @launionoficial @Liceo_BBC @LitaCabellut @LOOPSANDCOFFEE_ @Lua_tkd @luciourtubia15 @LuisDiazDevesa @LuisRoyoOficial @malqueridavilla @ManuelGuinarte @MarDeArousa @Marea_na_vila @MarilóInmobiliaria @MarthazulPinta @MesaDasVerbas @MiguelEyré @miki_dkai @miniadelrio @mpereiros @noscgalega @novcarminha @Nydia @OBarbanza @obloque @OFaiadoDaMemoria @OlaiaFdezDavila @OsMecos @OsonhodeLilith ‏ @pcvilagarcia @PerfectStrangers @PlanSiberia @PlatEstEscuelaP @podemosarousa @portAmerica @portovilagarcia @PPdeVilagarcia @prazadaverdura @ProtectoraVilagarcia @PSOEVilagarcia @Puerto_Flamenco @QuiqueSanfran @radioarosaSER @RCCelta @Revenidas @Revenidas fiesta @RichiRisco @RockBarMiudo @SamáVilagarcía @sogaps_oficial @SomosABANCA @somosmaioria @soutoncas @teatroclamide @tequexeteldere @ticketea @Tricicle @trivilagarcia @Turbolaser_ @turisriasbaixas @UllaUmia @unionromani @urdimeescenicas @UrtubiaLucio @VilagarciaRC @Vilanova @XabierRios @xatouri @zonaaberta 8M actividad acto agenda Ahituvi AIlla albariño anuncio Arousa arte audio autobus aviso Boiro Caldas Cambados Catoira celebración cine comercio concurso Cortegada crónica cultura Cuntis Curtas deporte destacado ecología economía educación empleo encuesta EnPositivo entrevista entroido escena España evento evento_ evento: expo exposición FestaDaAuga fiesta folclore formación fotografía full_title Galicia gastro gastronomía Grove guía GuíadeArousa historia hostelería infantil información internacional literatura lunes mecenas menú MiCiudadFavorita mujer música noticias oferta OGrove OSalnés parque patrocinador patrocinador1 patrocinador2 patrocinador3 podcast política Pontevedra portada Portonovo premio procesión producción profesional promo radiocontrol Rianxo Rías Baixas Ribeira Riveira Salnés salud salvamento San Roque SanRoque Sanxenxo servicios social sociedad solidaridad sucesos televisión trabajo transporte turismo vídeo Vikinga Vilagarcía Vilanova ZonaAberta

IX premio igualdade de xénero (hasta 30abr)

O cim convoca o ix premio para a igualdade de xénero "boas prácticas na escola". Poden participar centros educativos de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. Os proxectos poden presentarse ata o 30 de abril. Concederanse tres premios ás propostas máis valoradas, dotados cada un deles con 500 euros

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello vén de convocar a novena edición do Premio para a Igualdade de Xénero "Boas Prácticas na Escola" no que poderán participar todos os centros educativos do municipio, así como as asociacións de pais e nais. Baixo o lema de "IgualDÁ", este premio creouse coa intención de promover a igualdade entre nenos e nenas, previr e erradicar a violencia de xénero a través de proxectos educativos a desenvolver nos centros de Ensino Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. Para concursar haberá que presentar un proxecto educativo a desenvolver durante o curso. O prazo de presentación remata o 30 de abril.

O IX Premio para a Igualdade de Xénero "Boas Prácticas na Escola" ten como destinatarios os centros de ensino do municipio financiados con fondos públicos e as candidaturas poden ser presentadas polo profesorado, os departamentos ou a dirección do centro, así como polas ANPAS, sempre que nos proxectos estea involucrado activamente o alumnado.

As propostas de boas prácticas que concorran ao a concurso deberán tratar sobre o tema da educación para a igualdade e a prevención da violencia de xénero, cunha aplicación necesariamente práctica. Estes programas deberán ter comezado, aínda que non rematado, na data de finalización do prazo de presentación das propostas.

A Área de Igualdade do Concello concederá tres premios dotados cada un con 500 euros. As propostas serán avaliadas por un xurado con representación do Concello, do Consello Local da Muller, do Consello Escolar Municipal e dirección do CIM.

O fallo dos Premios responderá ás tres propostas mellor valoradas polo xurado. Para elo teranse en conta criterios como a planificación e desenvolvemento do proxecto, os obxectivos e a coherencia das actuacións realizadas cos mesmos; o impacto ou resultado efectivo que tivo; o carácter innovador; o enfoque transversal ou a sustentabilidade no tempo das accións, é dicir que teña como resultado cambios duradeiros que se poidan incluír nos Plans de Acción anual, no Proxecto Educativo do centro ou no Plan de Convivencia.

Distribución das bases

A Área de Igualdade repartirá as bases do Premio entre todos os centros educativos do municipio para informar sobre a convocatoria e animar á presentacións dos proxectos que xa se estean a desenvolver en materia de igualdade e erradicación da violencia ou os que estea previsto levar a cabo ata final de curso. Tamén se poden consultar no taboleiro de anuncios da web municipal

Base legal

O Premio de Igualdade na Escola xorde como ferramenta para acadar os obxectivos sinalados no II Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades 2009-2012 do Concello de Vilagarcía, en concreto na área de Educación en Igualdade, na que se recolle a necesidade de "Potenciar a coeducación e a educación en igualdade a través de accións formativas, de difusión e de sensibilización"

Suscríbete a Arousa TV por correo

BASES

CREACIÓN DO PREMIO, ÁMBITO E OBXECTO
o CIM da Área de Igualdade convoca para o presente curso 2014-2015 a novena edición do PREMIO PARA A IGUALDADE DE XÉNERO: BOAS PRÁCTICAS NA ESCOLA dirixido a promocionar a educación en igualdade entre nenos e nenas e máis á erradicación da violencia de xénero, no ámbito municipal.

A finalidade desta convocatoria baséase nos obxectivos propostos na Área de Educación en Igualdade do 11 Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades 2009-2012, entre os que queremos resaltar os de "Potenciar a coeducación e a educación en igualdade a través de acción s formativas, de difusión e de sensibilización".

PREMIO

Haberá tres premios ás tres mellores prácticas, valoradas entre todas as que se reciban no prazo fixado, podendo quedar deserto algún dos premios por non existir experiencias que se adecúen aos obxectivos dos mesmos.

O premio irá destinado para o Centro Escolar ou ANPA que o desenvolveu, quedando obrigados a adicar parte do premio a desenvolver algunha actividade de lecer co alumnado que participou no mesmo e na que debera ter visibilidade o obxectivo de igualdade que motivou o premio.

Cada premio estará dotado de 500,00 euros. Esta cantidade, 1.500,00 euros contabilízase con cargo á partida 235/481 do orzamento do CIM da Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía de Arousa, quedando condicionada á existencia de crédito suficiente e adecuado nos orzamentos municipais de 2015.

DESTINATARIOS/AS

Os centros de ensino de infantil, primaria, secundaria e bacharelato financiados con fondos públicos do Municipio de Vilagarcía de Arousa. As propostas poderán ser presentadas pola dirección do centro, por algún departamento ou área de traballo ou por profesorado de xeito individual, así como polas ANPAS, sempre que no seu proxecto estea involucrado activamente o alumnado.

AS PROPOSTAS

As propostas de boas prácticas que se presenten ao concurso deberán describir unha acción ou experiencia que teña como eixe principal a educación para a igualdade entre nenos e nenas ou mozos e mozas elou a prevención da violencia de xénero

Serán de aplicación necesariamente práctica e deberán ter comezado, aínda que non rematado, na data de finalización do prazo de presentación das pro postas.

Pódense presentar tantas pro postas coma o Centro educativo elou ANPA desexen, sempre e cando reúnan os requisitos para a súa solicitude.

As experiencias propostas deberán ser orixinais, non podendo ser anteriormente premiadas noutros concursos, aínda que si terán absoluta autonomía para optar a eles con posterioridade.

Cada unha das propostas de boas prácticas que se presenten deberá axustarse á "Ficha IX Premio para a igualdade de xénero: Boas prácticas na escola", que se facilitará dende o Departamento de Igualdade.
Deberán presentarse en formato papel, por duplicado, con extensión non superior a 20 folios, a unha cara e cun interliñado de 1,5.

En cumprimento do artigo 3-2 m) do Regulamento do Servizo de Normalización lingüística do Concello de Vilagarcía, os proxectos serán presentados necesariamente en lingua galega. A información sobre as propostas presentadas poderá ser publicada ou difundida polo Concello de Vilagarcía, coa finalidade de favorecer o intercambio de experiencias con outros centros educativos. En todo caso, indicarase sempre o nome do centro/ANPA que a presentou.

A valoración das mesmas farase antes de que remate o presente curso escolar.

OBRIGAS DAS/OS BENEFICIARIAS/OS

É obriga dos centros, profesorado ou departamentos beneficiarios, así como das ANPAS, a entrega dunha pequena memoria final da experiencia así como unha valoración dos obxectivos acadados, segundo o modelo que se lIes facilitará tamén no departamento de Igualdade. Esta memoria se lIes requirirá unha vez estean entregados os premios e haberá un prazo de 20 días para entregala.


SOLICITUDES

As solicitudes dirixiranse á Alcaldía coa seguinte documentación:
  • Unha instancia xenérica debidamente cumprimentada, modelo que se facilitará nas dependencias da Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía, ou ben na web municipal, www.vilagarcia.es
  • A Ficha "IX Premio para a igualdade de xénero: Boas prácticas na escola", facilitada pola Área de igualdade, debidamente cuberta, na que se describirá a acción presentada, seguindo os apartados que se facilitan na mesma.
  • Poderase engadir como ANEXO, calquera outra información ou material que se estime oportuno e que complete e amplíe o que se expón na ficha.
  • Fotocopia do DNI da persoa que asina a solicitude, e da que vai a dirixir a execución do proxecto, no caso de non ser a mesma.
  • Certificación expedida polola Secretario/a do Centro da presentación e aprobación do proxecto polo Consello Escolar, tamén para as ANPAS, segundo o modelo que se facilita.
  • Declaración dola Secretario/a co VO e Prace dola Directoria na que se fagan constar as contías das axudas asignadas ou recibidas por outras administracións públicas, así como doutros axentes para a mesma finalidade. No caso das ANPAS, declaración do la Secretario/a co VO e Prace dola Presidente/a, segundo o modelo que se facilita.
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

As solicitudes acompañadas da documentación complementaria entregaranse no Rexistro de Entrada do Concello de Vilagarcía en horario de atención ao público. O prazo de admisión de solicitudes finaliza o día 30 de abril de 2015.

TRAMITACIÓN

A Área de Igualdade revisará os expedientes de solicitude e verificará que conteñen a documentación esixida. Se resulta que a documentación está incompleta ou defectuosa, requirirase ao solicitante para que no prazo de DEZ DíAS hábiles a partir da data da notificación, achegue a documentación necesaria ou corrixa os defectos observados, facéndolle saber que, no caso de incumprimento, a súa solicitude arquivarase sen máis trámite. Unha vez rematado o prazo de dez días e feitas as correspondentes achegas, remitiranse estas ao xurado constituído a tal fin, para a súa deliberación.

XURADO

O xurado estará constituído por:
  • A Concelleira da Área de Igualdade.
  • A Concelleira de Educación.
  • Unha representante do Consello Local da Muller e outra/o polo Consello Escolar Municipal.
  • A Directora do CIM (que fará as funcións de secretaria, con voz pero sen voto).
O xurado poderá solicitar a colaboración doutras persoas de recoñecido prestixio ou destacadas polo seu labor nos temas relacionados coa Igualdade de Oportunidades.

RESOLUCIÓN E NOTIFICACIÓN

Unha vez finalizada a avaliación dos traballos, o xurado, a través da Área de Igualdade, elevará proposta para a concesión dos premios á Xunta de Goberno Local. Posteriormente, notificaráselle a decisión ás entidades gañadoras, coa data e lugar de entrega de premios.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

Para a valoración das boas prácticas presentadas teranse en conta os seguintes criterios:
  • A planificación e desenvolvemento, é dicir, a formulación de obxectivos concretos e a súa coherencia coas actuación propostas.
  • O impacto, é dicir, as principais melloras conseguidas en cuanto á igualdad e de xénero e/ou prevención da violencia de xénero.
  • A coordinación do centro e/ou asociación con outras entidades e entre os propios membros da comunidade educativa: profesorado, departamentos, equipo directivo e ANPAS.
  • A sustentabilidade no tempo, é dicir, a manifestación de cambios duradeiros que se poi dan incluír nos Plans de Acción Anual, no Proxecto Educativo do Centro, no Plan de Convivencia ou dentro das programacións anuais da asociación.
  • A innovación no contido da experiencia, ou da súa metodoloxía ou tamén da súa aplicabilidade práctica e a posibilidade de transferencia, é dicir, que a proposta poida ser presentada froito de resultados de traballos ou experiencias anteriores neste eido; ou ben poida formularse na proposta presentada o xeito de arte llar os resultados ou conclusións deste traballo na práctica docente ou educativa cotiá, nos seus planos didáctico, interaccional ou organizativo.
  • O enfoque transversal de xénero ao longo de toda a experiencia.
Cada un destes criterios terá unha valoración máxima de 3 ptos.

A POLICÍA LOCAL DETIVO ESTA NOITE A TRES HOMES POR ARRANCAR 27 PAPELEIRAS DE FUNDICIÓN E POLO HURTO DOUTRAS 4

Un cidadán alertou á Policía de que dous individuos estaban arrancando pola forza as papeleiras na
Rúa Fariña Ferreño


Foron interceptados nunha furgoneta na que xa tiñan cargadas 4 dos contadores xunto co condutor do vehículo

A Policía local detivo esta noite a tres homes pola presunta comisión dos delitos de danos e furto de 31 papeleiras de función na mazá das rúas Fariña Ferreño, Celso Emilio Ferreiro, Santa Eulalia, Arcebispo Xelmírez e a súa travesía. Un cidadán dou a voz de alarma e unha patrulla da garda local interceptou na zona unha furgoneta sospeitosa na que viaxaban tres individuos e en cuxo interior se atoparon catro papeleiras. Os detidos, residentes en Trabanca Badiña, foron postos a disposición xudicial.

Os feitos aconteceron ás dúas e 20 da madrugada, cando un veciño chamou á Xefatura da Policía Local para alertar de que dous mozos de etnia xitana estaban arrancando pola forzas as papeleiras da rúa Fariña Ferreño e deixándoas apoiadas no chan.
Unha patrulla policial desprazouse de inmediato á zona e, nunha primeira inspección, comprobaron que todas as papeleiras de función de varias rúas da zona foran arrancadas pola forza e depositadas no chan. Minutos despois detectan unha furgoneta que ao ver o coche patrulla ponse en marcha. Tras darlle o alto e identificar aos tres individuos, os axentes comprobaron que no interior da furgoneta había catro papeleiras similares ás depositadas nas rúas e con sinais de ter sido arrancadas pola forza. Ao non ofrecer xustificación razoable da tenencia deses elementos, polo que foron detidos e, coa colaboración de da Policía nacional, trasladados ás dependencias policiais onde realizaron as correspondentes comparecencias. Posteriormente foron postos a disposición xudicial e a furgoneta trasladada ao depósito municipal de vehículos, tamén a disposición do xuíz.

Os detidos son dous irmás de 24 e 26 anos de idade que responden ás iniciais de A. S.C e A.S.C; ademais de J.T.N, de 31 anos. Todos eles residen en Trabanca Badiña.



A Policía Local dou aviso ao Servizo Municipal de Emerxencias que se encargou de recoller das rúas todas as papeleiras que foran arrancadas e que os detidos aínda non puideran cargar no vehículo. Foron un total de 27 papeleiras que se trasladaron ás dependencias de Obras para comprobar si é posible a súa reparación ou si é preciso adquirir outras novas. Trátase dun modelo de fundición que vai fixo ás fachadas dos edificio e o custe por unidade pode acadar os 200 euros.

Suscríbete a Arousa TV por correo

MKRdezign

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Con la tecnología de Blogger.
Javascript DisablePlease Enable Javascript To See All Widget